Sarandós, Abegondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 11:
|entidades = 13
}}
'''Santa María de Sarandós''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Abegondo]] na [[comarca da Coruña]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013|2014]] tiña 618 habitantes (311 mulleres e 307 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 630 habitantes. Linda coa parroquia de [[Figueroa, Abegondo| Figueiroa]] ao leste, ao norte e oeste con [[Carral]] e [[Beira, Carral|Herves]] e ao sur con [[Montouto, Abegondo]].
 
==Etimoloxía==
'''Sarandós''' procede probablemente do [[Linguas xermánicas|xermánico]] ("''sa''" + "''rand''") que xurdiría entre o [[século VII]] e [[século X|X]]<ref name="SanchezPardo">< /ref>.
 
==Patrimonio==
Liña 21:
Consérvanse restos de dous [[Castro (poboado)|poboados castrexos]]:
 
O [[Castro de Xeixade]] é un posible casto da [[idade de ferro]]-romana e que está moi destruído, polo que non se pode asegurar a súa existencia. A súa posible forma sería ovalada e estaría no lugar da Agra dos Castros.<ref name="SanchezPardo">Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media. Sánchez Pardo, José Carlos</ref><ref name="pxom">[http://www.abegondo.es/index.php?id=1441] Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo (A Coruña)</ref><ref name="SanchezPardo">Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media. Sánchez Pardo, José Carlos</ref>.
 
O [[Castro de Bordelle]] está moi derruído e non conservado. A súa morfoloxía é complexo reconstruíla. Sería un castro da idade de ferro-romana de 100 por 58 metros e ovalado, que aproveita a forte pendente, polo norte e oeste, como defensa natural. Polo sur e leste podería haber restos dun pequeno parapeto cortado pola pista da concentración<ref name="pxomSanchezPardo">< /ref><ref name="SanchezPardopxom">< /ref>.
 
===Monte Lourido e as Covas de Mouros===
O Monte Lourido e as Covas de Mouros son un asentamento fortificado e de explotación mineira da idade ferro-romana na [[Aquelabanda, Sarandós, Abegondo|Aquelabanda]]. A extracción de grava destruíu o xacemento<ref name="pxom">< /ref>.
 
Unha cita popular recolle unha lenda relacionada con este xacemento<ref name="SanchezPardo">< /ref>:
{{Cita| Segundo a tradición popular no lugar da Fraga (en [[Montouto, Abegondo|Montouto]]) existen unhas covas que eran empregadas polos Mouros para levar os seus cabalos a beber ó rueiro de [[Bordel, Sarandós, Abegondo|Bordel (Sarandós)]]. Por isto, narran que os Mouros gardaron nas xa ditas covas un pote de ferro cheo de moedas de ouro. Este pote aparecía ás veces nas leiras e montes do lugar. Unha vez un home que ía traballar ó monte viu o pote, entón foi ós catro pés a acarón das casas máis próximas para pedir axuda ós veciños. Catro homes acompañaron ó noso protagonista ó monte, mais cando chegaron o pote xa non estaba. Todo este ouro do que estivemos a falar -segundo a tradición popular- foi cara ó mar ó non ser atopado.|Esculca nº 5<ref name="eiravellac">< /ref>}}
 
===Monte dos Matos===
O Monte dos Matos, na [[Cruz de Beira, Sarandós, Abegondo|Cruz de Beira]], é un asentamento fortificado da idade media, dunha dimensión de 20 por 15 metros. Son un conxunto de estruturas concéntricas que defenden un pequeno recinto interior de forma rectangular e na que se observan dúas liñas de muralla separadas por un foxo. Suponse que este na súa orixe era máis completo: cun segundo foxo, un parapeto e exteriores. A entrada a este asentamento estaría de cara ao norte, como agora o está a actual estrada. Degradouse pola construción da estrada e consérvase en mal estado.<ref name="pxom">< /ref>.
 
===Peito de Bordel===
A Torre de Peito Bordel atópase no lugar de [[Bordel, Sarandós, Abegondo|Bordel]]. O edificio actual está habilitado como vivenda particular e parcialmente restaurado e data do [[século XVII]]. A construción máis antiga que o forma é unha torre arruinada do [[século XII]]. O edificio é de dúas alturas cun corpo de tres alturas e cunha fachada revestida de hedras. O corpo máis alto do edificio dá á rúa e é unha planta en "U" con renxías de distintas dimensións. Os muros son de cantería e cachotaría de granito recebados e con vans encintados en cantería, que locen un escudo cadrado na fachada principal, en referencia a liñaxe dos Figueroa e [[Andrade]] <ref name="eiravellac" /><ref name="turgalicia">[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=9301&ctre=36&volverFicha=true Turgalicia]</ref><ref name="eiravellac"></ref>·
 
