Fernando González Laxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 31:
En 1977 entrou no [[Partido dos Socialistas de Galicia]] (PSdeG-PSOE) co cal foi secretario da Xunta preautonómica en 1978 e posteriormente subdirector xeral de Pesca (1979-1980). Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e foi tenente de alcalde e voceiro do PSdeG no concello ata 1982.
 
González Laxe foi candidato ó [[Congreso dos Deputados]] nas eleccións xerais de 1977 e ó senado nas de 1979, sen obter escano en ningunha delas.
 
Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 1982 foi nomeado director xeral de ordenación pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asemade que representante español na Conferencia Mundial da [[FAO]] sobre pesca e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no ministerio foi o responsable das negociacións pesqueiras de España coa [[Comunidade Económica Europea]].
 
En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccións que gañou Coalición Popular e o seu candidato [[Xerardo Fernández Albor]] formou goberno. En 1987 González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de [[Xosé Luís Barreiro]], contando ademais, tras o coñecido como [[Pacto dos Tilos]], co apoio de [[Coalición Galega]] e o [[Partido Nacionalista Galego]] cos que formou un goberno de coalición tripartito o [[28 de setembro]] de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de [[Manuel Fraga]], o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.
Liña 60:
{{Presidentes da Xunta}}
{{Medalla de Ouro de Galicia}}
 
<!--Categorías ocultas-->
 
{{ORDENAR:Gonzalez Laxe, Fernando}}
[[Categoría:Presidentes da Xunta de Galicia|Presidentes da Xunta de Galicia]]
Liña 66 ⟶ 69:
[[Categoría:Senadores de Galicia]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
 
<!--Categorías ocultas-->
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Nados en 1952]]