Diferenzas entre revisións de «Laureano López Rodó»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
 
== Traxectoria ==
Estudou Dereito na [[Universidade de Barcelona]] doutorándose na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Central de Madrid]] trala [[Guerra Civil española|Guerra Civil]]. En [[1945]] obtivo a cátedra de Dereito Administrativo da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e en [[1961]] trasladouse a [[Madrid]].
 
Membro do [[Opus Dei]], está considerado como un dos principais impulsores da política económica de desenvolvemento da década de 1960 en España. A principios da década [[Franco]] confiou a política económica a un grupo de expertos que lle aconsellaron acabar coa [[autarquía]] e acercarse ao [[mercado común]], seguindo as recomendacións do [[Banco Mundial]] e o [[FMI]]. O grupo, coñecido como os "[[Movemento tecnocrático|tecnócratas]]" (termo despectivo utilizado por certos sectores do réxime criticando a súa falta de compromiso cos ideais do "Movemento"), sendo López Rodó un dos principais membros. A súa carreira política estivo moi vencellada ao almirante [[Carrero Blanco]].
Despois da morte de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]] participou no proceso de reforma política. Fundou o partido [[Acción Regional]], que apostaba polo rexionalismo fronte ao uniformismo do Estado propio do ideario franquista<ref>[[Jaime Cosgaya García|Cosgaya García, J.]]: [http://biblioteca2.uclm.es/biblioteca/ceclm/websCECLM/transici%C3%B3n/PDF/04-05.%20Texto.pdf ''La actividad política de Laureano López Rodó durante la transición a la democracia''], Instituto de Historia, CSIC {{es}}.</ref>. Máis adiante, sacrificou dito partido para integrarse en [[Alianza Popular]] (coalición [[Conservadorismo|conservadora]] encabezada por [[Manuel Fraga]]), con miras a aglutinar o voto dun amplo sector da sociedade española. Porén, AP non logrou os resultados esperados nas [[Eleccións Xerais 1977 en España|primeiras eleccións democráticas]] de xuño de [[1977]], ás que López Rodó se presentara como cabeza de lista pola [[provincia de Barcelona]], resultando elixido deputado ao [[Congreso dos Deputados|Congreso]], participando activamente con enmendas na elaboración da [[Constitución española de 1978]], como membro da Comisión de Asuntos Constitucionais e Liberdades Públicas.
 
Posteriormente foi elixido deputado por [[Barcelona]] no [[Parlamento de Cataluña]], integrando o grupo de vinte escollidos para redactar o [[Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979]]. En [[1979]] abandonou a política por desacordos con AP, reincorporándose á súa cátedra da [[Universidade Complutense de Madrid]] e ao exercicio da avogacía.
 
Posicionándose a favor da modernización do réxime franquista e da súa evolución cara a unha [[monarquía parlamentaria]] similar a outras [[democracia]]s occidentais, converteuse nun dos máis firmes partidarios do nomeamento do [[Xoán Carlos I|Príncipe Xoán Carlos]] como sucesor do Xeneral Franco á fronte da Xefatura do Estado, á vez que facilitou o camiño á Lei para a Reforma Política.
 
Foi académico numerario da [[Real Academia de Jurisprudencia y Legislación]] (1984), da [[Real Academia de Ciencias Morales y Políticas]] (1963) e da [[Real Academia de Ciencias Económicas y Financieras]] (1979). Doutor ''honoris causa'' polas universidades de [[Universidade de Coimbra|Coimbra]] e [[Universidade de Aix-Marseille|Aix-Marseille]]. Membro numerario do [[Consello Superior de Investigacións Científicas]] (1953) e do [[Consello Internacional de Ciencias Sociais]] da [[Unesco]] (1981). Membro da Asociación Internacional de Dereito Comparado. Presidente do Comité Executivo do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas (1977 a 1983).
* ''Memorias:(II) Años decisivos'', Espluges de Llobregat, Plaza & Janés, 1991, 1ª, 730 pp.
* ''Memorias:(III) El principio del fin'', Esplugues de Llobregat, Plaza & Janés, 1992, 1ª, 736 pp.
* ''Memorias:(IV) Claves de la Transición'', Plaza & Janés, 1993
 
=== Sobre López Rodó ===
{{End box}}
 
{{ORDENAR:Lopez Rodo, Laureano}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Lopez Rodo, Laureano}}
[[Categoría:Personalidades da política de Cataluña]]
[[Categoría:Ministros do franquismo]]
393.002

edicións