Adopción: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *Sudáfrica -> Suráfrica
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Orphans at the Tidal Basin.jpg|miniatura|250px|Nenos na piscina de Tidal, [[Washington, D.C.|Washington]]]]
A '''adopción''' ou '''filiación adoptiva''' é, dende un punto de vista [[Socioloxía|sociolóxico]], o proceso polo cal un individuo [[infancia|menor de idade]] e necesitado dunha [[Familia (socioloxía)|familia]] é admitido como [[fillo]] por un [[adulto]] ou parella adoptantes, e recoñecido como tal polo seu entorno social.
 
Dende o punto de vista [[Psicoloxía|psicolóxico]], a adopción é o proceso de creación ou substitución de vínculos [[emoción|emocionais]] e afectivos, equiparables aos paterno-filiais, entre un [[neno]] adoptado e un adulto ou parella adoptantes.
 
Dende o punto de vista [[lei|legal]], a adopción é un acto [[administración de xustiza|administrativo]] e xurídico encamiñado a establecer entre un menor e un adulto ou parella adoptantes un vínculo paterno-filial análogo ou idéntico ás que concede a paternidade biolóxica. Existe unha transferencia da [[patria potestade]] dos pais biolóxicos aos pais adoptivos.
Liña 14:
* O proceso adoptivo persegue o interese superior do menor adoptado.
 
En [[España]] a adopción está regulada pola Ley 21/1987<ref> Ley 21/1987 de 11 de noviembre, por la que se modifican determinados artículos del Código Civil y de la Ley de Enjuiciamiento Civil en materia de adopción. [http://www.boe.es/boe/dias/1987/11/17/pdfs/A34158-34162.pdf BOE] 17 de novembro de 1987</ref>, que modifica o [[Código Civil]] nos artigos referentes ás filiacións adoptivas. A partir desta lei, nas adopcións nacionais só se contempla a posibilidade de adopcións plenas, aínda que previo á adopción hai un período de acollemento preadoptivo reversible. Nas adopcións internacionais é o ordenamento xurídico do país de orixe do menor o que determina a natureza da adopción: se é un acto xurídico ou administrativo, se hai adopción simple ou plena, se o menor perde ou non a nacionalidade de orixe, se conserva ou non o vínculo legal coa familia biolóxica... Nalgúns países [[islam|islámicos]] existen a tutela dativa e a ''kafala'', que é equiparable a un acollemento permanente sen filiación completa.
 
En España as competencias administrativas en materia de adopcións están transferidas ás [[comunidades autónomas]], que contan cada unha coa súa propia normativa ''ad hoc''. Actualmente a administración española admite como candidatos a unha adopción a calquera matrimonio, parella ou persoa solteira de calquera sexo ou condición que o solicite e cumpra uns requisitos. Dende o ano 2004 a orientación afectivo-sexual da parella non é motivo de exclusión en España, aínda que as persoas [[homosexualidade|homosexuais]] xa podían adoptar como solteiros antes desa data.
 
España asinou en 1993 un tratado internacional coñecido como Convenio de La Haya<ref>Convenio relativo a la Protección del Niño y a la Cooperación en materia de Adopción Internacional. [http://www.boe.es/boe/dias/1995/08/01/pdfs/A23447-23454.pdf BOE] 1 de agosto de 1995</ref>, que regula as adopcións internacionais. Este tratado ten por obxecto establecer garantías para que as adopcións internacionais teñan lugar en consideración ao interese superior do neno, instaurar un sistema de cooperación entre os Estados contratantes que asegure o respecto a tales garantías, e asegurar o recoñecemento nos Estados contratantes das adopcións realizadas de acordo co Convenio. Alén diso, España ten subscrito convenios bilaterais en materia de adopcións con [[Bolivia]], [[Filipinas]] e [[Vietnam]], que están en vigor dende o [[2001]], [[2002]] e [[2008]] respectivamente.
 
Na relación entre países entre os que hai intercambios de menores en adopción poden intervir as Entidades de Colaboración en Adopcións Internacionais, popularmente coñecidas como ECAI. O seu funcionamento está regulado pola Ley 54/2007<ref>Ley 54/2007, de 28 de diciembre, de Adopción internacional. [http://www.boe.es/boe/dias/2007/12/29/pdfs/A53676-53686.pdf BOE] 29 decembro 2007.</ref>. Son entidades sen ánimo de lucro que teñen por función mediar na tramitación de expedientes de adopción, asesorar e apoiar aos solicitantes nos trámites en España e no país do menor e intervir na tramitación e xestión das obrigas postadoptivas dos adoptantes.
 
== Procedencia e destino ==
Liña 29:
Ao mesmo tempo está cobrando forza a idea de que a adopción non é tan só un substituto da paternidade biolóxica, senón tamén outra forma de paternidade diferente á tradicional. Cada vez máis parellas con fillos biolóxicos están optando pola adopción para os seus fillos sucesivos. Tamén nos últimos anos o perfil do solicitante está mudando, e vanse facendo máis frecuentes as solicitudes por parte de persoas solteiras ou afastadas dos roles sexuais tradicionalmente aceptados.
 
