Cornualla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 67:
''Cornovii'' é moi probable que signifique ''pobo da península''. ''Wealas'' é tamén a orixe do nome ''[[Gales]]''. En córnico é nomeado como ''Kernow''.
 
Cornualles foi a principal fonte de abastecemento de [[estaño]] para as civilizacións do [[Mediterráneo]] antigo, sendo coñecida como as [[Illas Casitérides|Casitérides]] e unha vez os córnicos foron considerados os maiores mineiros do mundo. Cando as reservas de estaño se esgotaron, emigraron a lugares como [[América]] ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Arxentina]] principalmente), [[Australia]], [[Nova Zelandia]] e [[Suráfrica]]. Moitas palabras córnicas relacionadas coa minería pasaron ó [[Lingua inglesa|inglés]] como ''costean'', ''gunnies'', e ''vug''.
 
Dende o declive da [[minería]], [[agricultura]] e [[pesca]], a [[economía]] vén decantándose polo [[turismo]], grazas a unhas das máis espectaculares costas do mundo. Así as cousas, a economía está deprimida e a rexión foi recoñecida pola [[Unión Europea]] como unha das do ''Obxectivo 1''.