Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 39:
[[Ficheiro:Flor GDFL 663.JPG|miniatura|125px|As flores poden ter cores moi vistosas]]
As plantas non poden moverse dun sitio a outro, por iso moitas flores evolucionaron para atraeren animais e que estes transfiran o [[pole]] entre individuos de poboacións dispersas. As flores que son polinizadas por insectos chámanse entomófilas. As flores xeralmente teñen glándulas chamadas nectarios en varias partes para atraeren animais que buscan o nutritivo [[néctar]].
O mesmo que ocorre co ser humano, os [[paxaro]]s e as [[abella]]s tamén poden distinguir as cores coa vista, o que lles permite escoller as flores máis vistosas. Algunhas flores teñen patróns, chamados ''guías nectarias'', que amosan aos polinizadores onde teñen que ollar polo néctar, estas guías poden ser vistas só baixo luz ultravioleta, que é visible para as abellas e algúns outros insectos.
 
As flores tamén poden atraer polinizadores polo cheiro, mais non todas as flores teñen olor agradable: algunhas flores evolucionaron para emitiren cheiro a carne putrefacta (por exemplo, a ''Asimina triloba'').
Liña 47:
A maioría das flores poden dividirse en dous grupos segundo o método de polinización:
* '''Entomófilas''': estas flores atraen e empregan insectos, [[morcego]]s, [[paxaro]]s e outros animais para transferir o pole dunha flor á seguinte. Xeralmente teñen formas especiais e unha distribución dos [[estame]]s que aseguro que os grans de [[pole]] son transferidos aos corpos dos polinizadores cando se pousan na flor na procura de néctar. Segundo se pousa en distintas flores da mesma especie, o portador do pole transfire este pole nos [[Estigma (botánica)|estigmas]] das flores que visita. Moitas flores confían na proximidade simple entre as pezas da flor para asegurar a polinización. Outras, coma a ''[[Sarracenia]]'', teñen deseños elaborados para asegurar a polinización cruzada mentres que preveñen a autopolinización.
 
* '''Anemófilas''': estas flores empregan o [[vento]] para mover o pole de unha a outra, como por exemplo nas [[gramínea]]s. Non teñen necesidade de atraer polinizadores e polo tanto xeralmente non teñen flores vistosas. Mentres que as floras das entomófilas tenden a ser largas e ricas en proteínas, as flores anemófilas teñen xeralmente grans pequenos, moi lixeiros e cun valor nutricional pequeno para os insectos.
 
* '''Cleistógamas''': algunhas flores polinízanse a si mesmas e nunca abren ou se polinizan antes de que a flor abra, estas flores chámanse cleistógamas. Moitas especies de Viola e Salvia teñen este tipo de flores.