Miami: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia e características: Arranxos varios using AWB
Liña 47:
Ata comezos do [[século XIX]] non se ten constancia dunha ocupación permanente. Eran [[Bahamas|bahameños]] buscadores de tesouros nos naufraxios da zona, sen título de propiedade. Pero venderon a [[Richard Fitzpatrick]] terras que o converteron no primeiro poboador branco do lugar.
 
En [[1836]] o exército [[Estados Unidos de América|americano]] levanta alí, na súa propiedade (beira norte do río, na desembocadura) un cuartel que chaman ''Fort Dallas'', coma parte da defensa nas [[Guerras Semínolas]]. En [[1842]], tralo fin da segunda guerra, o sobriño e herdeiro de Fitzpatrick, William English, utiliza os restos do cuartel coma base para o establecemento dunha pequena aldea que chama '''[[Miami]]'''. Xa en [[1844]] é sede do condado contando para o censo de [[1850]] con 96 habitantes. A terceira Guerra Semínola ([[1855]]-[[1858|58]]) e a posterior [[Guerra de Secesión]] impedirán o seu crecemento.
 
Será en [[1871]] cando chegarán coma colonos dende [[Cleveland]], primeiro William Brickell (o ''Pai de Miami'') quen merca terras ao sur do río fronte aos restos de Fort Dallas, establecendo unha oficina de correos e un posto comercial; e no [[1891]] Xulia Tuttle (a ''Nai de Miami''), quen herda as terras do norte do río, as do forte. Entrambos, tras unha terrible xeada ([[1895]]) que arrasa toda a colleita de cítricos do norte de [[Florida]], van convencer, curiosamente a outro home de Cleveland, Henry M. Flagler, propietario do ''Florida East Coast Railroad'', para que achegue o [[ferrocarril]] ata as súas plantacións.