Dereito de autoría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
A protección do ''copyright'' limítase estritamente á obra, sen considerar atributos morais do autor en relación coa súa obra, excepto a paternidade; non o considera como un autor propiamente tal, pero ten dereitos que determinan as modalidades de utilización dunha obra.
 
A partir de [[1995]] e a proposta da [[UNESCO]], o [[23 de abril]] de cada ano celébrase o [[Día do Libro|Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor]].
 
=== Antecedentes históricos ===
Liña 94:
Corresponde ó fotógrafo, salvo nalgunhas cuestións relativas ós retratos fotográficos, o dereito exclusivo de reprodución, difusión e venda. Así a todo, se a obra foi obtida no marco de contrato de arrendamento de servizos ou de traballo, tal dereito exclusivo corresponde ó responsable do encargo contractual. A duración dos dereitos sobre a fotografía vén determinado pola normativa legal de aplicación.
 
O Dereito tamén protexe a privacidade do suxeito fotográfico. De feito, está permitida a difusión de fotografías sen o permiso do suxeito só nos casos de personaxes públicos, entendidos como persoas que, por traballo ou cargo público, resultan de notoriedade pública sempre que sexan feitas en lugares abertos ao público ou durante actos públicos<ref> Artigo 8.2.a) [http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/lo1-1982.html Lei 1/1982 de 5 de maio de Protección Civil do Dereito ao Honor, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxen]</ref>. No resto dos supostos, o fotógrafo titular da obra debe obter o permiso do suxeito á publicación e exposición pública.
 
== Regulación do dereito de autor ==