Euskadi Ta Askatasuna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 20:
 
== Obxectivos ==
[[Ficheiro:Euskal Herria carte étiquetée.png|miniatura|dereita|Mapa de [[Euskal Herria]]]]A meta de ETA, establecida en 1995 na ''Alternativa Democrática'', é forzar unha negociación con [[España]] para chegar ó seguinte; <ref>[http://www.argia.com/bakegintza/htdocs/alternatibade.htm EUSKAL HERRIARENTZAKO ALTERNATIBA DEMOKRATIKOA (Berria, texto orixinal en éuscaro)]</ref>:
* Recoñecemento do [[dereito de autodeterminación]] e a territorialidade para o sur do [[País Vasco]] ([[Hegoalde]]).
* Que a cidadanía vasca é o único suxeito que pode tomar decisións sobre o futuro do País Vasco.
Liña 27:
* Total alto o fogo unha vez estes puntos estean garantidos por un acordo político.
 
Antes desta data ETA basicamente apoiaba a ''Alternativa KAS'' de 1976, unha plataforma proposta por [[Movemento Nacional de Liberación Vasco|Coordinación Patriótica Socialista]] (KAS no seu acrónimo en euskera), que tiña pequenas variacións segundo as versións, pero que basicamente era o seguinte:<ref>[http://www.ehu.es/sarrikosolidario/temas/conflicto_vasco/Alternativa%20KAS.doc Alternativa KAS] (Documento de [[Microsoft Word]] en EHU.es; [http://www.google.com/search?q=cache:RfkRozr8DTQJ:www.ehu.es/sarrikosolidario/temas/conflicto_vasco/Alternativa%2520KAS.doc+KAS+Alternatiba&hl=es&gl=es&ct=clnk&cd=1 version en cache]</ref> <ref>[http://www.elkarri.org/pdfeuk/Alternatiba_demokratikoa.pdf Manifiesto de Euskadi Ta Askatasuna a Euskal Herria] (en Elkarri.org), [http://archive.is/20120731180956/http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:u2FeOu6FHzQJ:www.elkarri.org/pdfeuk/Alternatiba_demokratikoa.pdf+%22KAS+Alternatiba%22&hl=es&gl=es&ct=clnk&cd=2 versión en cache]</ref> <ref>[http://www.nodo50.org/gpm/nacionalismo/11.htm La Alternativa KAS (en modo50.org)]</ref>
* Liberdades democráticas.
* Liberdade para os presos políticos de ETA.
Liña 68:
* Os «culturalistas» ou «etnolingüistas», representados por [[José Luis Álvarez Enparantza]], Txillardegi. Son o sector máis [[nacionalismo vasco|nacionalista]].
* Os «obreiristas», representados por [[Patxi Iturrioz]].
* Os «tercermundistas», representados por [[Zalbide]]; outro sector nacionalista partidario de establecer un vínculo entre a loita pola independencia vasca e as loitas de liberación nacional que se estaban dando en varios países do Terceiro Mundo fronte ás potencias coloniais.
 
Nesta asemblea aprobouse definitivamente o uso da violencia armada como unha das formas de acción habituais da organización baixo o principio de acción-represión-acción. Tamén se aprobou o emprego da violencia para conseguir fondos económicos (o primeiro atraco a man armada tivo lugar en [[Bergara]] ([[Guipúscoa]]) o 24 de setembro de 1965).
Liña 91:
 
=== Durante a democracia ===
Entre [[1983]] e [[1987]] xurdiron os [[Grupos Antiterroristas de Liberación]] ou GAL, organización que cometeu varios asasinatos, secuestros e torturas, tanto de membros de ETA como de civís. Chamouse a isto a «[[guerra sucia]]». Máis tarde detívose e en [[1997]] xulgouse e encarcerou a persoas implicadas no GAL, entre as que había responsables políticos de alto nivel, entre eles o propio ministro socialista do interior, [[José Barrionuevo]].
 
En [[1986]] fundouse a Coordinadora [[Gesto por la paz]], que comezou a convocar manifestacións silenciosas en todos os pobos ao día seguinte de cada morte causada pola violencia política relativa ao País Vasco, xa fose de ETA ou do GAL, no que foron as primeiras manifestacións contra a violencia terrorista. Ese mesmo ano, ETA asasinou en [[Villafranca de Ordicia|Ordizia]] a María Dolores González Katarain, ''[[Yoyes]]'', antiga dirixente da organización, que decidira deixar a loita armada e xa se reinserira na sociedade, acusándoa de «desertora».
 
