Mancomunidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxando ligazóns a proxectos Wikimedia e aplicando enderezos URL de protocolo relativo
Liña 8:
Os '''Montes Veciñais en Mancomún''' ou '''Montes Comunais''' son os que pertencen a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas e que se veñen aproveitando [[consuetudinario|consuetudinariamente]] en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños con casa aberta e con fume. Réxense por unha lexislación específica.
 
Os Montes Veciñais en Mancomún son unha [[institución]] tipicamente galega, tamén existente en Portugal coa denominación de Baldios. O monte é dos veciños e de ninguén máis. Os montes veciñais, en comunidade romana ou xermánica ([[suevo|sueva]]), perténcelles aos veciños e non a ningún ente público territorial dos aparecidos na Galiza do [[século XIX]], cando os devanditos montes levaban xa varios séculos de funcionamento. É preciso recoñecer a contribución do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental.
 
Pero, malia a pertenza veciñal destes montes, a súa extensión territorial, as súas posibilidades económicas, así como o seu valor medioambiental convértenos en elementos transcendentais na economía galega. A causa disto, a administración pública regula o seu uso e tanto a [[Audiencia Provincial da Coruña]] como o [[Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]] xogan un papel fundamental.
 
A cuarta parte do territorio galego corresponde a monte veciñal en mancomún (unhas 700.000 hectáreas xestionadas por 2800 Comunidades de Montes)<ref>[http://mediorural.xunta.es/forestal/montes_man_comun/index.php Montes veciñais en man común.]</ref>. Ademais este réxime supón o 34% da superficie forestal, o resto é de propiedade privada individual<ref> Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. [http://www.egu.es/ Versión en liña.]</ref>.
 
As Mancomunidades de Montes legalízanse ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 13/89 de Montes Veciñais en Man Común actualmente vixente e o artigo 47 do seu Regulamento (Decreto 260/1992). O proceso para a formación consta de tres fases:
 
*Primeira.- Convocatoria ás Comunidades de Montes da bisbarra a unha xuntanza, da que se levantará unha Acta de Constitución asinada por triplicado polas Comunidades de Montes asistentes e na que debe figurar o acordo de constituír a Mancomunidade e a elección dunha Xunta Xestora que cando menos estará formada polo presidente e dous vogais facendo as funcións de secretario e tesoureiro. A Xunta Xestora ten que ir elaborando o borrador dos Estatutos da Mancomunidade.
 
*Segunda.- Aprobación nas Asembleas Xerais das Comunidades de Montes do acordo de integración na Mancomunidade. De seguido,convócase unha Asemblea Xeral da Mancomunidade para proceder a aprobar os Estatutos.
 
Liña 26 ⟶ 25:
**Certificación, por triplicado, do acordo asembleario de integración de cadansúa Comunidade de Montes, asinada polo secretario e co visto e prace do presidente.
**Certificación da acta de aprobación dos Estatutos da Mancomunidade na Asemblea convocada a tal efecto.
 
*Terceira.- Unha vez rexistrada a Mancomunidade e obtido o CIF da mesma, convocarase unha Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección da primeira Xunta Reitora.