Xogo do pau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
{{Artes Marciais}}
[[Ficheiro: malta_do_Ateneu_1.jpg|miniatura|200px|dereita|Exhibición de xogo do pau na rúa]]
O '''xogo do pau''' (en [[Lingua portuguesa|portugués]] ''jogo do pau'') é un tipo de combate tradicional galego e portugués, unha [[artes marciais|arte marcial]]. En Portugal o seu uso está codificado, mentres que en Galiza está testemuñado en cantigas, contos e outras formas de acervo popular oral, así como nas testemuñas de persoas de idade que o practicaran na súa infancia e xuventude.
 
==Historia do Xogo do Pau==
Liña 14:
 
A partir dos anos 30 o xogo do pau comezou a perder importancia. Os motivos son varios: a acción das autoridades policiais, que para evitar loitas sangrentas prohibiron o uso dos paus dentro dos recintos das feiras; a emigración de moitos homens para a cidade ou para o estranxeiro; ou a xeneralización do uso de [[arma de fogo|armas de fogo]], que fixo innecesaria a aprendizaxe lenta e difícil desta técnica de [[defensa persoal]].
[[Ficheiro:Mestre Monteiro.JPG|miniatura|100px|dereita|Bandeira da escola do Ateneu]]
 
En [[Lisboa]], praticábase principalmente a partir do [[século XIX]], un estilo propio, nacido nos quintais da capital e en clubes como o [[Ateneu Comercial de Lisboa]] ou o Real Ginásio, que despois acabou sendo o [[Ginásio Clube Português]], onde aínda hoxe se aprende esta arte. Xorden dúas grandes escolas, diferenciadas tecnicamente e con base en factores histórico-sociais: a Escola do Norte e a Escola de Lisboa (tamén practicada no [[Ribatejo]] e na [[Estremadura, Portugal|Estremadura portuguesa]]). Esta última desenvolveu unha serie de innovacións técnicas e pasou a darlle menos importancia ao combate contra varios adversarios.
 
Ao longo da historia do xogo do pau foron moitos os mestres que deixaron a súa sona polas diferentes rexións de Portugal: mestre António Nunes Caçador, mestre Frederico Hopffer, mestre Júlio Hopffer, mestre Joaquim Baú, mestres Calado Campos, pai e fillo, mestre Chula, mestre Custódio Neves, mestre Pedro Ferreira, mestre Elias Gameiro, mestre Nuno Russo, mestre Manuel Monteiro, e unha longa recua. O nome de Mestre [[Pedro Ferreira]] ([[26 de marzo]] de [[1915]] – [[24 de setembro]] de [[1996]]) destaca polo seu extraordinario desenvolvemento técnico, combinando as Escolas do Norte e de Lisboa, que ben coñecía as dúas. Foron discípulos seus moitos dos actuais mestres en activo. Xogou o pau durante toda a vida, con grande habelencia e calidade. Era o [[mestre]] do Ateneu Comercial de Lisboa, se ben nos últimos anos lle pasou a responsabilidade ao mestre Manuel Monteiro, o seu sucesor. [[Ficheiro:Mestre Monteiro e alunos.JPG|miniatura|200px|dereita|Mestre Monteiro e alumnos]]
 
O xogo do pau comezou un proceso de organización a nivel nacional coa fundación, en 1977, baixo o impulso de Pedro Ferreira, da Associação Portuguesa de Jogo do Pau. As distintas escolas e clubes están hoxe organizadas nunha estrutura de representación, a [[Federación Portuguesa de Xogo do Pau]]. Como proba das vantaxes técnicas do sistema portugués, pódese sinalar que nos campionatos abertos de [[loitas con pau]], que tiveron lugar en [[Francia]] na década de 1980, coa presenza de sistemas de combate do Xapón, Vietnam, Francia e outros países, os combatentes portugueses foron campións absolutos.
Liña 24:
==O Xogo do pau en Galiza==
 
Entanto en Portugal o Xogo do Pau tivo sempre un certo grao de visibilidade na sociedade, sendo adaptado de esta forma ás convencións e estruturación das artes marciais modernas, a historia nacional da Galiza fixo que esta disciplina sufrise un progresivo esquencimento. Porén, hai documentación da existencia de mestres galegos deste arte marcial<ref>«...as gentes das províncias do Minho, Trás-os-Montes, Beiras e Galiza se exercitavam com a arma de que dispunham, o varapau.» -- Helder Jõao Vieira Valente, «O Jogo do Pau Português», http://www.jogodopauportimao.com/files/LIVRO1.pdf</ref> <ref>«...embora tenha sido José Maria da Silveira, discípulo de dois mestres, um galego e outro minhoto, que introduziu o Jogo do Pau nos meios desportivos citadinos o criador da chamada " Escola de Lisboa "...» -- Helder Jõao Vieira Valente, «O Jogo do Pau Português», http://www.jogodopauportimao.com/files/LIVRO1.pdf</ref>, e hai ainda persoas vivas que aprenderon na mocidade a xogar o pau, e que empregaron activamente eses coñecimentos en situacións de luita real. Persoas coma [[Isidro Piñeiro]]<ref>Novas da Galiza 109, p. 28: http://www.novasgz.com/pdf/ngz109.pdf</ref> na costa do Salnés ou grupos coma o [[Jogo do Pau Compostela]]<ref>https://www.facebook.com/groups/172076379597509/</ref> están a recuperar, de primeira man, estas testemuñas e a incorporalas a unha práctica moderna<ref>http://www.youtube.com/watch?v=OEaZcvDM7DA</ref>.
 
==Notas==