Cana de azucre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 28:
 
== Descrición ==
Son plantas [[cespitosa]]s con talos de até 5 m x 2-5 2–5&nbsp;cm, con numerosos entrenós alongados vexetativamente, doces e zumarentos. [[Vaíña]]s glabras ou vilosas; [[lígula]] de 2-4 2–4&nbsp;mm; lamelas 1-21–2 m x 2-6 2–6&nbsp;cm, glabras ou a costela media vilosa. [[Panícula]] 25-50 25–50&nbsp;cm; pedúnculo glabro ou densamente puberulento; eixo glabro ou viloso; entrenós do [[raque]] de 5 &nbsp;mm, glabros. Espículas 3-4 3–4&nbsp;mm, agudas, con [[tricoma]]s de até 7 &nbsp;mm; [[gluma]] inferior glabra; lema inferior ciliada no 1/ 2 superior; lema superior e aresta xeralmente ausentes; anteras 3, 1.5-2 5–2&nbsp;mm.<ref name = Trop/>
 
== Distribución ==
Liña 34:
 
== Usos ==
O zume do seu talo é a principal fonte de [[azucre]]. Despois de colleitar a cana, pásase baixo unhas coitelas que esfarelan o esmiúzan, para despois pasar ao [[trapiche]] (muíño de cana). Este zume é depurado por unha serie de filtros; a seguir, sométese a un tratamento clarificante e de aí se coloca en depósitos de cocción ao baleiro, onde se concentra o zume; por último, cristalízase o azucre do zume. Unha vez cristalizado o azucre, extráese a auga restante ficando así o azucre branco común que se coñece habitualmente.
 
Nas zonas onde se colleita, tamén se masca a cana fresca, polo seu zume; mais tamén o zume doce véndese en vasos ou conos de papel pouco despois de ter sido extraído empregando unha máquina con esa fin. Nalgúns países como [[Cuba]] e [[República Dominicana]] este zume coñécese coma [[Guarapo]].
Liña 41:
 
== Cultivo ==
A cana é un cultivo de zonas tropicais ou subtropicais do mundo. Requiere auga e solos axeitados para medrar ben. É unha planta que asimila moi ben a radiación solar, tendo unha eficiencia achegada a 2% de conversión da enerxía incidente en [[biomasa]]. Unha cultura eficiente pode producir 100 a 150 [[tonelada]]s de cana por [[hectárea]] por ano (con 14% a 17% de sacarosa, 14% a 16% de fibra e 2% doutros produtos solúbeis).
 
A cana propágase mediante a plantación de anacos de cana, de cada nó sae unha planta nova idéntica á orixinal; unha vez plantada a planta medra e acumula azucre no seu talo, o cal se corta cando está maduro. A planta regroma varias veces e pode seguir sendo colleitada. Estes cortes sucesivos chámanse "zafras". A planta deteriórase co tempo e polo uso da maquinaria que pisa as raíces, así que cómpre replantar cada sete a dez anos, aínda que existen canavais de 25 ou máis anos de idade.
 
A cana require de abundante auga. O seu período de crecemento varía entre 11 e 17 meses, dependendo da variedade de cana e da zona. Require de [[azote]], [[Fósforo (elemento)|fósforo]], [[potasio]] e certos [[oligoelemento]]s para a súa fertilización. En zonas salinas engádese [[xofre]] para controlar o [[sodio]].