Avión (medio de transporte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 8:
Adoitan clasificarse en avións civís (que poden ser de carga, transporte de pasaxeiros, adestramento, sanitarios, contra incendios etc.) e avións militares (carga, transporte de tropas, cazas, bombardeiros, de recoñecemento ou de espreita, de reabastecemento en voo etc.).
 
O seu principio de funcionamento baséase na forza [[aerodinámica]] que actúa sobre as ás, facendo que a mesma produza unha [[sustentación]]. Esta orixínase na diferenza de [[Presión|presiónspresión]]s entre a parte superior e inferior da á, producida pola súa forma especial.
 
== Historia ==
Liña 23:
A principios do [[século XX]], foi realizado o primeiro voo nunha máquina máis pesada có aire, capaz de xerar por si mesma a potencia e sustentación precisa. Sen embargo, este é un feito polémico no cal son acreditados por unha parte [[Alberto Santos Dumont]] e por outra os [[Irmáns Wright]].
 
Os irmáns Wright estudaron minuciosamente canto se sabía ata entón sobre [[aeronáutica]], chegando as súas propias conclusións. Os irmáns Wright comezaron os seus experimentos con planadores no [[1900]], pero é o [[17 de decembro]] do [[1903]] cando rematan a construción do seu primeiro avión con motor de [[gasolina]] de catro cilindros e 12 [[Cabalo de vapor|cabalos de vapor]]. Pilotado por Orville e avanzando sobre raíles, elevouse tres metros e tras cabecear percorreu aproximadamente 30 metros en 12 segundos, caendo despois a terra, segundo versión dos propios interesados e das súas "testemuñas oculares".<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/11372/ |title = Telegram from Orville Wright in Kitty Hawk, North Carolina, to His Father Announcing Four Successful Flights, 1903 December 17 |website = [[World Digital Library]] |date = 1903-12-17 |accessdate = 2013-07-21 }}</ref>
 
Críticos dos irmáns afirman que este voo non tivo testemuñas considerábeis (catro salvavidas e un rapaz), dado o illamento no que foron realizadas as probas. Outro factor que desmerece tal proeza foi o emprego dunha [[catapulta]], para o [[despegue]] da nave creada polos irmáns, o ''[[Flyer]]''.
 
No [[1905]], os Wright percorreron 25 millas, voando durante 30 minutos sen tocar terra. Outros inventores como [[Henri Farman]], melloraron o invento dos irmáns Wright.
Liña 33:
A pesar desas evidencias documentadas na [[Xornais|prensa]] da época, Santos Dumont é considerado como o creador da aviación moderna soamente en [[Brasil]], e, en menor escala, en Francia e [[Portugal]], sendo un asunto moi controvertido ata hoxe.
 
No [[1911]] aparece o primeiro [[hidroavión]] grazas ó estadounidense [[Glen H. Curtiss]] e no 1913 o primeiro cuadrimotor, o "[[Le Grand]]", deseñado polo ruso [[Igor Sikorski]].
 
Trala [[Primeira Guerra Mundial]] e antes da [[Segunda Guerra Mundial]], os enxeñeiros entenderon que o rendemento da hélice chegara ó límite e comezaron a procurar un novo método de propulsión para acadar maiores velocidades. No [[1930]] [[Frank Whittle]] patenta as súas primeiras [[turbina]]s e [[Hans von Ohain]] fai o propio no [[1935]]. Na Alemaña, o [[27 de agosto]] do [[1939]] despega o HE-178 de Heinkel que montaba un motor de Ohain, realizando o primeiro voo a reacción da historia.
Liña 40:
Hoxe en día, un dos avións máis recoñecidos é o [[Boeing 737]]. Pero non deixa de lado ó exitoso [[Boeing 747]], aínda que non foi tan vendido como o 737, o 747 foi ata finais do ano 2006 o avión de pasaxeiros más grande del mundo, titulo arrebatado polo [[Airbus A380]], avión que transportará ó redor de 800 persoas, na vez das aproximadamente 500 que leva un 747. Inda que o Boeing 747, a pesar de seguir sendo ata non hai moito o avión con maior capacidade de pasaxeiros, este avión foi presentado por primeira vez no ano 1969.
 
Non obstante, o avión máis grande do mundo data dos [[anos 40]] e foi deseñado por [[Howard Hughes]], o magnate da aviación. Denominado [[Hércules H4]], ou sinxelamente "[[Spoose Goose]]" é o avión con maior envergadura alar do mundo, aínda que non de pasaxeiros.
 
Este avión só realizou un voo, no cal [[Howard Hughes]] foi o piloto. Este avión non sucou máis os aires por mor ó éxito que tiña a recén inventada propulsión a reacción, tendo en conta que o Spoose Goose voaba grazas a oito hélices.
Liña 48:
== Estrutura ==
 
Os avións máis característicos son os avións de transporte [[Velocidade do son|subsónico]], aínda que non tódolos avións teñen a súa mesma estrutura, acostuman ser moi parecidos. As principais partes destes avións son:
 
* '''[[Á (aeronáutica)|Ás]]'''
Liña 80:
 
* '''[[Tren de aterraxe]]'''
Os [[trens de aterraxe]] son uns dispositivos móbiles e almacenábeis da aeronave útiles para evitar que a parte inferior teña contacto coa superficie terrestre, evitando severos danos na estrutura e axudando á aeronave a ter mobilidade en [[terra (material)|terra]] e poder desprazarse na mesma. Existen varios tipos de trens de aterraxe, pero o máis empregado na actualidade é o de [[triciclo]], é dicir, 3 trens, un na parte dianteira e 2 nas alas e parte da parte inferior do fuselaxe. O número de trens obtense tendo en conta o peso da aeronave (tanto baleira como chea), a cantidade de tracción que isto xera, e a resistencia dos trens. Esto influirá tamén no número de llantas que se requiran.
 
En si son partes cilíndricas que albergan moitos circuítos que son controlados polo sistema hidráulico para o momento en que precisan empregarse, luces de aproximación, os sistemas de freado de terra e as llantas. Durante a estancia en terra, os trens atopanse en posición vertical e despois do despegue son almacenados en compartimentos dentro da ala e parte do fuselaxe protexidos polas tapas dos mesmos que pasan a formar parte da aeronave, xa que si os trens permaneceran en posición vertical, restaríanlle aerodinámica ó avión, reducindo o alcance de velocidade e provocando maior emprego de combustíbeis. Non tódolos avións teñen a capacidade de almacenar os seus trens, pero isto provoca o anteriormente mencionado.