Robert Boyle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Obra: Arranxos varios using AWB
Liña 48:
Boyle publicou en 1661 ''O químico escéptico'' e puxo fin aos misteriosos manexos da ''alquimia'' e retornou á teoría atómica de [[Demócrito]].
 
Realizou importantes contribucións no campo da [[física]]: a [[lei de Boyle]], o descubrimento do papel do [[aire]] na propagación do [[son]], as investigacións sobre a forza expansiva na [[conxelación]] da [[auga]], sobre a [[gravidade]] específica, a [[refracción]] en [[cristal|cristais]], [[electricidade]], [[cor]], [[hidrostática]] etc. Malia iso, a [[química]] foi sempre a súa predilecta.
 
Para Boyle, a química era a ciencia da composición da substancias e non unha arte auxiliar para o alquimista ou o físico. Avanzou cara á moderna visión dos [[elemento químico|elementos]] como os constituíntes dos corpos materiais, e comprendeu a distinción entre as mesturas e os compostos realizando progresos considerables nas técnicas para a determinación dos seus compoñentes, un proceso que bautizou como "análise". Máis aínda, chegou a supoñer que os elementos estaban compostos en última instancia de partículas de varios tipos e tamaños. Ademais, realizou estudos sobre a [[combustión]] e a [[respiración]] descubrindo a intervención do [[Osíxeno molecular|osíxeno]], así como experimentos en [[fisioloxía]] nos que se vía estorbado pola delicadeza da súa natureza, que lle impedía realizar [[disección]]s [[anatomía|anatómicas]], especialmente de animais vivos, malia saber que eran máis instrutivas.