O [[12 de xaneiro]] de [[1988]] asinouse o [[pacto de Ajuria-Enea]] entre todos os partidos vascos, fóra diso [[Batasuna|Herri Batasuna]], co fin de acabar coa violencia de ETA.
 
O [[28 de xaneiro]] de [[1988]] ETA anunciou un «alto ao fogo» de 60 días, que logo alongou varias veces, e intentouse unha negociación entre ETA (representada por [[Eugenio Etxebeste]], «Antxon») e o goberno español do Partido Socialista Obreiro Español, denominada [[Mesa de Alxer]], que terminou en maio sen resultados, terminando o alto ao fogo.
 
Alegando a necesidade de evitar que ETA impedise mediante coacción a [[reinserción]] dos seus presos, anteriormente agrupados en cárceres do País Vasco, o goberno do PSOE decidiu a [[dispersión dos presos de ETA]] polos cárceres de todo o país. Esta medida, que busca que os presos etarras non formen un grupo de presión nos cárceres vascos, provocou rexeitamento, especialmente desde sectores nacionalistas, que proclaman a súa ilegalidade.
 
En [[1992]], a cúpula dirixente de ETA ao completo é detida en [[Bidarte]], o que forzou o cambio de dirección. Tras unha tregua de dous meses, adoptan postulados máis radicais, sendo a principal consecuencia deste cambio de rumbo a suposta creación dos «[[comandos Y]]», formados por mozos (xeralmente menores de idade) dedicados á chamada ''[[kale borroka]]'' («loita na rúa» en vasco), cuxas actividades incluirían a queima de autobuses e mobiliario urbano, e o lanzamento de [[cóctel molotov|cócteles molotov]]. A súa aparición atribúese a unha hipotética debilidade de ETA, que lles obrigaría a recorrer a menores para manter ou aumentar o seu impacto na sociedade tras importantes detencións dos seus militantes, incluída a súa cúpula militar. Tamén empezaron a ser ameazados os concelleiros de partidos políticos non nacionalistas vascos. Con todo, dentro do chamado [[Movemento de Liberación Nacional Vasco]] négase a existencia dos [[Comandos Y]], e afírmase que a súa descrición é unha manobra para impoñer unha maior pena de prisión a quen realiza estas accións. O papel de ETA como organizador da ''kale borroka'' foi considerado probado pola Audiencia Nacional; doutra banda, desde distintos sectores políticos de esquerda (principalmente da esquerda abertzale) négase este papel.
 
En [[1995]], a organización lanzou unha serie de esixencias ao goberno español como condición para o cese da violencia. A chamada [[Alternativa Democrática]] actualizaba e viña substituír á alternativa KAS como proposta de mínimos para o recoñecemento de Euskal Herria. A partir do recoñecemento por parte do Goberno Español da territorialidade vasca, de que a soberanía reside no [[pobo vasco]] e de que este ten o dereito de autodeterminarse, derivaríase o cese total das actividades armadas de ETA. O goberno español rexeitou as esixencias de ETA, intentou silenciar a súa difusión e os tribunais procesaron á mesa nacional de HB por aproveitar os espazos gratuítos de publicidade electoral para difundir as esixencias, engadindo ao seu anuncio algunhas imaxes extraídas dun vídeo de ETA.
 
O [[19 de abril]] dese mesmo ano fracasou un atentado con coche bomba contra o líder da oposición conservadora [[José María Aznar]], que pronto sería elixido presidente de goberno, e, segundo as forzas de seguridade, foi abortado o asasinato do rei [[Juan Carlos I]], aínda que o acto de maior impacto social veu ao ano seguinte. O [[10 de xullo]] de [[1997]] secuestraron ao concelleiro do [[Partido Popular]] de [[Ermua]] [[Miguel Ángel Blanco]], ameazando con matalo se o goberno español non cedía ás súas esixencias. Seis millóns de persoas manifestáronse, tanto no País Vasco como no resto de España, para esixir a súa liberación. Ao cabo de dous días ETA cumpriu a súa ameaza, o que desencadeou manifestacións masivas de rexeitamento ao berro de «¡Asasinos!», «Vascos si, ETA non» e outros. Denominouse a isto entón o «[[espírito de Ermua]]».
 
