Camposancos, A Guarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 11:
|entidades = 10
}}
'''Santa Isabel de Camposancos''', ou '''A Visitación de Santa María de Camposancos''', <ref>{{Cita web|url = http://www.diocesetuivigo.org/diocese/camposancos%20a%20guarda.pdf|editorial = [[Diocese de Tui-Vigo]]|título = Camposancos, A Visitación de Sta. María|dataacceso = 23/8/2015}}</ref> é unha parroquia que se localiza no concello da [[A Guarda|Guarda]]. É unha das 9 [[Entidade local menor|entidades locais menores]] de [[Galicia]]. Segundo o padrón municipal de [[2014]] tiña 1.088 habitantes (567 mulleres e 521 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento continuado en relación aos anos [[2004]], cando tiña 987 habitantes, e [[1999]], con 913. Está situada á beira do [[río Miño]], case na súa desembocadura no [[océano Atlántico]]. Pertence á [[Diocese católica latina de Tui-Vigo|diocese de Tui-Vigo]], na que está incluída o [[arciprestado da Guarda-Tebra]].
 
== Historia ==
Etimoloxicamente, o topónimo Camposancos é de orixe latina e equivale a "Campos en ángulo"{{cómpre referencia}}.
 
Sábese que no lugar existiu un [[mosteiro]] templario do que non quedan restos a non ser as columnas aparecidas nunhas reformas. Camposancos erixiuse en parroquia independente en [[1798]]. Antes de 1870, pertencía a Salcidos e este ó mosteiro de Oia. A igrexa parroquial de Santa Isabel comezou a construírse en 1816 e non se rematou ata 1856.
 
Durante o [[antigo réxime]] o couto medieval de Camposancos pertenceu como anexo ao partido xurisdicional de [[Barrantes, Tomiño|Barrantes]] ([[provincia de Tui]]). Trala [[división territorial de España en 1833]] constituíuse como concello de seu, pero en [[1836]] pasou a integrarse no territorio municipal da Guarda.
 
Camposancos ten a consideración de [[Entidade local menor|Entidade Local Menor]] desde o [[23 de maio]] de [[1925]], o que lle permitiu ter o seu propio alcalde e un edificio oficial. Para levar a cabo calquera actuación en Camposancos, o concello da Guarda debía por lei informar á entidade local de tal actuación aínda que esta non tivese o poder de cancelala. A metade dos impostos que recadaba a localidade pasaban á Entidade Local.
 
=== Colexio dos xesuítas de Camposancos e campo de concentración ===
Liña 26:
O [[Colexio dos xesuítas de Camposancos]] foi fundado en 1876. Por primeira vez en España, os [[Compañía de Xesús|xesuítas]] intentaban instituír unha [[universidade]] privada, que finalmente só estivo en activo durante cinco anos. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a [[Universidade de Deusto]] e a [[Universidade Pontificia de Comillas]]. Entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio está o político pontevedrés [[Manuel Portela Valladares]], que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa República. De 1916 a 1932 foi ocupado polos seus irmáns de relixión portugueses, pero baixo o mandato da [[Segunda República Española|Segunda República]] a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.
 
O recinto do Colexio dos Xesuítas convertido en hospital acolleu durante a [[Guerra Civil Española]] e a posguerra o [[campo de concentración de Camposancos]]. Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado en 1938 por 1.066 reos cando a capacidade -segundo informe oficial do réxime [[Franquismo|franquista]]- era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el pero oscila entre os 2.000 e os 3.000 presos.
 
En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor doutrora e pechou as súas aulas en 1959.
 
Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha [[construtora]] para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.{{Cómpre referencia}}