Estado falido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
 
==A listaxe de Foreign Policy==
A revista estadounidense [[Foreign Policy]] publica todos os anos unha listaxe de estados falidos onde se ordenan aqueles estados ''máis falidos'' conforme unha ducia de factores. Estes son: as presións [[demografía|demográficas]], os movementos masivos de [[refuxiado]]s e a cantidade de [[desprazado]]s internos, as reivindicacións de grupos vingativos, as bandas crónicas e organizadas, desiguais niveis de desenvolvemento entre grupos, crises económicas fondas e/ou agudas, criminalización e deslexitimación do estado, deterioro progresivo dos servizos públicos, violación xeneralizada dos [[dereitos humanos]], o funcionamento do aparato de seguridade como un estado dentro do estado, o crecemento de elites de tipo facción, e a intervención doutros estados ou doutros axentes externos.
 
Estes son os dez primeiros estados da lista de [[2006]] de Foreign Policy:
Liña 32:
==Controversia==
===A prol do termo===
A [[Cruz Vermella]] utilizou o vocábulo en termos neutrais nunha análise sobre Lei Internacional en decembro de [[1999]]. <ref>[http://www.icrc.org/Web/eng/siteeng0.nsf/iwpList314/438B7C44BDEAC7A3C1256B66005DCAAB]</ref>
 
O secretario xeral das [[Nacións Unidas]], [[Kofi Annan]] tamén empregou o termo nunha conversa con [[Hu Jintao]] en [[China]]: ''We can't afford another '''failed State''' like [[Afganistán|Afghanistan]]'', dixo, en referencia ao período durante o que a comunidade internacional ignorou que o país se convertera nun bastión do terror organizado — outubro de [[2002]]. <ref>[http://www.un.org/News/Press/docs/2002/sgt2345.doc.htm ACTIVITIES OF SECRETARY-GENERAL IN CHINA, 13-16 OCTOBER]</ref>
 
===Contra o termo===