Lámpada incandescente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*sustituir>substituír
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Gluehlampe 01 KMJ.jpg|miniatura|220px|Bombilla]]
Unha '''lámpada de incandescencia''' ou '''bombilla''' é un dispositivo que produce [[luz]] por medio do arrequecemento ([[efecto Joule]]) dun filamento metálico , na actualidade é de [[volframio]], que se pon incandescente ao pasar a [[corrente eléctrica]] ao seu través. Coa tecnoloxía existente, actualmente considéranse pouco [[eficiencia enerxética|eficientes]] xa que o 90% da electricidade que consome transfórmaa en [[calor]] e só o 10% restante en luz.
 
== Historia ==
Liña 7:
Outros inventores tamén desenvolveran modelos que funcionaban en laboratorio, incluíndo a [[Joseph Wilson Swan]], [[Henry Woodward]], [[Mathew Evans]], [[James Bowman Lindsay]], [[William Sawyer]] e [[Humphry Davy]].<ref name=Davy/>
 
O alemán [[Heinrich Göbel]] xa rexistrara a súa propia lámpada incandescente en 1855, moito antes xa que logo que Thomas Edison. Tempo despois, pero sempre antes que Edison, o 11 de xullo de 1874 concedéuselle ao enxeñeiro ruso [[Alexander Lodygin]] a patente nº 1619 para unha lámpada incandescente. O inventor ruso utilizou un filamento de carbono.
 
A lámpada é un dos inventos máis utilizados polo home desde a súa creación ata a data. Segundo unha lista da [[revista Life]] é a segunda máis útil das invencións do século XIX. A comercialización da lámpada por parte da compañía de Edison estivo infestada de disputas de patentes cos seus competidores.
 
Ao redor de 1914 as lámpadas sufriron unha forte redución da súa vida útil, diminuíndo a súa duración das 2500 ás 1000 horas, debido á demanda de iluminacións máis brancas e ao aumento necesario da temperatura do filamento. Acusouse tamén a un posible cartel de produtores, participado entre outros por Philips, Osram e Zeta, de chegar a un acordo de colusión para fomentar a adquisición de lámpadas reducindo conscientemente a súa duración.<ref>Documental TVE "Comprar Tirar Comprar"</ref> A lámpada sería así o primeiro obxecto de consumo vítima da obsolescencia programada.
 
En 2009 unha Directiva da Unión Europea establece un prazo para que nos estados membros déixese de fabricar e comercializar lámpadas incandescentes. O 1 de Setembro de 2009 prohibiuse a fabricación e distribución de lámpadas de potencia superior ou igual a 100 W, o 1 de Setembro de 2011 as lámpadas de 60 W. O 1 de Setembro de 2012 retiraranse as lámpadas de 25 e 40 W.<ref>{{cita web |url=http://www.elmundo.es/elmundo/2011/08/31/natura/1314807471.html |título=Comeza na UE a retirada de lámpadas incandescentes de 60 vatios |dataacceso=11 de outubro de 2011 |apelido=El Mundo}}{{es}}</ref> As lámpadas incandescentes están sendo substituídas por opcións máis eficientes, como as [[Lámpada compacta fluorescente|lámpadas fluorescentes compactas]] e as baseadas en tecnoloxía [[LED]].
Liña 32:
|}
 
Consta dun [[filamento]] de wolframio moi fino, encerrado nunha bocha de [[vidro]] na que se fixo o [[baleiro]], ou se encheu cun [[gas]] inerte, para evitar que o filamento se volatilice polas altas [[temperatura]]s que alcanza. Complétase cun casquillo metálico, no que se sitúan as conexións eléctricas.
 
A bocha varía de tamaño coa potencia da lámpada, posto que a temperatura do filamento é moi alta e, ao crecer a potencia e o desprendemento de calor, é necesario aumentar a superficie de arrefriado.
 
Inicialmente no interior da bocha facíase o baleiro. Actualmente a bocha está rechea dalgún [[gas nobre]] (normalmente [[cripton]]) que impide a combustión do filamento.
 
O casquillo serve tamén para fixar a lámpada nun portalámparas por medio dunha rosca (chamada [[Rosca Edison]]) ou unha baioneta. En case todo o mundo os casquillos da raia para lámpadas de potencias medias desígnanse co código de roscas Edison E-27, representando este número a medida en milímetros da súa rosca. É tamén moi frecuente unha talla menor da raia, a chamada E-14, ou rosca ''Mignon'', e case desaparecida a chamada ''Goliath'', E-45, reservada para lámpadas de grandes potencias.
Liña 43:
 
A lámpada incandescente é a de máis baixo rendemento luminoso das lámpadas utilizadas: de 12 a 18 lm/W (lúmenes por vatio de potencia) e a que menor vida útil ou durabilidade ten: unhas 1000 horas, pero é a máis difundida, polo seu baixo prezo e a cor cálida da súa luz.
Non ofrece moi boa reprodución das cores, xa que non emite na zona do espectro de cores frías, pero ao ter un espectro de emisións continuo logra conter todas as lonxitudes de onda na parte que emite do espectro. A súa eficiencia é moi baixa, xa que só converte en luz visible ao redor do 15% da enerxía consumida. Outro 25% transfórmase en [[Calor|enerxía calorifica]] e o 60% restante en radiación non perceptible, luz [[ultravioleta]] e luz [[infravermella]], que acaban converténdose en calor.
 
== Notas ==