==== A tregua de 1998 ====
O [[16 de setembro]] de [[1998]], ETA declaraba <ref>[http://www.el-mundo.es/eta/documentos/comunicado_septiembre98.html ''Declaración de "tregua indefinida" de ETA. 16 de septiembre de 1998. [http://www.el-mundo.es/eta/documentos/comunicado_septiembre98.html]</ref> unha "tregua indefinida e sen condicións" que entraría en vigor dous días despois do seu anuncio. ETA dicía no seu comunicado que "Os cidadáns vascos estamos soxulgados baixo dous Estados fortes. Ambos Estados utilizan todos os seus instrumentos armados, políticos, económicos e culturais para evitar as posibilidades que tiña Euskal Herria, un pobo libre no futuro". Pero advertía ETA que o obxectivo deste paso non era a "pacificación", e que sería un engano á sociedade dicir que este paso leva á "normalización", "a consolidación do marco actual e unha paz sen que nada cambie.". Respecto das institucións, recordaban o seu obxectivo de crear unha institución única e soberana que integre todos os territorios que reclaman, e que era a hora "de acabar cos partidos, estruturas institucionais e represoras que teñen por obxectivo a construción de [[España]] e [[Francia]], e a desaparición de [[Euskal Herria]]."
 
O seu comunicado, para rematar, matizaba a suspensión das súas actividades, recoñecendo que seguiría desenvolvendo os labores de fornezo, mantemento das súas estruturas e o seu "dereito de defensa en hipotéticos enfrontamentos", e advertía da posibilidade de revogación da tregua indefinida, condicionándoa aos acontecementos futuros.
 
Esta tregua estivo precedida por un acordo <ref>[http://www.el-mundo.es/eta/documentos/acuerdo_agosto98.html ''Acuerdo de ETA, PNV y EA. Agosto de 1998.'' [http://www.el-mundo.es/eta/documentos/acuerdo_agosto98.html] </ref> asinado un mes antes pola propia organización terrorista ETA, o Partido Nacionalista Vasco e [[Eusko Alkartasuna]], no que todas as partes comprometíanse a buscar a integración dos seis territorios nunha institución única e soberana, obxectivo político de ETA, e os partidos políticos PNV e EA comprometíanse a "deixar os seus acordos cos partidos que teñen como obxectivo a destrución de Euskal Herria e a construción de España (PP e PSOE)". Pola súa banda, ETA obrigábase a anunciar o "alto ó fogo indefinido".
 
O [[12 de setembro]] dese mesmo 1998, catro días antes do anuncio oficial de tregua por parte de ETA, asinouse na localidade navarra de [[Estella]] un pacto <ref>[http://www.filosofia.org/his/h1998liz.htm ''Pacto de Estella / Acuerdo de Lizarra. 12 de septiembre de 1998. [http://www.filosofia.org/his/h1998liz.htm]</ref> entre o Partido Nacionalista Vasco, [[Herri Batasuna]], Eusko Alkartasuna, Ezker Batua-Berdeak, o sindicato LAB, e outras organizacións no que se analizaba a situación de [[Irlanda do Norte]] e tratábase de proxectar o proceso de paz alí seguido para o caso do País Vasco. Declaraban os firmantes o proceso que debía seguirse para a "resolución política do conflito". Este método baseábase na negociación política, en ausencia de violencia, para dar resposta "á tradición e aspiracións de soberanía das cidadás e cidadáns de Euskal Herria". O acordo coñeceuse como [[Pacto de Estella]]. A súa firma puxo fin ao [[Pacto de Ajuria Enea]].
 
En maio de [[1999]] produciuse en [[Suíza]] unha reunión entre representantes da banda terrorista ETA e enviados do goberno español. Esa reunión pretendía ser para ETA un primeiro contacto para unha serie de reunións nas que se abordasen cuestións políticas. Para o goberno pretendía ser un modo de tratar de verificar de primeira man se a banda estaba disposta a cesar dun modo definitivo as súas actividades criminais. A reunión non prosperou.
 
En setembro dese mesmo ano, ETA propuxo a PNV e EA subscribir unha actualización <ref>[http://www.el-mundo.es/eta/documentos/propuesta_agosto99.html ''Propuesta de pacto de ETA a PNV y EA. Agosto de 1999''. [http://www.el-mundo.es/eta/documentos/propuesta_agosto99.html]</ref> do compromiso adquirido o ano anterior, no que buscaban a materialización dos obxectivos fixados, mediante a celebración dunhas eleccións en toda [[Euskal Herría]] (tanto a parte española como francesa) que elixise un parlamento encargado de redactar unha [[Constitución]] para o novo Estado. ETA condicionaba o cese definitivo das súas actividades terroristas á "fortaleza e estabilidade" do novo parlamento. Este novo acordo foi rexeitado polos firmantes do pacto anterior e xa que logo non chegou a formalizarse.
 