Malia España non ten relación con países que non teñan asinado o Convenio de La Haya, cada un destes países ten a súa propia lexislación e impón aos solicitantes as súas propias condicións [http://www.coraenlared.org/index.php?id=paises]. No que se refire á composición das familias adoptantes, en todos os países os matrimonios heterosexuais son admitidos sen reparos e polo xeral as parellas de feito heterosexuais son aceptadas, mentres que as persoas solteiras están excluídas en moitos deles, sobre todo homes solteiros. Os matrimonios ou parellas homosexuais apenas son aceptados fora de [[Europa]] como receptores de adopcións, coas únicas excepcións de [[Brasil]] e [[Suráfrica]].
 
== A creación do vínculo ==
Liña 35:
A teoría do apego foi orixinalmente formulada polo [[Psicanálise|psicanalista]] [[Gran Bretaña - Great Britain|británico]] John Bowlby, do Instituto Travistock de [[Londres]], que supón que o estreito vínculo que se establece entre entre o bebé e o seu coidador é o resultado dun desexo, de base puramente biolóxica, de manter a proximidade. As observacións de Bowlby suxiren unha relación causal entre a calidade do vínculo de apego e as psicopatoloxías na idade adulta. En xeral un vínculo de apego seguro durante a infancia fomenta a confianza en si mesmo, a autoestima e a habilidade para adaptar o comportamento á situación<ref>Carrera Guermeur, Olaia. ''Apego y Anorexia Nerviosa: manipulación de las experiencias tempranas y desempeño en el procedimiento experimental de Anorexia Basada en la Actividad''. Tese de doutoramento. Univ. Santiago de Compostela.</ref>. Un vínculo de apego inseguro non facilita a confianza en si mesmo, dificulta o proceso de individualización e crea personalidades dependentes e mesmo simbióticas.
 
Os nenos que perderon ou foron separados do seu coidador nunha etapa temperá, ou os que sufriron abusos del, con frecuencia deixan de esforzarse por establecer vínculos de apego con ninguén, debido á asociación que fan entre a vinculación e as lembranzas dolorosas. Cando se insire a estes nenos nunha nova familia poden querer aparentar que non teñen necesidade de contacto humano, e mesmo poden fuxir del.
 
Para romper esa dinámica de negación os pais deben saber recoñecer o que hai máis aló da conduta observable. A falta de habilidade neste sentido dilataría no tempo a creación dun vínculo de apego co fillo adoptivo, se é que algunha vez se chega a crear.<ref>Lidón Villanueva Badenes. ''El menor ante la violencia: procesos de victimización''. Univ. Jaume I, 2002.</ref>
Liña 41:
== A etapa posterior ==
[[Ficheiro:Kigali orphans.jpg|miniatura|250px|Orfos en Kigali, [[Ruanda]]]]
Se ben a adopción nace dun desexo dos adoptantes de ser pais e dunha necesidade do neno de ter familia, con frecuencia dánse problemas de relación no seo da familia específicos da etapa posterior á constitución da adopción. A problemática varía moito segundo a idade á que foi adoptado o menor e as habilidades psicosociais dos pais adoptantes.
 
A particular situación social e demográfica de España e a posibilidade xeneralizada de facer uso das técnicas anticonceptivas e de interrupción do embarazo, fan que pouqueen os bebés entregados en adopción a curta idade. Nalgúns países, como China, nos que as peculiaridades culturais levan aos pais a seleccionar aos seus bebés ao nacer, a franxa de idades máis abondosa é ata os dous anos de idade. Estes bebés apenas teñen vivencias propias ao seren entregados aos pais adoptivos e, polo tanto, os condicionamentos que puideran intervir na súa relación coa nova familia xeralmente son escasos nunha primeira etapa<ref>Jolanda Galli y Francesco Viero. ''El fracaso en la adopción: prevención y reparación''. Grupo 5 Editorial, 2007.</ref>.
 
Porén cando o menor ten unha idade significativa, e especialmente na adolescencia, a súa necesidade de pór a proba os vínculos cos seus pais adoptivos adoita sumarse aos conflitos propios desa etapa. Ao cobraren consciencia da súa condición e ao percibiren o abandono do que foron vítimas, o seu autoconcepto precisa dun enfrontamento continuo co medio social e familiar para reafirmarse.
 
En troques, os menores adoptados en idades máis avanzadas (a meirande parte dos adoptables en España) teñen pasado xa pola etapa de construción do vínculo cos seus pais. Os conflitos familiares que desembocaran na retirada da patria potestade aos seus pais poden ser de moi variada natureza e con frecuencia deixan no menor unha pegada emocional duradeira. Ademais, o proceso de separación da familia obriga ao neno a iniciar un penoso proceso de destrución dos seus vínculos afectivos familiares, que terán que ser reconstruídos de novo ao entrar a formar parte dunha nova familia<ref>Emilce Dio Bleichmar. ''Manual de psicoterapia de la relación padres e hijos''. Paidós.</ref>.
 
A meirande parte dos países obrigan aos adoptantes a cumprir unha serie de requisitos, pero non contrastan a viabilidade da adopción no que ao menor se refire, non se realizan recomendacións ás familias adoptantes e os seguimentos postadoptivos non se estenden alén duns poucos anos.
 
== Notas ==