Segundo a [[Tributo das cen doncelas|lenda das cen doncelas]] aquí eran recluídas as mozas cristiás destinadas aos haréns dos musulmáns ata que eran embarcadas cara o seu destino. Por iso o coñecido como o ''Tributo das cen doncelas'' tamén se lle chamou ''Peito Bordel''. No ano [[765]], cinco fidalgos da liñaxe ''Figueroa'' e seguramente residentes ou ligados ao marquesado da lindeira parroquia de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]], fartos de semellante aldraxe e armados só con ramas de [[figueira]], puxeron en fuxida aos mouros de Abderramán. Sobre un arco de medio punto que dá acceso á edificación, hai un escudo cadrado coas armas dos Figueroa e os Andrade e, debaixo, a cabeza dunha muller<ref>[http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html] "O noso patrimonio. Castelos de Galicia"</ref> <ref>[http://www.xenealoxia.org/linaxes/a-coruna/920-2009-06-28-00-11-01] Figueroa de Peito de Bordel, Xenealoxía.org</ref><ref>[http://rochacarro.blogspot.com.es/2013/06/o-tributo-das-cen-doncelas-lenda-de.html] O Tributo das cen doncelas</ref>.
 
=== Igrexa de Santa María de Sarandós ===
Liña 53:
===Casa de Filipe II===
[[File:Casa-felipe-II-sarandons-abegondo.jpg|miniatura|200px|dereita|Casa de Filipe II]]
A Casa de Filipe II, tamén denominada Pazo de Barral, foi construída na primeira metade do [[século XVI]] e sitúase na Calle. Tal e como se indica nun dos seus escudos da fachada, nela fixo noite o Rei [[Filipe II de España]], para embarcar dende a [[A Coruña|Coruña]] cara a Inglaterra e contraer nupcias coa súa tía, a Raíña [[María Tudor]]. A un e outro lado das armas reais, na fachada lese: "FELIPE II ESTUBO EN ESTA CASA ANO 1554". O edificio, que forma parte dese rueiro, está composto por dúas plantas, e ademais de escudos, nas súas fachadas ten arcos conopuais e linteis decorados. As portas están adornadas con arcos e resaltan a porta central con bolas. Un dos escudos na fachada é o da familia de Fernando González de Barral e Soutomaior, quen posuíu o terreo, e o outro é un escudo da realeza española, ao que non lle falta o cáliz heráldico do [[Reino de Galicia]].<ref name="turgalicia"/><ref name="eiravellac">[http://eiravellaac.blogaliza.org/files/2010/04/Xanela-28-completa.pdf] A Xanela, Revista Cultural das Mariñas.</ref><ref name="turgalicia"/><ref name="concello">[http://www.abegondo.es/] Concello de Abegondo</ref>.
 
===Convento de Sarandós===
Construído no [[século XIX]], preto da igrexa parroquial. Foi un antigo hospital. A denominación procede por un edificio anterior ao actual que servira de convento e que se achaba no mesmo lugar. Ese antigo priorado de Sarandós era un dos que, segundo [[Ramón Villares]], no [[século XVIII]] aportaba ingresos ao [[mosteiro de San Martiño Pinario]], en [[Santiago de Compostela]]. Do arquivo particular dos donos da casa, despréndese que o fundador do vínculo de Sarandós foi Gómez de Barral, rexedor de Santiago no ano [[1547]], e que estivo en mans eclesiásticas ata o [[1836]] <ref name="rochapxom">< /ref><ref name="pxomrocha">< /ref>. Na parede do muro que linda coa estrada que vai cara a [[Bordelle, Sarandós, Abegondo|Bordelle]], hai un reloxo de sol e mostra dous escudos de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]].
 
Nas terras deste convento hai unha fonte de dimensións considerables. Está situada no lateral norte da leira e foi feita con cachotería. A súa planta é circular, ten pouca altura<ref name="pxom">< /ref>.
 
===Casa reitoral de Santa María de Sarandós===
No [[O Rueiro, Sarandós, Abegondo|Rueiro]] está a casa reitoral da parroquia. Foi levantada no [[século XVII]] e reformada no [[século XVIII|XVIII]], dándolle un estilo máis relevante barroco. É unha casa grande nobre rural, de planta rectangular e barroca e dun estilo propio mariñán. A fábrica é de cantería e cachotería revocada e pintada en branco. A cuberta é de tres augas e tellada. No balcón central, con galería de madeira, loce o escudo dos [[Marquesado de Figueroa|Figueroa]]<ref name="pxom">< /ref>.
 
=== Casa das Veigas ===
Nas [[Veigas, Sarandós, Abegondo|Veigas]] hai unha vivenda que destaca polo seu estilo americano de construción. Posúe unha planta rectangular de tres alturas, muros de ladrillo enfuscado e dúas augas de tella árabe. A fachada principal ten vans de madeira. Na leira hai cortes e un amplo [[pombal (edificio)|pombal]]. A casa estivo vinculada a propiedades do marqués de [[Marquesado de Figueroa|Figueroa]]<ref name="pxom">< /ref>.
 
=== Lavadoiro dos Remedios ===