Helmut Kohl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
|profesión= político
}}
'''Helmut Joseph Michael Kohl''', nado en [[3 de abril]] de [[1930]] é un político e estadista [[Alemaña|alemán]]. Desempeñou o cargo de [[chanceler de Alemaña]] entre o [[1 de outubro]] de [[1982]] e o [[27 de outubro]] de [[1998]]. Ata o [[3 de outubro]] de [[1990]], data da [[reunificación alemá|unión das dúas Alemañas]], foi só chanceler da [[República Federal de Alemaña]], e a partir dese momento da Alemaña unida. Tamén dirixiu o partido Unión Demócrata Cristiá (CDU) entre [[1973]] e [[1998]].
 
== Biografía ==
Nacido en [[Ludwigshafen]] no seo dunha familia [[catolicismo|católica]] e conservadora, Kohl foi alistado na [[Wehrmacht]] (o exército regular da [[Alemaña nazi]]) e loitou, sendo aínda adolescente, no período final da [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Estudou na [[Universidade]] de [[Heidelberg]], onde se doctoró en Historia e Ciencia Política.
 
Casou con Hannelore Renner, á que coñeceu cando contaba apenas 15 anos, coa que tivo dous fillos. O [[5 de xullo]] de [[2001]] Hannelore foi achada morta na súa casa en Ludwigshafen. Casou despois con Maike Richter, o 2008.
 
== Carreira política ==
Kohl incorporouse á CDU en [[1947]]. En [[1958]] se doctoró en [[Historia]] cunha tese titulada ''O desenvolvemento político no Palatinado e o resurgimiento dos partidos logo de 1945''. Entre [[1969]] e [[1976]] foi primeiro ministro do estado federado de [[Renania-Palatinado]], pasando a continuación a ser membro do Parlamento federal como líder da oposición cristián-demócrata contra o goberno do socialdemócrata [[Helmut Schmidt]]. Foi candidato da CDU á chancelería nas eleccións federales de [[1976]], nas que se impuxo o SPD.
 
O [[1 de outubro]] de [[1982]] Kohl sucedeu a [[Helmut Schmidt]] como [[chanceler de Alemaña|chanceler]] a través dunha moción de confianza, na que o Partido Liberal de Alemaña (FDP), que ata ese momento apoiara aos socialdemócratas, cambiou de alianza e apoiou aos democristianos. Nos primeiros días do seu goberno, Kohl tivo que enfrontarse a unha dura oposición por parte dos socialdemócratas: os seus adversarios políticos referíanse a el a miúdo co mote despectivo de "Birne" ('pera', en [[idioma alemán|alemán]]), xa que a cabeza do chanceler representábase nas caricaturas da época con esa forma. Inicialmente Kohl ofreceu unha imaxe débil, pero pronto se viu que se trataba dun político decidido.
 
Kohl é o chanceler de Alemaña que durante máis tempo ocupou o cargo, exceptuando a [[Otto von Bismarck]] (que o foi durante 19 anos). O [[27 de outubro]] de [[1998]] sucedeulle no posto [[Gerhard Schröder]] tras unha importante vitoria do SPD nas eleccións daquel ano.