Canal de Suez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
criterio primeiro editor: canal
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Dynamap_suez.png|dereita|200px]]
[[Ficheiro:SuezCanal-EO.JPG|miniatura|dereita|200px|Foto satélite do Canal de Suez da [[NASA]].]]
O '''Canal de Suez'''<ref>O DRAG exemplifica a acepción para ''paso natural ou artificial que une dous ríos ou dous mares'' coa frase ''Atravesar o canal de Suez'', do que se extrae que a forma Canal de Suez e preferible a Canle de Suez. </ref> ('''قناة السويس''', ''Qanāt al-Suways'' en [[Lingua árabe|árabe]]) é un [[canle (enxeñería)|canal]] artificial de 193,3 &nbsp;km<ref>[http://www.suezcanal.gov.eg/sc.aspx?show=12 Características técnicas na web da Autoridade da Canle de Suez]</ref> que liga o [[mar Mediterráneo]] desde o porto [[Exipto|exipcio]] de [[Port-Saïd]] ao [[mar Vermello]] polo porto de [[Suez]] atravesando o desértico [[istmo de Suez]]. Permite ás embarcacións iren da [[Europa]] á [[Asia]] sen teren que contornar a [[África]] polo [[cabo da Boa Esperanza]]. Antes da súa construción, as mercadorías tiñan que ser transportadas por terra entre o mar Mediterráneo e o mar Vermello.
 
== Historia ==
Liña 14:
Durante a conquista de Exipto, [[Napoleón]] considerou a posibilidade de construír o canal mais o proxecto foi abandonado logo de que unhas medicións erróneas indicasen que as augas do Mar Vermello eran máis altas que as do Mediterráneo, o que non permitiría un canal sen [[esclusa]]s.
 
En 1854 e 1856, [[Ferdinand de Lesseps]], que fora un diplomático vinte anos antes, obtivo a concesión da súa construción de [[Said Pasha]], vicerrei do Exipto. Creouse unha empresa para a construción dun canal marítimo aberto aos barcos de todas as nacións de acordo cos planos creados polo enxeñeiro [[Austria|austriacoaustria]]co [[Alois Negrelli]]. A construción do canal iniciouse o [[25 de abril]] de [[1859]]. No final dos traballos, [[Exipto]] e [[Francia]] eran os propietarios do canal. E a Compañía do Canal de Suez (''Compagnie Universelle du Canal Maritime de Suez'') operaría o canal por un período de 99 anos.
 
Estímase que 1,5 millón de exipcios participaron na construción do canal e que 125.000 morreron, principalmente da [[cólera]]. Nun principio, a construción levouse a cabo sobre todo por medios manuais; sen auga potábel, os traballadores realizaban o seu labor en condicións moi duras, axudados por [[camelo]]s cargados con cestos. Porén, reunir todos os meses 20.000 traballadores resultou sumamente difícil. Por outra banda, máis de 200 morrían cada ano e as tarefas detíñanse por causa de enfermidades contaxiosas. Aos cinco anos, o goberno exipcio suspendeu a contratación de traballadores e procedeu a mecanizar os traballos.
Liña 22:
 
=== Unha obra conflitiva ===
A influencia da abertura do canal no comercio marítimo foi tremenda. Xogou un papel fundamental na penetración e colonización de África e do [[Oriente Medio]]. A [[débeda externa]] que ocasionou a súa construción obrigou a [[Ismail Pasha]], sucesor de Said Pasha, a vender a súa parte do canal ao [[Reino Unido]] en [[1875]], o que garantía así a rota británica para as [[India]]s. Esa compra, conducida polo primeiro ministro [[Benjamin Disraeli]], foi financiada por un empréstamo do banco [[Rotschild]]. As tropas británicas instaláronse ás marxes do canal para protexelo en [[1882]]. A Convención de Constantinopla declarou en [[1888]] que o canal sería unha zona neutral baixo protección británica.
 
[[Ficheiro:SuezCanalKantara.jpg|esquerda|275px|miniatura|Unha das primeiras travesías, no século XIX]]
Liña 30:
 
O Reino Unido, a Francia e [[Israel]] lanzáronse entón a unha operación militar, bautizada "operación mosqueteiro", o [[29 de outubro]] de [[1956]].
A [[Crise do canal de Suez]] durou unha semana. A [[ONU]] confirmou a lexitimidade exípcia e condenou a expedición franco-israelo-británica cunha resolución mediante a cal tamén se estableceu a presenza dunha forza das Nacións Unidas (UNEF). Como resultado dos danos e dos barcos afundidos, o canal fechouse até abril de [[1957]].
 
Após a [[Guerra dos seis días]] de [[1967]], o canal permaneceu fechado até [[1975]], cunha forza de paz da ONU que permaneceu estacionada até [[1974]]. En [[1973]], durante a [[Guerra do Yom Kippur]], o canal foi o escenario do ataque masivo do exército exipcio que tentou penetrar na [[Península do Sinaí]], controlada por [[Israel]]. Posteriormente, os israelís cruzárono no sentido contrario.
 
== Características ==
O canal non posúe [[esclusa]]s, pois todo o traxecto está ao nivel do mar, contrariamente ao que sucede no [[canal do Panamá]]. O seu trazado apoiase en tres planos de auga, os [[lago]]s [[Manzala]], [[Timsah]] e [[Amer]]. A anchura media do canal é de 365 metros, dos que 190 m son navegábeis. Inicialmente, eses dous valores eran de 52 e 44 m. O canal é demasiado pequeno para dous carrís de tráfico, polo que os barcos atravésano en convois e usan canais de derivación. Hai 78 &nbsp;km de derivacións, nun 40% da lonxitude total do canal. De norte a sur estas son: a derivación de Port Said, de 36,5 &nbsp;km, a derivación de Ballah de 9 &nbsp;km, a derivación de Timsah, de 5 &nbsp;km, e a derivación de Deversoir, de 27,5 &nbsp;km.
 
O canal permite a pasaxe de navíos de 15 m. de quilla somerxida, mais hai traballos previstos a fin de permitir a pasaxe de [[supertanker]]s com até 22 m para o [[2010]]. Actualmente, eses enormes navíos deben descargar unha parte da carga nun barco pertencente ao canal para poderen atravesalo. Aproximadamente 15.000 navíos por ano atravesan o canal, representando 14% do transporte mundial de mercadorías. Unha travesía demora de 11 a 16 horas.