Grou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Grus grus skull.png|miniatura|Esquelete de grou]]
Coma tódolos representantes do xénero ''Grus'' é unha ave grande, coas patas e o pescozo longos. Miden entre 110 e 130  cm e alto e teñen unha envergadura alar duns 220 a uns 245  cm. Caracterízanse polo debuxo branco e negro da cabeza e o pescozo e por unha placa vermella sen plumas na cabeza. O bico e fino e en forma de cuña, duns 10  cm de longo. A plumaxe é, agás na cabeza e o colo, gris clara con diversos matices e gradacións. As aves case brancas ou moi escuras son, porén, excepcionais.
 
A cola é as plumas rémixes son negras. As plumas do úmero varían entre o gris e o negro e colgan nos exemplares adultos sobre da cola. Na época reprodutora a zona dos ombreiros e do lombo ten tons que van do castaño escuro ó cor da terra. Os sexos son difíciles de distinguir a simple vista, malia que os machos son algo meirandes cás femias. Os primeiros pesan entre 5 e 7 quilogramos, as segundas entre cinco e seis.
Liña 31:
Os exemplares que acaban de empezar a voar teñen a plumaxe uniformemente castaña agrisada, coa cabeza da cor da área con tons avermellados e sen o debuxo branco e negro dos adultos. Nos exemplares dun ano aparece un debuxo pouco marcado na cabeza e o pescozo, que acaba de definirse nas aves de dous anos, que son xa practicamente idénticas ós adultos.
 
A muda anual das plumas máis pequenas ten lugar dende primeiros de ano ata o outono. A muda completa das aves adultas ten lugar en ciclos de tres ou catro anos.
 
=== O voo dos grous ===
[[Ficheiro:Grus grus flight.jpg|esquerda|miniatura|260px|Grou voando]]
Cando despegan manteñen en xeral o pescozo e a cabeza estirados en forma de arco na dirección do voo durante uns segundos. Despois dalgúns pasos rápidos érguense do chan e voan co pescozo estricado. Cobren as distancias longas en voo planeado. Os grous son grandes voadores que poden percorrer sen escalas distancias de ata 2.000 quilómetros, por ben que o máis común e que fagan etapas de 10 a 100 quilómetros. As velocidades medias en voo van dos 45 ós 65  km/h, pero con ventos de cola poden acadar en certos tramos os 130  km/h.
 
== Voz ==
Liña 45:
== Distribución e hábitat ==
[[Ficheiro:Verbreitungskarte des Kranichs.png|miniatura|400px|Mapa de distribución do grou. En amarelo as zonas de cría. En azul as de invernada. As liñas verdes indican as rutas migratoruis]]
As rexións de cría da especie están situadas no nordeste de [[Europa]] e o norte de [[Asia]]. Os ríos [[Weser]] e [[Aller]] marcan ó seu límite oeste, o paralelo 51 o límite sur. A perda de biótopos axeitados dende comezos do século XX empurrou entre 300 e 400  km. cara ó norte a zona de reprodución dos grous. A perda de territorios de cría é causada pola drenaxe e posta en cultivo de zonas húmidas, que xunto cos roubos de ovos, a caza e as condicións climáticas fixeron desaparece-la especie de moitas zonas. Algunhas delas están volvendo, porén, a ser ocupadas grazas ás medidas de protección.
 
