República Krajina de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 24:
 
=== Proclamación da república ===
O 19 de decembro de 1991 o Distrito Autónomo declárase República Serbia de Krajina. O [[26 de febreiro]] de [[1992]], únense a SAO (Distrito Autónomo) de [[Eslavonia|Eslavonia occidental]], o SAO de [[Eslavonia|Eslavonia oriental]], [[Baranja]] e [[Sirmia|Sirmia occidental]]. Na súa máxima extensión, a República ocupou unha superficie de 17 028 &nbsp;km<sup>2</sup>.
 
=== A tensa paz ===
En xaneiro de 1992, o enviado da ONU [[Cyrus Vance]] media un alto o fogo. O ''JNA'' abandona Croacia deixando o seu armamento ás forzas paramilitares serbocroatas. Aínda así, os non serbios non puideron volver ós seus fogares. O [[21 de febreiro]] de 1992 o Consello de Seguridade das Nacións Unidas ordena a creación da [[UNPROFOR]] (Forza de Protección das Nacións Unidas). En decembro de 1992, Croacia divide administrativamente o seu territorio e concede dous condados á minoría serbocroata. Esta medida é vista como tardía e insuficiente (non incluía territorios da república como Baranja, Eslavonia occidental e Sirmia occidental).
 
O [[26 de febreiro]] de [[1992]], Milan Babic dimite como presidente e é substituído por Goran Hadzic. Durante os seguintes tres anos, a república da aparencia de independencia, con goberno, exército, moeda, selos e relacións exteriores propias. Pero o seu principal valedor -Iugoslavia- pasa por un momento de aguda crise. Economicamente sofre hiperinflación, cambia tres veces de moeda e esta desprézase millóns de veces.
 
En [[1994]] dos 430 000 habitantes da Krajina, só 36 000 teñen emprego (92 % de desemprego), a situación da agricultura e a industria son calamitosas. O embargamento económico da ONU e o corte de relacións comerciais co resto de Croacia son responsables da crise.<ref> [http://www.scc.rutgers.edu/serbian_digest/151/t151-4.htm Filip Svarm. "The Krajina Economy"]</ref>
 
A comezos de [[1993]] Croacia lanza dúas ofensivas para aliviar a presión do corredor que mantén unida a parte norte do país con Dalmacia. Cascos azuis canadenses impiden que os croatas avancen máis. O goberno de Knin pide axuda a Belgrado e Milosevic envía 4 000 paramilitares, entre os que se conta a Garda Voluntaria Serbia de [[Zeljko Raznatovic]] (''Arkan'').
Liña 41:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===