Oso polar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 2.139.230.182 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
m Arranxos varios using AWB
Liña 46:
* [[Groenlandia]]
* Terra de Spitzberxen-Franz Josef
* [[Siberia]]
 
Algunhas fontes citan estas dúas subespecies:
Liña 53:
 
== Aparencia ==
Os machos desta especie pesan preto de 600  kg, mais poden atinxir 800  kg, e miden até 2,60 m. As femias son de media bastante menores, con 200 a 300  kg de peso e 2,10 m de cumprimento. Ao nacer o fillote ten 0,6 a 0,7  kg. A capa de graxa subcutánea pode chegar a un espesor de 15  cm.
 
Todo o seu corpo está adaptado para o mellor desenvolvemento na auga e para o frío. Tanto as orellas como os ollos son pequenos e arredondados. As patas dianteiras son largas para facilitar a natación e o mergullo e as patas posteriores teñen 5 dedos. O cranio e o pescozo son alongados. Todas esas adaptacións proporciónanlles un maior [[hidrodinámica|hidrodinamismo]] que facilita a natación. As plantas dos pés teñen papilas que facilitan camiñar sobre o xeo.
 
A pelaxe dos osos polares é branca e cobre todo o corpo, inclusive a planta das patas, como illamento do frío. Componse dunha densa capa de subpelo (cerca de 5  cm de comprimento) e unha capa de pelos externos (15  cm). O pelo individual é transparente e oco, mais non presenta propiedades de [[fibra óptica]], como afirma unha [[lenda urbana]]. No [[verán]] a pelaxe tórnase amarelada, talvez debido á oxidación producida polo sol. Ao contrario dos demais mamíferos árticos, os osos polares non sofren proceso de muda estacional. Os pelos nas plantas das patas son duros e proporcionan excelente illamento térmico e tracción sobre a neve. O illamento térmico proporcionado pola pelaxe xeral é tan eficiente que torna o animal practicamente invisíbel a detectores [[infravermello]]s. Por riba dos 10 °C, con todo, isto pode levar ao sobrequecemento do animal. Outra característica da súa pelaxe é non reflectir a luz [[ultravioleta]].
 
Algúns animais cautivos, expostos a climas quentes e húmidos, desenvolven unha cor verde grazas a [[alga]]s que crecen nos seus pelos ocos. Tales algas non son nocivas para o animal e son eliminadas con baños de [[auga osixenada]] ou sal.
Liña 71:
[[Ficheiro:Two polar bears sparring.jpg|miniatura|250px|Dous osos polares a enfrontárense. As loitas xeralmente son simuladas.]]
 
Esta especie concéntrase xunto á costa, toda vez que depende da auga para encontrar as súas presas. Os osos polares son excelentes nadadores e poden percorrer até 80  km sen descanso. Algúns animais migran desta forma do Norte para o Sur seguindo as marxes dos glaciares, mais poden desprazarse tamén por terra firme. O oso polar é un animal de hábitos diúrnos e carácter solitario.
 
Os machos adultos, como noutras especies, poden atacar e matar as crías. As femias deféndeas mesmo fronte a un macho que mida o duplo do seu tamaño. Aos seis meses de idade, un fillote é capaz de fuxir correndo dun adulto.
Liña 95:
[[Ficheiro:Polar bear Olsen, Dave 2.jpg|miniatura|250px|Un oso busca comida nunha praia rochosa.]]
 
De todos os osos, o oso polar é o máis restritamente carnívoro. A dentición lembra máis a de carnívoros acuáticos que a doutros osos. A súa principal presa é a [[foca]] (en especial a [[foca anelada]]), a cal tenta capturar cando emerxen polos buracos do xeo para respirar. A súa taxa de éxito, con todo, é baixa. Só o 5% das tentativas ten éxito. Un oso experimentado captura unha foca cada cinco días, o que lle proporciona enerxía suficiente para 11 días. Alén deste método de caza ó axeso, o oso polar emprega tamén o método de persecución para cazar, aproximándose moi lentamente á vítima e disparándose nos 15 m finais, a unha velocidade de até 55  km/h.
 
Aliméntase tamén de [[aves]], [[roedor]]es, [[molusco]]s, [[caranguexo]]s, [[morsa]]s e [[beluga]]s. Ocasionalmente caza [[boi almiscrado|bois almiscrados]] e até mesmo, aínda que raro, outros osos polares.