O [[28 de novembro]] ETA anunciaba <ref>''Comunicado de ETA en el que anuncia la ruptura de la tregua. 28 de noviembre de 1999.'' [http://www.el-mundo.es/nacional/eta/tregua/ruptura.html]</ref> a ruptura da tregua mantida durante un ano. No seu comunicado, recordaba o pacto asinado con PNV e EA e as formulacións do Pacto de Estella, e aludía como razóns para a reanudación das súas actividades criminais, a presión exercida polos gobernos de España e Francia e a pretensión do goberno español de "''que de ser un proceso de construción nacional pasase a ser un proceso de paz sen contido, intentando afogar á esquerda abertzale na «normalidade» política e coa intención obstinada e maligna de que a interrupción «provisional» das accións de ETA pasase a ser «definitiva» e irreversible.''". Tamén se queixaba de que PNV e EA non responderan á súa proposta de actualización de pacto. Anunciábase a data do [[3 de decembro]] como a escolleita para a volta á violencia.
Liña 125:
O [[26 de xaneiro]] de [[2004]], o xornal [[ABC (xornal)|ABC]] desvelaba que o entón ''"[[conseller en cap]]"'' da [[Generalitat de Cataluña]], [[Josep-Lluís Carod-Rovira]] entrevistárase os días 3 e 4 de xaneiro na localidade norcatalana de [[Perpinyá]] con dirixentes de ETA e que ultimaba un pacto coa banda terrorista segundo o cal esta comprometeríase a non atentar en [[Cataluña]] a cambio de que o líder de [[Esquerra Republicana de Catalunya]] proclamara unha declaración independentista en favor do dereito de autodeterminación dos pobos. O mesmo día, e trala publicación da información en ABC, o propio Carod-Rovira confirmou <ref>''Carod-Rovira reuniuse con ETA cando xa era «conseller en cap». El Mundo.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/01/26/espana/1075118145.html]</ref> a reunión, aínda que asegurou que, pese a ter falado de política, non chegara a ningún "''pacto, nin ningún acordo nin ningunha contraprestación, porque non falaba en nome de ningún goberno''". Pediu desculpas á Generalitat por non ter informado e por facelo cando era o número dous da mesma, tralo cal presentou a súa dimisión, que foi aceptada polo [[Presidente da Generalitat de Cataluña|presidente da Generalitat]], [[Pasqual Maragall]], permanecendo como conselleiro sen carteira ata o día [[3 de febreiro]] de [[2004]].
 
O [[18 de febreiro]], ETA anunciaba <ref>''Comunicado de ETA anunciando unha tregua en Cataluña. 18 de febreiro de 2004.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/02/18/espana/1077110325.html]</ref> unha tregua unicamente para o territorio de Cataluña co ''"desexo de unir os lazos entre o pobo vasco e o catalán"''. O entón presidente do goberno, [[José María Aznar]], declarou que este anuncio era a contribución de ETA a ''"esta estratexia repulsiva, promovida por Esquerra Republicana de Catalunya"''<ref>''Declaración íntegra de José María Aznar tralo anuncio de ETA de tregua en Cataluña.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/02/18/espana/1077124492.html]</ref>. O líder do PSOE, [[José Luis Rodríguez Zapatero]], opinaría que "''o contido do comunicado de establecer unha tregua en Cataluña é absolutamente rexeitable e inadmisible e, dende logo, debe ter consecuencias políticas''"<ref>''Declaración íntegra de José Luís Rodriguez Zapatero tralo auncio de ETA de tregua en Cataluña.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/02/18/espana/1077114746.html]</ref>. O presidente da Generalitat, [[Pasqual Maragall]] diría "''Que digan que non matarán en Catalunya nos indigna máis todavía polo que ten de perversión. Non queremos o perdón de ETA. Repúgnanos''"<ref>''Declaración íntegra de Pasqual Maragall tralo anuncio de ETA de tregua en Cataluña.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/02/18/espana/1077118190.html]</ref>. Pola súa banda, Carod-Rovira insistiu en que na súa reunión non se chegou a ningunha clase de pacto á vez que pediu a súa extensión ó resto do [[Estado español]], o abandono das armas e que deixara de matar. <ref>''Declaración íntegra de Josep-Lluis Carod Rovira tralo anuncio de ETA de tregua en Cataluña.'' [Declaración del secretario general de ERC, Josep-Lluís Carod-Rovira]</ref>
 
==== Persecución policial ====
Cada vez con máis frecuencia, as accións de ETA son frustradas polas forzas de seguridade do estado. O día de Noiteboa de [[2003]] a Policía Nacional detivo en Donostia e [[Hernani]] a dous etarras que deixaran dinamita nun vagón presuntamente preparado para estoupar na estación de Chamartín de Madrid; e o día [[1 de marzo]] de [[2004]], a Garda Civil detivo na [[provincia de Cuenca]] unha furgoneta con 536 &nbsp;kg de explosivos, impedindo un atentado na capital. Segundo parece estaba planeado nunha zona comprendida entre [[Alcalá de Henares]] e [[Madrid]], á luz dun mapa atopado no vehículo.
 
