Empanada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎España: arranxiños
m Arranxos varios using AWB
Liña 17:
Consiste nunha masa de [[fariña]], elaborada máis ou menos como unha masa de [[pan]] rechea de [[carne]] ou outros produtos (tamén [[verdura]]s [[peixe]]s, ou [[marisco]]s variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a [[gastronomía]] local, pero sendo con moita [[cebola]] frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se dá en case tódalas culturas.
 
A masa está preparada xeralmente con trigo, pero pode estar feita con outros [[cereal|cereais]], como o [[millo]], engadíndoselle ás veces na preparación algún tipo de [[graxa]] (que pode ser [[aceite]], [[manteiga]] ou graxa de porco).
 
== Empanadas galegas ==
[[Ficheiro:Empanada de millo, Galiza.jpg|300px|Empanada de millo|miniatura|dereita]]
{{cita|"''Hai quen dixo que a empanada é invención do pobo pobre. Que o siga decindo. Galicia é país de empanadas, e convén dicir que entre nós téñense ensaiado empanadas de cáseque todo. Algunhas gozan de máis prestixio que outras. Outras soamente se fan nalgún sitio: a de "papuxas" en Monforte de Lemos, que é cousa boa. De Lugo e da Galicia fluvial son as empanadas de anguía. Nas Rías Baixas fanse, con pan de millo, escelentísimas empanadas de croques e de vieiras''"|Cunqueiro}}
As empanadas galegas consisten basicamente nun prato feito no forno nun recipiente especial chamado empanadeira, feito de metal e normalmente redondo cun diámetro duns 60  cm e 5  cm de fundo. Na Galiza hai dous tipos principais de empanadas:
 
Existen tamén empanadas doces, principalmente a [[empanada de mazá]], moi semellante ao ''apple pie'' inglés.