Punto triplo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 50 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q106410
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
En [[física]], o '''punto triplo''' é a [[temperatura]] e [[presión]] na que coexisten en [[equilibrio termodinámico]] o estado [[sólido]], [[gas]]oso e [[líquido]] nunha [[Substancia química|substancia]].
Defínese cunha [[temperatura]] e unha [[presión de vapor]].
 
[[Ficheiro:Phase-diag es.svg|thumb|300px|Un típico [[diagrama de fase]]. A liña verde marca o [[punto de conxelación]], a azul, o [[punto de ebulición]] e a rubia o [[punto de sublimación]]. Móstrase como estes varían coa [[presión]]. O punto de unión entre as liñas verde, azul e vermella é o punto triplo. A liña con puntos amosa o comportamento anómalo da [[auga]].]]
Liña 8:
== Punto triplo da auga ==
 
A única combinación de presión e temperatura á que a auga en estado líquido, sólido e gasoso poden coexistir nun equilibrio estable prodúcese exactamente a unha temperatura de 273,1598 [[Kelvin|K]] (0,0098 [[Grao Celsius|°C]]) e a unha [[presión parcial]] de vapor de auga de 611,73 pascais (6,1173 milibares; 0,0060373057 atm). Nesas condicións, é posible cambiar o estado de toda a masa de auga a xeo, auga líquida ou vapor arbitrariamente facendo pequenos cambios na presión e na temperatura. Débese ter en conta que incluso se a presión total dun sistema está moi por riba de 611,73 pascais (é dicir, un sistema cunha [[presión atmosférica]] normal), se a presión parcial do vapor de auga é de 611,73 pascais, entón o sistema pode encontrarse aínda no punto triplo da auga . Estritamente falando, as superficies que separan as distintas fases tamén debe ser perfectamente planas, para evitar os efectos das [[tensión superficial|tensións de superficie]].
 
A auga ten un inusual e complexo [[diagrama de fase]] (aínda que isto non afecta as consideracións xerais expostas sobre o punto triplo). A altas temperaturas, incrementando a presión, primeiro obtense auga líquida e, a continuación, auga sólida. Por encima de 109 Pa aproximadamente obtense unha forma cristalina de xeo que é máis denso que a auga líquida. A temperaturas máis baixas en virtude da compresión, o estado líquido deixa de aparecer e a auga pasa directamente de sólido a gas.
 
A presións constantes por arriba do punto triplo, quentar xeo fai que se pase de sólido a líquido e deste a gas (ou vapor). A presións por abaixo do punto triplo, como as que se encontran no espazo exterior, onde a presión é próxima a cero, a auga líquida non pode existir e, ao quecer, o xeo convértese directamente en vapor de auga sen pasar polo estado líquido, proceso coñecido como sublimación.
 
A presión do punto triplo da auga foi utilizada durante a misión [[Mariner 9]] a [[Marte (planeta)|Marte]] como un punto de referencia para definir "o nivel do mar". Misións máis recentes fan uso de altimetría láser e gravimetría en lugar da presión atmosférica para medir a elevación en Marte.
Liña 19:
 
Nesta táboa inclúense os puntos triplos dalgunhas substancias comúns. Estes datos están baseados nos proporcionados pola [[National Bureau of Standards]] (agora [[NIST]]) dos Estados Unidos de América.<ref>Yunus A. Cengel, Robert H. Turner. ''Fundamentals of thermal-fluid sciences''. McGraw-Hill, '''2004''', p. 78. ISBN 0-07-297675-6</ref>
 
 
{| class="wikitable"