Rebordáns, Tui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
actualizo datos de poboación
m →‎Patrimonio: Arranxos varios using AWB
Liña 16:
A [[igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns]] foi construída sobre unha antiga necrópole romano-sueva, situada a carón da [[vía XIX]] do [[itinerario de Antonino]]. O templo actual é do [[século XII]], pero conserva vestixios anteriores. En [[1071]] foi elixida como sé episcopal do [[bispado de Tui]] polo rei [[García de Galicia|García]], logo de ser saqueada [[Tui]] nos [[Viquingos en Galicia|ataques normandos]]. Estivo ligada a un mosteiro beneditino até o [[30 de novembro]] de [[1225]].
 
Ten planta basilical de tres naves con tres [[ábsida]]s, de forma rectangular os laterais e semicircular o central, cubertos con bóvedas de canón, e rematada en cascarón a bóveda da ábsida central. O teito das naves é de madeira.
 
A fachada orixinal foi substituída na Idade Moderna pola neoclásica actual. Ten capiteis historiados e pinturas murais do século XVII, descubertas na ábsida. No altar maior consérvase unha escultura de pedra policromada de San Bartolomeu de estilo románico, atopada baixo o pavimento da capela maior.