==== O [[Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid|11-M]] ====
Liña 150:
ETA ten decretado ó longo da súa historia cinco treguas totais e outras tantas parciais. A anterior tregua anunciada por ETA o [[16 de setembro]] de [[1997]], prolongouse ata o [[3 de decembro]] de [[1999]] e foi o alto o fogo máis longo dos decretados polos terroristas ó longo da súa historia.
 
O [[22 de marzo]] de [[2006]] ETA anunciou mediante un comunicado remitido a [[Euskal Irrati Telebista]] (EiTB), a Radio Televisión Vasca, e ó diario en éuscaro [[Berria]] un ''alto o fogo permanente'' a partir do día [[24 de marzo]] de [[2006]] coa intención de impulsar un proceso que culminase cun novo marco político. Neste comunicado instaba a España e Francia a que cesasen a represión cara a eles. Cómpre resaltar que o concepto de ''alto o fogo permanente'' é o mesmo que empregou o '''Exército Republicano Irlandés''' ([[IRA]]) cando deu o primeiro paso que contribuíu a iniciar o proceso de paz definitivo en [[Irlanda do Norte]]. Ó día seguinte emitiron outro comunicado aclarando que o cambio político busca a superación do marco actual, que é de ''"negación, partición e imposición"''. <ref>''Texto dos dous comunicados de ETA de alto o fogo permanente. 22 e 23 de marzo de 2006.'' [http://www.el-mundo.es/eta/documentos/tregua_marzo2006.html]</ref>
 
O [[29 de xuño]] de [[2006]], o presidente do Goberno, [[José Luis Rodríguez Zapatero]], informou ós medios de comunicación, nunha declaración institucional no vestíbulo do [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]], do inicio do diálogo con ETA, tralo [[alto o fogo]].
Liña 174:
 
==== ETA racha a tregua ====
O atentado de decembro no aeroporto de Madrid foi do todo inesperado e chegou un día despois de que o Goberno expresase publicamente a súa confianza no proceso de paz. A diferenza do ocorrido en 1999, cando ETA anunciaba que rachaba o seu primeiro alto o fogo enviando un comunicado, nesta ocasión, a organización alertou por teléfono pouco antes da explosión da existencia do coche bomba, que estourou ás 9.00 horas no módulo D do aparcadoiro da T4 de Barajas. Dúas persoas de nacionalidade ecuatoriana que se atopaban no lugar da explosión faleceron.
 
Logo de cinco días de intensa procura baixo os escombros, foi achado sen vida Carlos Alonso Palate, de 35 anos, a primeira vítima mortal de ETA en tres anos e sete meses. Longos traballos de rescate permitiron recuperar, pouco despois, o corpo de Diego Armando Estacio. No que respecta a danos materiais, a explosión provocou o afundimento de tres das catro plantas do módulo D do aparcadoiro.
Liña 225:
== Papel institucional ==
=== Os pactos políticos nos anos 80 ===
O [[5 de novembro]] de [[1987]], os partidos políticos españois [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]], [[Partido Popular|AP]], [[Centro Democrático y Social|CDS]], [[Convergència i Unió|CIU]], [[Partido Nacionalista Vasco|PNV]], [[Partido Demócrata Popular|PDP]], [[PL]], [[Partido Comunista de España|PCE]] e [[Euskadiko Ezkerra|EE]], asinaron unha declaración conxunta, coñecida como o "Pacto de Madrid" no que denunciaban a falta de lexitimidade de ETA para expresar a vontade do [[pobo vasco]] e, consecuentemente, rexeitaban a súa pretensión de negociar os problemas políticos do pobo vasco que unicamente debrían selo entre os partidos políticos con representación parlamentaria, o Goberno Vasco e o Goberno do Estado, e emprazaban formalmente a ETA a abandonar as armas e aceptar as vías democráticas.
 
