Mona Lisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 12:
| largura=53
| museo=[[Museo do Louvre]]}}
A '''''Mona Lisa''''' (tamén coñecida como a ''Monna Lisa''; [[Lingua italiana|Italiano]] ''La Gioconda''; [[Lingua francesa|Francés]] ''La Joconde''), é unha pintura feita polo artista italiano [[Leonardo da Vinci]] mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.
 
O cadro foi pintado entre [[1503]] e [[1519]] <ref>http://cultura.elpais.com/cultura/2012/03/30/actualidad/1333102749_000261.html ''El País'', 30.03.2012.</ref>. A pintura ao óleo en madeira exposta agora no [[Museo do Louvre]] en [[París]] é a maior atracción do museo.
Liña 19:
A pintura foi traída da [[Italia]] para [[Francia]] polo propio Leonardo en [[1516]], cando foi convidado polo rei [[Francisco I de Francia]] para traballar na súa corte. Francisco comprou a pintura, que pasou a exhibirse en [[Fontainebleau]] e despois no [[Palacio de Versailles]]. Após a [[revolución francesa]], o cadro foi levado para o Museo do Louvre. O emperador [[Napoleón Bonaparte]] era un apaixonado polo cadro e mandou colocalo nos seus apousentos. Durante as guerras coa [[Prusia]], a ''Mona Lisa'', xunto a outras pezas da colección do Museo, foi escondida nun lugar seguro.
 
O [[22 de agosto]] de [[1911]] a Mona Lisa foi roubada. O poeta francés [[Guillaume Apollinaire]] foi preso e posto na cadea baixo sospeita do roubo o [[7 de setembro]]. [[Pablo Picasso]] foi preso para un interrogatorio, mais ambos foron liberados mais tarde. Acreditouse entón que a pintura estaba perdida para sempre, pero o certo é que todo foi moito máis simple. O empregado do Louvre [[Vincenzo Peruggia]], acreditando que a pintura pertencía á Italia e non debía ser mantida na Francia, roubouna simplemente levándoa escondida debaixo da roupa para fóra do museo. O cadro foi recuperado cando Peruggia intentou vendelo a un negociante de arte de [[Florencia]]. A ''Mona Lisa'' foi despois exhibida en varios museos italianos e retornou ao Louvre en 1913. Durante a [[Primeira Guerra Mundial|Primeira]] e a [[Segunda Guerra Mundial]] a pintura foi outra vez removida do Louvre e almacenada nun lugar seguro.
 
En [[1956]], a parte inferior da pintura foi severamente danada despois dun ataque con [[ácido]]. Varios meses mais tarde, a pintura foi novamente obxecto dun atentado, desta vez por un individuo que lle tirou unha pedra. Desde entón, o cadro encóntrase protexido por un vidro de seguridade. En [[1962]], a pintura foi emprestada aos [[Estados Unidos da América|Estados Unidos]] e exhibida en [[Nova York]] e [[Washington D.C.|Washington]]. Antes desta viaxe, a pintura foi asegurada en cerca de 100 millóns de dólares americanos, o que lle mereceu unha mención no Guinness Book of Records como o obxecto mais valioso de sempre [http://www.guinnessworldrecords.com/gwr5/content_pages/record.asp?recordid=50934]. Este valor só foi sobrepasado recentemente ([[4 de maio]] polo cadro de Picasso ''Garçon à la pipe'' vendido por 104,1 millóns de dólares. A ''Mona Lisa'' saíu do Louvre unha vez máis, en [[1974]], nunha xira que incluíu [[Toquio]] e [[Moscova]].
Liña 28:
Lillian Schwartz, científico dos Laboratorios Bell, suxire que a ''Mona Lisa'' é na verdade un autorretrato de Leonardo. Esta teoría baséase no estudo da análise dixital das características faciais do rostro de Leonardo e os trazos do modelo. Comparando un autorretrato de Leonardo coa muller do cadro, verifícase que as características dos rostros aliñan perfectamente. Os críticos desta teoría suxiren que as similitudes son debidas ao feito de ambos os retratos teren sido pintados pola mesma persoa usando o mesmo estilo. A teoría de que a Mona Lisa é un autorretrato deféndese no libro ''[[O Código Da Vinci]]''.
 
