Diferenzas entre revisións de «Catana»

m
→‎Métodos de produción: Arranxos varios using AWB
(agora faise en d:Wikidata)
m (→‎Métodos de produción: Arranxos varios using AWB)
===Métodos de produción===
[[Ficheiro:Antique Japanese (samurai) katana 1.JPG|300px|miniatura|Catana.]]
As espadas xaponesas e outras [[arma]]s cortantes fabricábanse mediante un elaborado método de quecemento reiterado, pregando e martelando o [[Metal (material)|metal]]. Esta práctica orixinouse do uso de metais altamente impuros, e estando aínda ao roxo vivo arrefriábanse, requentábanse e logo trenzábanse. Ao acabar, cortábase a trenza en cachos, con cada un dos cales se volvía a fundir unha variña que se pasaba por [[carbón]]. O proceso repetíase varias veces, e en cada unha delas ía aumentando a porcentaxe de [[carbono]] até obter [[aceiro]]. Tras a última das trenzadas martelábase até aplanar. Ao ter unha estrutura organizada en varas, a espada posuía grande [[Elasticidade (mecánica)|elasticidade]], polo que non rompía tan facilmente.
 
A curvatura distintiva da catana débese, en parte, ao trato diferencial durante o quecemento ao que se somete. Ao contrario da gran parte das espadas producidas noutros lugares, os [[ferreiro]]s xaponeses non endurecen o sabre completo, soamente o lado que posúe gume. O proceso de endurecemento fai que a punta do sabre se contraia menos que o [[aceiro]] sen tratar cando arrefría, algo que axuda ao ferreiro para establecer a curvatura do sabre. A combinación dun lado duro e un lado mol da catana e doutros sabres xaponeses é a causa da súa [[resistencia]] a pesar de reter un bo lado cortante.
393.002

edicións