Copépodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
*[[Siphonostomatoida]]
}}
Os '''copépodos''' son un numerosísimo grupo de pequenos [[crustáceo]]s, normalmente de menos de 1  mm de lonxitude, pero que representan ó redor do 80% do [[plancto|zooplancto]] mariño.
 
A maioría dos copépodos son mariños, pero hai moitas especies dulciacuícolas e unhas poucas que viven entre a vexetación húmida e nas películas de auga na terra. Tamén hai moitas especies parasitas de diferentes animais mariños e dulciacuícolas, especialmente de [[peixe]]s.
 
== Descrición ==
Liña 52:
 
== Hábitat ==
Das cinco [[orde (bioloxía)|ordes]] vivintes de copépodos, os calonoideos son maiormente planctónicos; os harpacticoideos, que inclúen arredor do 50% das especies de copépodos, son bentónicos; e os ciclopoideos abarcan especies tanto planctónicas coma [[bentos|epibentónicas]].
 
As variacións con respecto á forma do corpo están relacionadas co hábitat das distintas especies. As formas planctónicas teñen corpos máis ou menos cilíndricos cun abdome estreito. Aquelas que viven en niveis superiores da columna de agua son algo máis miúdas e fusiformes que as que nadan a algúns metros por enriba do fondo. As especies epibentónicas que reptan e nadan xusto por riba do fondo, teñen corpos algo máis anchos. As especies bentónicas que viven sobre as [[alga]]s e herbas mariñas poden ser anchas e planas; as intersticiais son estreitas e con forma de verme.
Liña 59:
O [[fitoplancto]] constitúe a parte principal da dieta da maioría das especies, pero algunhas dependen tamén en gran maneira das partículas de detritos. Non tódolos copépodos planctónicos son herbívoros de alimentación suspensívora; algúns son omnívoros, e outros estritamente depredadores. Algunhas especies de ''Anomalocera'' y de ''Pareuchaeta'', chegan mesmo a capturar peixes pequenos.
 
Sábese que as especies de ''Tisbe'', harpacticoideos planctónicos epibentónicos, agrúpanse sobre un peixe pequeno e comen as súas aletas, inmovilizándoo, para logo devora-lo corpo a medida que cae cara o fondo. Algunhas especies dulciacuícolas de ''Cyclopidae'' son herbívoras, outras son carnívoras. Os membros do xénero ''Cyclops'' son predadores, como son os doutros xéneros dos ciclopoideos.
 
== Estrutura interna ==