Diferenzas entre revisións de «Karate»

m
→‎Camiño das mans baldeiras: Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}))
m (→‎Camiño das mans baldeiras: Arranxos varios using AWB)
Non obstante, quen tivo máis éxito na divulgación do karate no Xapón foi mestre [[Gichin Funakoshi]], que aproveitou o interese despertado principalmente despois da vitoria do mestre Choki Motobu sobre o loitador ruso. Mais con isto non se pode esquecer que foron de fundamental importancia os esforzos conxugados doutros grandes mestres, coma Mabuni, Miyagi, Motobu etc., porque crearon as condicións necesarias ao éxito da tarefa.
 
O karate popularizouse no Xapón e introduciuse nas escolas secundarias antes da [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Coma moitas das artes marciais practicadas no [[Xapón]], o karate fixo a súa transición cara o karate-do no inicio do [[século XX]]. O ''do'' en karate-do significa camiño, palabra que é análoga ao familiar concepto de ''tao''. Como foi adoptado na moderna cultura xaponesa, o karate está imbuído de certos elementos do budismo [[zen]], sendo a práctica do karate algunhas veces chamada “zen en movemento”. As aulas frecuentemente comezan e terminan con curtos períodos de meditación. Tamén a repetición de movementos, coma executados no kata, é consistente coa [[meditación]] zen pretendendo maximizar o autocontrol, a atención, a forza e velocidade, mesmo en condicións adversas. Profesores de karate difiren moito na maneira en que eles en recoñecen a influencia do [[zen]] nesta arte marcial.
385.528

edicións