Estaca de Bares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m coordenadas
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
[[Ficheiro:Estaca-de-bares.jpg|dereita|400px|miniatura|Estaca de Bares]]
 
A '''Estaca de Bares''' é un un espazo protexido catalogado como sitio natural de interese nacional localizado no [[Mar Cantábrico]], na parroquia de [[Bares, Mañón|Bares]], en [[Mañón]], [[Provincia da Coruña|A Coruña]]. Constitúe o punto máis ó norte da [[Península Ibérica]]. Con 2.500 [[mm]] ó ano é unha dos lugares máis [[chuvia|chuviosos]] de [[Europa]], o que creou un [[ecosistema]] único.
 
== Características ==
O cabo é un enclave de enorme valor ornitolóxico e unha atalaia privilexiada para observar as migracións de aves mariñas, das que, entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares: [[mascato]], [[arao romeiro]], [[corvo mariño real]] e [[pato pentumeiro]] son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o [[falcón peregrino]].
 
Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunhas instalacións militares abandonadas. Unha delas era unha instalación dos [[Gardacostas dos Estados Unidos]] ao comezo dos anos 60, como unha base [[LORAN]] (do [[lingua inglesa|inglés]]:''Long Range Aid to Navigation''). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno Británico en East Blockhouse, [[Gales]] e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, [[Francia]].
 
En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos Gardacostas, a [[Forza Aérea dos Estados Unidos]] asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.<ref> [http://www.rtve.es/alacarta/videos/te-acuerdas/acuerdas-bases-estadounidenses-espana/607366/ Vídeo da base estadounidense en Estaca de Bares.] {{es}}</ref>
 
Está declarado [[lugar de importancia comunitaria]], destaca o [[Faro da Estaca de Bares]] construído en [[1850]]<ref>[http://www.rtve.es/television/20120228/ultimo-farero/502261.shtml Vídeo "El último farero"] {{es}}</ref>.