Liubliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 32:
 
== Historia ==
Aínda que xa os [[Imperio romano|romanos]] a chamaron [[Emona]] (''Colonia Emona (Æmona) Iulia trubu Claudia'') e que fora erixida no [[s. XV a.C.]], o seu nome actual non é mencionado por primeira vez ata [[1144]] (baixo o nome [[lingua alemá|alemán]] de ''Laibach'') e en [[1146]] (co nome de ''Luwigana'').
 
Despois de ter sido recoñecida como cidade en [[1220]], Liubliana pasou a formar parte do imperio dos [[Habsburgo]] en [[1335]]. Converteuse no centro dunha [[diocese]] en [[1461]] e desenvolveu unha cultura eslovena durante a [[Idade Media]]. Os Habsburgo de [[Austria]] gobernaron a rexión cunha interrupción debida ás [[guerras napoleónicas]]. Entre [[1809]] e [[1813]] Liubliana foi a capital das [[provincias ilirias]] pertencentes ao [[Primeiro Imperio francés]]. En [[1821]] a cidade acolle o [[congreso de Laibach]].
Liña 41:
 
A arquitectura da cidade é pois unha mestura de estilos. As grandes estruturas da cidade construídas despois da Segunda Guerra Mundial están caracterizadas polo traballo do arquitecto esloveno [[Jože Plečnik]].
 
 
En [[1693]], unha sociedade científica chamada [[Academia operosorum labacensis]] estableceuse en Liubliana e en [[1701]] unha sociedade filharmónica (''Academia philharmonicorum''). Finalmente, en [[1919]] Liubliana foi dotada dunha universidade e en [[1937]], a academia nacional das ciencias e das artes foi fundada.