Dous meses despois, o [[12 de xaneiro]] de [[1988]], as principais forzas democráticas no País Vasco subscribían o "[[Pacto de Ajuria Enea]]", onde se comprometían a traballar pola erradicación do terrorismo como a loita da liberdade fronte á imposición. Compartían, os firmantes deste acordo, a necesidade e importancia da acción policial que contribúa á erradicación do terrorismo, á protección dos principios que conforman a convivencia democrática e á prevención de atentados e a persecución dos seus autores. A colaboración internacional convertíase en algo imprescindible para a erradicación da violencia e comprometíanse a velar por que a defensa do Estado de Dereito se producise sempre dentro da legalidade.
 
Neste pacto manifestábase o apoio aos procesos de diálogo entre os poderes competentes do Estado e quen decidan abandonar a violencia, respectando en todo momento o principio democrático irrenunciable de que as cuestións políticas deben resolverse unicamente a través dos representantes lexítimos da vontade popular. O texto foi asinado por AP, CDS, EE, PNV e PSOE.
 
O [[7 de outubro]] de [[1988]] asínase o "[[Pacto de Navarra|Pacto de Navarra. Acordo pola Paz e a Tolerancia]]", un acordo entre as principais forzas políticas de [[Navarra]] (EE, AP, PL, DC, CDS, [[Unión del Pueblo Navarro|UPN]], [[Partido Socialista de Navarra|PSN-PSOE]]) e o presidente do goberno navarro, [[Gabriel Urralburu Tainta]]. Nel, denunciábanse as accións terroristas e reafirmábanse no apoio ao Estado de Dereito e na defensa de calquera idea sempre que non se apoie a violencia.
 
Rexeitaban neste acordo, toda posibilidade de que ETA, ou calquera organización apoiada pola mesma, fose recoñecida en negociacións políticas que pretendesen condicionar o desenvolvemento libre do sistema democrático, para reafirmar que só a vontade do pobo podía orientar o presente e o futuro de [[Navarra]].
 
=== Primeiros recoñecementos ás víctimas ===
O [[8 de outubro]] de [[1999]] aprobábase en España a Lei de Solidariedade coas vítimas do terrorismo<ref>''Ley de Solidaridad con las víctimas del terrorismo. 8 de octubre de 1999. ''[http://www.derecho.com/xml/disposiciones/min/disposicion.xml?id_disposicion=31711&desde=min]</ref>, que ten como obxectivo "''render testemuño de honor e recoñecemento a quen sufriron actos terroristas e, en consideración a iso, asumir o pago das indemnizacións que lle son debidas polos autores e demais responsables de tales actos''". Dous meses despois, o [[23 de decembro]], aprobábase outro Real Decreto <ref>''Real Decreto 1974/1999, de 23 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento de la Real Orden de Reconocimiento Civil a las Víctimas del Terrorismo.'' [http://www.mpr.es/Ministerio+de+la+Presidencia/SubsecretariaPresidencia/victimasterrorismo/RD1974-1999.htm]</ref> no que se aprobaba o reglamento da Real Orde de Recoñecemento Civil ás víctimas do terrorismo.
 
=== O Pacto antiterrorista ===
O [[12 de decembro]] de [[2000]], os dous principais partidos políticos españois, [[Partido Popular]] e [[Partido Socialista Obrero Español]], subscribiron o chamado [[Acordo polas liberdades e contra o Terrorismo]] tralo abandono de ETA da "tregua" de [[1998]] e unha vez posto de manifesto, segundo o propio texto do acordo, "o fracaso da estratexia do [[PNV]] e [[Eusko Alkartasuna]], que abandonaron o [[Pacto de Ajuria Enea]] para, de acordo con ETA e EH, poñer un prezo político ao abandono da violencia. Ese prezo consistía na imposición da autodeterminación para chegar á independencia do País Vasco.".
 
Neste acordo, PP e PSOE conviñan en que correspondía ao Goberno dirixir a loita antiterrorista e comprometíanse a abandonar do ámbito da lexítima confrontación política ou electoral, as políticas para acabar co terrorismo. Comprometíanse tamén a traballar para que desaparecese calquera intento de lexitimación política da violencia e afirmaban publicamente que da violencia terrorista non se extraerá, en ningún caso, vantaxe ou rédito político algún.
 
A política penitenciaria así mesmo, dicíase que se aplicaría asegurando o máis completo e severo castigo aos condenados por actos terroristas, aínda que contemplaría as formas de reinserción daqueles que abandonen a organización e mostren actitudes inequívocas de arrepentimento e vontade de resocialización.
 
As vítimas convértense, tras este acordo, na principal preocupación, e instan aos mozos a que se rebelen contra a violencia.
 
