Pearl Jam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
== Biografía ==
=== O embrión da banda ===
O embrión de '''Pearl Jam''' podemos atopalo noutras bandas de [[Seattle]] de mediados dos anos 80. Na época a cidade non era aínda o grande foco de atención no mundo do rock que foi a principios da década dos 90.
 
Nese tempo, o guitarrista [[Stone Gossard]] e o baixista [[Jeff Ament]] eran amigos e formaron unha banda de [[hard rock]] chamada [[Green River]] a mediados dos 80, xunto co guitarrista [[Steve Turner]] e o vocalista [[Mark Arm]]. Con [[Green River]] chegou a gravar e a lanzar un disco, chamado ''[[Rehad Doll]]'', á parte dun EP, polo selo local [[Sub Pop]]. Porén, en [[1988]] a banda decidiu separarse. Arm e Turner formarían despois [[Mudhoney]], un dos grupos pioneiros do [[grunge]]. Pola súa banda, Jeff e Stone continuaron xuntos, e co batería [[Jeff Turner]] e o vocalista [[Andrew Wood]], formarían unha nova banda, chamada [[Mother Love Bone]]. Asinaron un contrato con [[Geffen Records]] e lanzaron en [[1989]] o EP ''Shine'' e, en [[1990]], un álbum chamado ''[[Apple (álbum)|Apple]]''. A banda comezaba a ter éxito nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], cando, despois do lanzamento de ''Apple'', o [[16 de marzo]] de [[1990]], o vocalista [[Andrew Wood]] morreu dunha sobredose de heroína.
Liña 42:
O segundo traballo da banda foi lanzado en outubro de [[1993]] baixo o nome de ''[[Vs.]]'' (aínda que o título non aparece en ningún lugar do disco). O grupo cambiou outra vez de batería, [[Matt Chamberlain]] sairía para tocar na banda do programa de televisión ''Saturday Night Live'', e no seu lugar entraría [[Dave Abbruzzese]]. O disco foi moi ben recibido e o seu primeiro día vendería 350.000 copias.
[[Ficheiro:EVedder06.jpg|miniatura|200px|[[Eddie Vedder]] e [[Matt Cameron]]]]
Nese período a banda comeza a amosarse insatisfeita coa política comercial da Ticketmaster, a empresa estadounidense que controla a venda e distribuición das entradas dos concertos feitos nese país. O principal motivo era o prezo desas entradas, que a banda sempre loitou para manter baixo, ao contrario do que efectivamente acontecía. En maio, reclaman oficialmente á xustiza para unha investigación, acusándoos de monopolio, xa que non había outras empresas para así promover unha competencia, e, consecuentemente, baixar os prezos e forzar a mellora dos servizos. Rompen coa empresa e pasan a promover e organizar os seus propios concertos, obtendo apoio doutros artistas, como [[R.E.M.]], [[Aerosmith]] e [[Neil Young]]. Isto dificulta bastante a vida da banda, xa que a Ticketmaster facilitaba bastante ese proceso e eles acaban entrando nun baixón, que culmina con algúns problemas internos, ao mesmo tempo no que o Departamento de Xustiza desiste de investigar a Ticketmaster.
 
Decepcionados co mercado artístico e a industria cultural vixente nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], a banda adopta unha postura anticomercial: deixan de producir clips, non tocam para grandes audiencias, non aparecen en programas de televisión, non dan entrevistas a revistas, non usan máis as caixas de CDs normais para comercializar os seus traballos e, claro, non usan máis a Ticketmaster para promover os seus concertos. Aparentemente, a idea da banda é non exporse de máis e fuxir dos "fans de momento", aqueles que só os coñecen pola excesiva exposición da banda polos medios de comunicación comúns.
Liña 73:
 
=== ''Binaural'' ===
Aínda en [[1999]], Pearl Jam comeza a traballar na gravación do seu sexto disco de estudio. O resultado é lanzado en maio de [[2000]] co nome de ''[[Binaural]]''. Producido por Tchad Blake e mesturado por Brendan O 'Brian, ''Binaural'' pode compararse a ''Yield'' e ''No Code'' ao ser un disco non tan agresivo como os primeiros, aínda que non soa con tanta frescura.
 
A banda tamén comeza a lanzar unha serie de ''[[bootleg]]s oficiais'': discos dos concertos da banda ao redor do mundo a prezos máis accesibles.