Panxón, Nigrán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
Na [[noite de San Xoán]] organízanse fogueiras na [[praia América]], que reúnen moita xente ao redor do lume. Panxón conta con fermosas [[praia]]s como as de Panxón, Madorra e Patos. Así como recónditos pequenos areais nos acantilados de Monteferro.<ref>[http://www.salvemosmonteferro.org Monteferro.org]</ref>
 
A praia de Panxón abrangue todo o antigo paseo marítimo dirección Monte Lourido en Praia América. Na zona comprendida entre o final do paseo marítimo e a desembocadura do río Muíños está a praia de Canido, nas desaparecidas [[Dunas de Gaifar]]. O seguinte tramo de praia dende o río ate Monte Lourido sería Praia América. É un areal de cerca de 2,5 &nbsp;km de area fina, bordeado por tramos de paseo de madeira de formigón, que vai enlazar co paseo marítimo de Ramallosa, bordeando a costa por [[Monte Lourido]]. Outro dos areais que ten Panxón é o da Madorra, que se atopa en dirección a [[Praia de Patos]], xusto no istmo da península de [[Monteferro]]. Por último, está a praia de Patos. Esta praia está moi frecuentada por afeccionados e seguidores do mundo do surf, grazas ás súas ondas provocadas pola súa orientación cara mar aberto.
 
A Panxón pertencen os lugares de Patos, O Quinteiro, A Porqueira, Monteferro, O Caranquexo, A Madorra, Sancho.
Liña 31:
 
== Patrimonio ==
En canto ao [[patrimonio]] destacan os restos da [[Arco visigótico de Panxón|igrexa visigótica]] e o camposanto visigótico. Xusto ao lado érguese o [[Templo Votivo do Mar]] ambos situados moi preto do núcleo de poboación. Este último é ademais a [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] da parroquia de [[Xoán Bautista|San Xoán]] e foi proxectado polo arquitecto [[Antonio Palacios]].
 
No [[O Monteferro, Panxón, Nigrán|Monteferro]] érguese un [[monumento á mariña universal]], inaugurado en 1924 por [[José Antonio Primo de Rivera]], ten unha gran figura da [[Virxe do Carme]] e o neno Xesús sobre a inscrición <small>''"SALVE REGINA MARIUM"''</small> e tres grandes placas de mármore.