O obxectivo do pacto é impulsar conxuntamente as liberdades e a política contra o terrorismo, e require, segundo os seus firmantes, unha colaboración permanente entre o PP e o PSOE que implica o intercambio de información, a actualización concertada nas reformas lexislativas, política penitenciaria, cooperación internacional, mobilización cidadá e institucións, e a procura de posicións comúns neste tema.
Liña 251:
=== Condena internacional a ETA ===
O [[26 de febreiro]] de [[2002]], o goberno dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] emitiu unha orde pola que se engadía a ETA, Euskal Herritarrok, Herri Batasuna, Jarrai, Haika, Segi e Gestoras Pro amnistía á súa lista de terroristas e organizacións terroristas <ref>''Executive Order 13224 blocking Terrorist Property and a summary of the Terrorism Sanctions Regulations, Terrorism List Governments Sanctions Regulations, and Foreign Terrorist Organizations Sanctions Regulatios. (en Inglés) (PDF) [http://www.treasury.gov/offices/enforcement/ofac/programs/terror/terror.pdf]</ref> , así como a algúns terroristas desta organización.
A [[Garda Civil]] recolleu os nomes dos incluidos nesta lista para especificar algunhas accións terroristas que levaron a cabo. <ref>''Lista da Garda Civil de terroristas de ETA na lista de terroristas dos Estados Unidos.'' [http://www.guardiacivil.org/terrorismo/documentos/listaee_uu.jsp]</ref>
 
=== A lei de partidos políticos ===
O [[19 de abril]] de [[2002]], o [[Consello de Ministros]] aprobou <ref>''Documento informativo do goberno sobre a Lei de Partidos. (PDF)''[http://directorio.mju.es/internet/notas_prensa.nsf/b98560a229bf68fdc1256a0f005f6adb/8191cb2d66b65b06c1256ba3003b7721/$FILE/020419.pdf ''Documento informativo do goberno sobre a Lei de Partidos. (PDF)'']</ref> a remisión ás [[Cortes Xerais|Cortes]] do proxecto de nova Lei de Partidos Políticos, tralos informes favorables do [[Consello Xeral do Poder Xudicial]] e o [[Consello de Estado]].
 
A lei, aprobada <ref>''Ley Orgánica 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos (BOE num. 154, de 28 de xuño).'' [http://www.mir.es/DGPI/Partidos_Politicos_y_Financiacion/Normativa/partidos03.htm]</ref> o [[27 de xuño]] dese mesmo ano, pretendía a ilegalización dos partidos políticos que pertenceran a un entramado terrorista. Esta lei, que modificaba a anterior lei de partidos políticos, anterior á [[Constitución Española]], establece que os partidos deben ter un funcionamento e unhas actividades democráticas, e que unicamente a autoridade xudicial poderá ilegalizar un partido político, de acordo coa lei. Dese modo, un partido sería ilegalizado cando persiguera ''"deteriorar ou destruír o réxime de liberdades ou imposibilitar ou eliminar o sistema democrático"''. Entre as accións que se consideran destinadas a este fin atópase o ''"dar apoio político expreso ou tácito ó terrorismo, lexitimando as accións terroristas para a consecución de fins políticos ó marxe dos cauces pacíficos e democráticos, ou exculpando e minimizando o seu significado e a violación de dereitos fundamentais que comporta."''
Liña 261:
Trala aprobación da Lei de Partidos políticos, as institucións xudiciais trataron de facer cumprir a nova norma. Así, o xuíz da [[Audiencia Nacional]], [[Baltasar Garzón]] decretaba nun auto <ref>''Auto da Audiencia Nacional no que se decreta a suspensión de actividades de Batasuna. (PDF)'' [http://www.elmundo.es/especiales/2002/08/espana/batasuna/Integro.pdf]</ref> con data [[26 de agosto]] de [[2002]] decretaba a suspensión total de actividades de [[Batasuna]], así como a clausura das súas sés e a súa páxina web, coa prohibición expresa de efectuar ningún acto político ou de propaganda.
 
Coa aprobación da lei e esta suspensión, o goberno, a través do Avogado do Estado presentaba unha demanda <ref>[http://www.elmundo.es/documentos/2002/09/demanda.pdf ''Demanda do Avogado do Estado para a ilegalización de Batasuna'' [http://www.elmundo.es/documentos/2002/09/demanda.pdf]</ref> ante o [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo]] para a ilegalización de Batasuna. Así mesmo, a fiscalía presentaba tamén unha demanda <ref>''Demanda da fiscalía para a ilegalización de Batasuna.'' [http://www.elmundo.es/especiales/2002/08/espana/batasuna/fiscalia.pdf ''Demanda da fiscalía para a ilegalización de Batasuna.'']</ref> ante a xustiza motivando unha petición igual.
 