O historiador [[Maike Vogt-Lüerssen]] de [[Adelaida]] suxeriu, após ter estudado o asunto por 17 anos, que a muller tralo [[sorriso]] famoso é [[Isabel de Aragón, Duquesa de Milán]], para quen Leonardo da Vinci traballou como pintor da corte durante 11 anos [http://www.theage.com.au/articles/2004/06/24/1088046208817.html?oneclick=true]. O padrón do vestido verde escuro de Mona Lisa indica, segundo este estudoso, que o modelo é un membro da casa de Visconti-Sforza. O retrato de Mona Lisa tería sido o primeiro retrato oficial da nova Duquesa de Milán e pintado no inverno ou verán de [[1489]]. O autor compara cerca de 50 retratos de Isabel de Aragón, representada como a Virxe ou Santa [[Catarina de Alexandría]] (nos cales só a propia duquesa podería servir de modelo), e conclúe que a semellanza á Mona Lisa é evidente [http://www.asn-ibk.ac.at/bildung/faecher/geschichte/maike/monalisa/monalisa_eng.html]. Roni Kempler, un fotógrafo suxire que a Mona Lisa é en realidade a nai de Leonardo Caterina [http://www.britannica.com/EBchecked/topic/388735/Mona-Lisa].
 
== Estética ==
Liña 46:
 
* En [[1919]], o [[dadaísmo|dadaísta]] [[Marcel Duchamp]] pintou unha parodia á ''Mona Lisa'' que incluía un [[bigote]] e pera na modelo e a inscrición LHOOQ (que significa ''Elle a chaud au cul'', algo como ''Ela ten lume no rabo'').
* En [[1950]], a ''Mona Lisa'', unha balada de [[Nat King Cole]] en tributo do cadro, foi o sinxelo máis vendido durante 8 semanas, alcanzando 3 millóns de copias vendidas, e foi premiada cun [[Oscar]] á Mellor Canción nunha Banda Sonora. Outras cancións sobre o cadro son ''Mona Lisas and Mad Hatters'' de [[Elton John]] (''Honky Chateau'', 1972), ''Mona Lisa'' de [[Willie Nelson]] (''Somewhere over the Rainbow'', 1981), ''Mona Lisa'' de [[Slick Rick]] (''The Great Adventures of Slick Rick'', 1988) e ''A Mona Lisa'' dos [[Counting Crows]] (inédita, 1992).
 
* En [[1950]], a ''Mona Lisa'', unha balada de [[Nat King Cole]] en tributo do cadro, foi o sinxelo máis vendido durante 8 semanas, alcanzando 3 millóns de copias vendidas, e foi premiada cun [[Oscar]] á Mellor Canción nunha Banda Sonora. Outras cancións sobre o cadro son ''Mona Lisas and Mad Hatters'' de [[Elton John]] (''Honky Chateau'', 1972), ''Mona Lisa'' de [[Willie Nelson]] (''Somewhere over the Rainbow'', 1981), ''Mona Lisa'' de [[Slick Rick]] (''The Great Adventures of Slick Rick'', 1988) e ''A Mona Lisa'' dos [[Counting Crows]] (inédita, 1992).
 
* En [[1953]], o realizador [[Roberto Rossellini]] dirixiu o filme ''La Gioconda''.
 
[[Ficheiro:Mona Lisa detail mouth.jpg|miniatura|O sorriso da Mona Lisa.]]
* [[Salvador Dalí]], o famoso pintor [[surrealismo|surrealista]] [[España|español]], pintou o ''Autorretrato como Mona Lisa'' en [[1954]].
* En [[1963]], [[Andy Warhol]] lanzou unha serie de [[serigrafía]]s a cores da ''Mona Lisa'', afirmando o seu estatuto de icona, ao lado de [[Marilyn Monroe]] ou [[Elvis Presley]].
 
* En [[1963]], [[Andy Warhol]] lanzou unha serie de [[serigrafía]]s a cores da ''Mona Lisa'', afirmando o seu estatuto de icona, ao lado de [[Marilyn Monroe]] ou [[Elvis Presley]].
 
* ''[[O Sorriso de Mona Lisa]]'' (2003) é un filme que explora os ideais feministas.
 
* A pintura ten un papel central no libro best-seller ''[[O código Da Vinci]]'' de [[Dan Brown]] (2003).
 
Liña 72 ⟶ 67:
* Jay Meattle: [http://www.hepguru.com/monalisa/introduction.html A Mona Lisa exposta] {{En}}.
* [http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/3660143.stm Artigo da BBC sobre o deterioro do fondo da pintura] ''(en inglés)''.
* [http://www.isidore-of-seville.com/monalisa/ A Mona Lisa na Web] directorio con 475 parodias e outras versións ''(en inglés)''.
* [http://www.studiolo.org/Mona/MONASV01.htm Imaxes da Mona Lisa para un Mundo Moderno], unha redacción de Robert A. Baron ''(en inglés)''.