Filipe III de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
[[Ficheiro:Felipe3-Spain.jpg|miniatura|Filipe III de Castela e II de Aragón e Portugal.]]
 
'''Filipe III de España'''<ref>Feros, Antonio. ''Kingship and Favouritism in the Spain of Philip III, 1598-1621''. Cambridge: Cambridge University Press. (2006)</ref><ref>Sánchez, Magdalena S.; Saint-Saëns, A. (eds). ''Spanish women in the golden age: images and realities''. Greenwood Publishing Group. (1996)</ref><ref>Rodriguez Franco, N. ''Memorias para la historia de don Felipe III, rey de España''. 1723</ref><ref>Menéndez Pidal, R. ''Historia de España: El siglo XVI : economía, sociedad, instituciones''. Espasa-Calpe, 1989. ISBN 84-239-4800-5, 9788423948000.</ref><ref>Allen, Paul C. ''Felipe III y la Pax Hispánica, 1598-1621 : el fracaso de la gran estrategia.'' Madrid : Alianza, D.L. 2001. ISBN 84-206-6772-2</ref> e II de [[Lista de reis de Portugal|Portugal]], nado en [[Madrid]] o [[14 de abril]] de [[1578]] e finado o [[31 de marzo]] de [[1621]], foi rei de [[Coroa de Castela|Castela]], [[reino de Aragón|Aragón]] e [[Portugal]].
 
== Traxectoria ==
Era fillo de [[Filipe II de España|Filipe II]] e [[Ana de Austria]], sucedeu ao seu pai en [[1598]]. Ao ano seguinte casou con Dona [[Margarida de Austria]] coa que tivo oito fillos.
 
Durante o seu reinado, o sistema de goberno foi o mesmo que o dos primeiros [[Casa dos Austria|Austrias]], aínda que pronto se substituíu polo poder delegado nun [[valido]], debido á insuficiente capacidade do monarca. Así, desde o comezo do seu reinado, o monarca puxo os asuntos de Estado en mans do seu valido [[Francisco de Gómez de Sandoval y Rojas]], marqués de Denia e, máis tarde, duque de Lerma.
 
Entre [[1601]] e [[1606]] trasladou a corte a [[Valladolid]]. En [[1609]] asinouse a [[Tregua dos Doce Anos]] cos [[Países Baixos]], que representaba o recoñecemento oficial da existencia dos [[Países Baixos]] como estado independente. Esta paz permitiu ao goberno enfrontarse co problema dos [[mourisco]]s, cuxa integración na sociedade española se fixo moi difícil tralas sublevacións das Alpuxarras, sendo ese mesmo ano, 1609, cando decidiu a súa expulsión por motivos relixiosos e de seguridade interior.
 
Pero este período de paz finalizou en [[1618]] ao comezar a [[guerra dos Trinta Anos]], na que España apoiou ao emperador [[Fernando II de Austria]] en contra do [[elector]] do [[Palatinado]], [[Federico V]].
 
Tamén en [[1618]] e debido ao deterioro da situación política e a crise económica, Filipe III viuse obrigado a substituír a Lerma polo seu fillo, o duque de Uceda, pero limitándoo nas súas funcións e, xa que logo, restándolle poder. O reinado de Filipe III supuxo o mantemento da hexemonía española no mundo, pero as súas dificultades económicas e a cesión do goberno a privados ou validos predicía xa o declive do Imperio.