Despois de estudar estas dúas demandas, o [[27 de marzo]] de [[2003]] o Tribunal Supremo nunha sentenza resolveu ilegalizar <ref>''Sentencia do Tibunal Supremo (Autos acumulados 6/2002 y 7/2002) en la que ilegaliza Batasuna. (PDF)'' [http://www.elmundo.es/documentos/2003/03/espana/batasuna.pdf]</ref> Batasuna tras considerar probado que a creación deste partido político foi un feito instrumental por parte da banda terrorista ETA, e que formaba parte dela.
Liña 280:
As raíces do apoio a ETA atopámolas nas tentativas do estado español baixo a ditadura franquista para destruír o [[nacionalismo vasco]]. Dende que os nacionais gañaron a guerra, Franco restrinxiu moitas expresións públicas da cultura vasca e perseguiu calquera expresión do nacionalismo vasco, incluíndo a exibición da [[ikurriña]], a celebracións de festas nacionalistas, o emprego do [[éuscaro]] en publico e o seu ensino nas escolas; incluso prohibíu bautizar nenos con nomes non-casteláns. De todos xeitos, os territorios que foron chamados como leais durante a guerra civil conservaron o seu limitado autogoberno. Estes eran [[Áraba]] e [[Navarra]], onde os que apoiaban a Franco (maioritariamente [[carlismo|carlistas]]) loitaron xunto a Franco dende o principio. Curiosamente, [[Biscaia]] e [[Guipúscoa]] foron consideradas "rebeldes" por ter permanecido leais ó [[Segunda República española|réxime republicano]] e viron os seus foros eliminados pola ditadura.
 
Durante a etapa franquista, ETA tivo un considerable apoio público entre a poboación vasca, acadando o seu punto máis alto tralo [[proceso de Burgos]] de 1970 — que puxo o punto de mira internacional sobre a causa da organización e sacou á luz a natureza represiva do réxime — e o seu asasinato de [[Luis Carrero Blanco]]. A transición española á democracia dende 1975 e a progresiva radicalización de ETA resultaron nunha inmediata perda de apoio, que volveuse especialmente palpable durante o secuestro e posterior asasinato de [[Miguel Ángel Blanco Garrido]] en 1997.
 
Nos anos recentes, os apoios de ETA semellan representar unha minoría decrecente no País Vasco, segundo as sondaxes de opinión, mentres que a independencia e a negociación política disfrutan dun apoio mais extenso..
Liña 305:
As denuncias por torturas non cesaron coa [[Constitución española de 1978]], pero o goberno español afirma que as denuncias son falsas e se deben a unha consigna de ETA ós seus militantes. Os detidos acusados de pertencer a ETA alegan en moitos casos ter recibido torturas que non deixarían lesións duradeiras (asfixia, agresións sexuais, golpes ou presión nos xenitais, golpes con obxetos romos, descargas eléctricas, exposición ó frío, ameazas). En ocasións, os acusados si presentan marcas de lesións ó rematar a incomunicación, pero a policía alega que as inflinxiron os propios detidos a eles mesmos, que son resultado de caídas ou de forcexeos nos que os axentes se limitaron a defenderse.
 
Por outro lado as denuncias de tortura non se cinguen exclusivamente ás persoas acusadas de relación con ETA ou ó mundo abertzale, e tense denunciado tamén casos de tortura cara outros sectores sociais como poden ser os inmigrantes.
 
As asociacións da chamada esquerda abertzale adoitan ser as máis activas na denuncia da práctica de torturas contra os seus simpatizantes, dando crédito a tódalas denuncias. Polo contrario, o PP, o PSOE e os sindicatos policiais negan que a tortura sexa unha práctica estendida, recoñecendo só os casos confirmados por sentenza xudicial.
Liña 315:
[[Ficheiro:ETA mural Palestine.JPG|300px|miniatura|Mural de ETA en Palestina, nun posto de control. A lenda quere dicir: "Palestina - País Vasco: Dous pobos, un só camiño".]]
=== Ligazóns internacionais ===
Sábese dunha relación de contactos fraternais de ETA co [[IRA Provisional]]; os dous grupos teñen, ás veces, caracterizado os seus conflitos como paralelos. Tamén ten tido ligazóns con outros movementos armados de esquerda arredor do mundo.
 
Comandos de ETA actuaron en equipo en 1999 co [[Exército Revolucionario Bretón]] para roubar explosivos en Bretaña.