Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 29:
|uso =
}}
Dentro do '''escudo de Galicia''', é o cáliz a figura heráldica que hai máis tempo vén representando a [[Galicia]]. O cáliz aparece documentado por vez primeira como armas dos reis de ''Galyce'' no Armorial Segar de [[Inglaterra]] do ano c.[[1282]].
 
As armas do [[Reino de Galicia]] foron evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz pechado nun relicario (armoriais Bergshammar, [[Suecia]], [[1436]], e Gymnich, [[Flandres]], 1445) pasouse á súa representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal cáliz en campo liso sen ningún engadido pasou a conter enfeites diversos como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis ou sete, ou en campo sementado.
 
A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galicia foi establecida no ano [[1972]] pola [[Real Academia Galega]] <ref>[http://www.xunta.es/o-escudo Xunta de Galicia: Símbolos de Galicia: o escudo].</ref>.