Los Angeles Lakers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
'''Los Angeles Lakers''' son un equipo profesional de [[baloncesto]] da [[National Basketball Association]] (NBA) con sede nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[California]]. Os Lakers xogan os seus partidos como local en [[Staples Center]], cancha que comparten co seu equipo rival da NBA, [[Los Angeles Clippers]], e o seu equipo irmán, [[Los Angeles Sparks]] da [[WNBA]]. Os Lakers gañaron o seu último título da competición [[Tempada 2009-10 da NBA|en 2010]] tras derrotar nas finais aos seus eternos rivais, os [[Boston Celtics]], por catro partidos a tres. En xuño de [[2009]], o analista de baloncesto e [[escritor]] John Hollinger clasificou aos Lakers como a maior franquía da NBA de todos os tempos.<ref>[http://sports.espn.go.com/nba/playoffs/2009/columns/story?columnist=hollinger_john&page=FranchiseRankings-Lakers No. 1: Los Angeles Lakers]</ref>
 
A franquía dos Lakers foi fundada en [[1946]] en [[Detroit]], [[Michigan]], antes de trasladarse a [[Minneapolis]], onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que o Estado de [[Minnesota]] é coñecido como a "Terra dos 10 000 lagos" ([[lago]] en [[lingua inglesa|inglés]] é ''lake''). Antes de mudarse aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] en [[1960]], os Lakers gañaron os seus cinco primeiros campionatos, con todo, durante os anos [[1960|60]] non volveron a conseguir un novo título, aínda coa axuda de xogadores como [[Elgin Baylor]] ou [[Jerry West]], até que finalmente, en [[1972]], os Lakers gañaron o seu sexto título, o primeiro na cidade dos Ánxeles.
 
Porén, a popularidade dos Lakers disparouse sobre todo na década de [[1980]], cando gañou cinco títulos en nove anos baixo o liderado dos xogadores do [[Basketball Hall of Fame|Salón da Fama]] [[Magic Johnson]], [[Kareem Abdul-Jabbar]], [[James Worthy]] e o adestrador [[Pat Riley]], sendo dous campionatos desta época gañados aos seus eternos rivais na final, os [[Boston Celtics]]. Tras unha serie de anos en branco, entre [[2000]] e [[2002]] os equipo anxelino gañou tres títulos consecutivos, coa axuda de [[Shaquille O'Neal]], [[Kobe Bryant]] e do adestrador [[Phil Jackson]]. Despois de perder tanto as finais de [[2004]] e [[2008]], os Lakers conseguiron o seu décimoquinto campionato en [[2009]] derrotando a [[Orlando Magic]]. Os Lakers ademais posúen os records de maior número de vitorias (3 000), mellor porcentaxe de vitorias (61,8%) e maior número de aparicións nas Finais da [[NBA]] (30), sendo o segundo equipo con máis títulos (16) despois dos [[Boston Celtics|Celtics]] (17).
Liña 48:
=== Os dourados anos 80 ===
[[Ficheiro:Magic Lipofsky.jpg|miniatura|[[Magic Johnson]].]]
Os Lakers na tempada [[1979]]-[[1980|80]] conseguiron o nº1 no draft, e o elixido foi o base [[Magic Johnson|Earvin "Magic" Johnson]], de Michigan State, e [[Larry Bird]], o seu gran rival universitario, foi aos [[Boston Celtics|Celtics]], renacendo así a gran rivalidade que ambos os equipos tiveron na [[1960|década dos 60]] e eles en particular na [[NCAA]].
 
Ese mesmo ano [[Kareem Abdul-Jabbar]] lograría o seu sexto [[MVP da Tempada da NBA|MVP]] e Los Angeles finalizaron cun record de 62-20, con todo, o gran protagonista da tempada foi "Magic", que puxo a guinda co anel de campión nun sexto encontro antolóxico. Na final esperaban os [[Philadelphia 76ers|Sixers]] de [[Julius Erving]]. Jabbar non puido xogar por culpa do nocello e Magic, xogando de pivote, asinou 42 puntos, 15 rebotes e 7 asistencias para gañar o partido, o anel e o [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]].
Liña 193:
Dada a proximidade do equipo a [[Hollywood]], a gran base de seareiros Lakers inclúe a moitos persoeiros famosos, a maioría dos cales se lles pode ver regularmente no [[Staples Center]]. Un dos casos máis coñecidos é o de [[Jack Nicholson]], , que se senta en localidades ó pé da pista cerca do banco visitante e merca os pases de tempada dende [[1967]]. Con todo, algúns seareiros só están presentes cando os Lakers teñen éxito, e é precisamente neses tempos cando un asento preto da cancha nun partido importante é un bo lugar no que deixarse ver. Tódalas canles de televisión que retransmiten os partidos inclúen sempre unhas cantas imaxes das celebridades presentes. Outros coñecidos seguidores da franquía son os actores [[Will Smith]], [[Bruce Willis]], [[Denzel Washington]],[[Dustin Hoffman]], [[Sylvester Stallone]], [[Halle Berry]], [[Richard Dreyfuss]], [[Robert Downey Jr.]], [[Leonardo DiCaprio]], [[Edward Norton]], [[Salma Hayek]], [[Antonio Banderas]] ou [[Andy Garcia]] ou os deportistas [[Pete Sampras]] e [[David Beckham]].
 
A popular banda de rock [[California|californianacalifornia]]na, os [[Red Hot Chili Peppers]], tamén adoitan asistir aos encontros cando non están de xira. De feito, as cancións do seu álbum ''Mother's Milk'', "Salute to Kareem" e "[[Magic Johnson]]" son un tributo ao "[[#Os dourados anos 80|Showtime]]" dos Lakers ademais, dende a tempada [[2005]]-[[2006|06]], o seu baixista Flea, un recoñecido fan dos Lakers, escribe un [[blog]] sobre os Lakers para nba.com. Outra canción adicada aos Lakers por algún dos seus seareiros é "[[Kobe Bryant]]", do [[rap]]eiro [[Lil Wayne]] escribiu unha canción titulada "Kobe Bryant." A partir de 2002 e 2007 o equipo dunha media de pouco máis de 18.900 afeccionados, que aínda estaba no dez primeiros na NBA. O equipo vendido a todos os xogos en casa durante a tempada 2007-08.
 
== Tempadas ==