Diferenzas entre revisións de «Cerponzóns, Pontevedra»

m
→‎Patrimonio: Arranxos varios using AWB
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
m (→‎Patrimonio: Arranxos varios using AWB)
A igrexa parroquial é un templo orixinario do [[século XII]] con diversas reconstrucións posteriores. O [[retablo]] maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]] e a [[ría de Pontevedra]].
 
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.
 
A [[Camiño portugués|ruta portuguesa]] do [[Camiño de Santiago]] entra en Cerponzóns pola [[ponte de San Caetano]], sobre o [[río Rons]]. Río arriba, preto do seu nacemento, está o [[embalse de Pontillón de Castro]], lugar empregado decote para celebrar competicións de [[piragüismo]].
387.388

edicións