En [[Europa]] os grous crían en [[Dinamarca]], [[Noruega]], [[Suecia]] , [[Finlandia]], [[Polonia]], [[República Checa]], noreste de [[Alemaña]], os [[Países Bálticos]], [[Bielorrusia]] e norte de [[Ucraína]]. O sur deste pais, [[Xeorxia]], [[Armenia]] e a ribeira norte do [[mar de Aral]] foron durante séculos o límite sur dos territorios de cría do grou. O leste de e o extremo oriente teñen poboacións pouco mestas. En [[Turquía]] e o [[Tíbet]] hai poboacións estables, pero no nordeste de China están a reducirse. Crían esporadicamente en [[Inglaterra]], [[Francia]], [[Italia]] e nos [[Países Baixos]]. No pasado facíano tamén en [[Romanía]], [[Iugoslavia]], [[Albania]], [[Bulgaria]] e [[Grecia]].
Liña 69:
=== O territorio de cría ===
As parellas ocupan simultaneamente en cada rexión un territorio, que, ademais de una cantidade dabondo de alimento, debe ofrecer seguridade e tranquilidade. Os territorios son meirandes se a oferta de comida é escasa, e algunhas investigacións amosan que poden ter máis de 135 hectáreas.
Fan os niños no chan, situados en zonas húmidas, a miúdo pantanosas, no centro do territorio. En zonas reducidas non lles é posible agachar o niño detrás dalgún tipo de protección. A zona acuática escollida para a construción pode ser menor dunha hectárea o de ata 10; o fundamental é que a profundidade da auga estea entre os 30 e os 60  cm. Tamén é importante que dispoña dunha voa vista dos arredores. En casos de secas ou baixo nivel de auga, ocupan o territorio pero non fan o niño. Utilizan canas, [[xunco]]s e plantas de ribeira, que transportan camiñando ata o niño. Este pode ter mais dun metro de diámetro, e adoita estar entre dez e vinte centímetros por riba da tona da auga. Os danos causados durante a incubación e a cría son reparados continuamente.
 
=== Cortexo e emparellamento ===
As danzas dos grous poden verse todo o ano, pero practícanas con moita máis intensidade na época de cría, como parte do ritual de cortexo. Teñen lugar habitualmente ó amencer en zonas chas e despexadas. As danzas vanse facendo máis repetidas segundo avanza o mes de marzo e alcanzan o seu punto máximo co aparellamento. Adoitan acabar cando empeza a construción do niño e a posta.
Durante a danza macho e femia corren en círculos coas alas abertas e facendo soar o seu berro de trompeta. O ritual inclúe ademais, carreiras curvas e en liña recta, xenuflexións, pulos e lanzamentos ó aire de anacos de plantas. A femia incita ó macho a copular erguendo a parte superior do corpo, deixando cae-las alas e con arrulos. Á cópula seguen cantos a dúo e unha fase de limpeza das plumas. Os dúos seguen a oírse durante a cría e mesmo máis tarde como sinal de cohesión da parella.
 
=== A posta e a incubación ===
Poñen normalmente dous ovos, cunha separación de dous ou tres días. Os ovos son óvalos alongados cun polo arredondado e outro aguzado, pero forma, tamaño e peso son variables. A cor básica e castaña escura, con tendencias ó averdesado, o avermellado e o castaño vermello. Amosan manchas marróns bastas distribuídas de xeito irregular, máis mestas no polo arredondado do ovo. Miden entre 57 e 66  mm. ó ancho e entre 88 e 110 ó longo. O peso promedio é de 185 gramos. Macho e femia chocan por quendas entre 29 e 31 días. Como a incubación comeza coa posta do primeiro ovo, un dos polos nace dous ou tres días antes có outro. Os grous fan pausas de duración variable durante a incubación, e antes volveren a sentarse sobre os ovos, víranos co bico. A duración media das quendas de incubación está entre 1,6 e 4,5 horas, pero son máis longos pola noite, de ata máis de 12 horas.
As perdas de ovos están entre o 20 e o 30%, aumentando moito se o niño, por causa da falta de auga, queda exposto ós depredadores. Cabo deste factor hai que contar o clima frío, as molestias, a falla de comida e o roubo de niños.
Liña 94:
=== Conduta territorial ===
Dentro do territorio de cría os grous atacan ós intrusos só despois de ameazalo. A defensa e principalmente traballo dos machos, pero pode colaborar toda a familia.
Os grous da mesma categoría ameázanse entre eles enfrontándose co pescozo estricado e as plumas ourizadas, case tocándose cos bicos. En pouco tempo seguen os golpes de bico ata que un dos loitadores foxe, perseguido en voo ou á carreira polo outro, ata que é expulsado do territorio. En loitas máis intensas saltan proxectando as patas cara adiante, tratando de tripar ó adversario. A ritualización da conduta evita posibles feridas: cando unha ave dubida entre fuxir é continua-la disputa, pode utilizar tácticas dilatorias, como limpa-las plumas ou finxir que pica algo no chan. Nuns poucos casos un dos rivais pode anasarse contra o chan, co pescozo estricado e as alas abertas, nunha conduta semellante á que utilizan as aves na época de cría en caso de conflito entre as necesidades reprodutores e o acto reflexo de fuxir.
 
=== Os grupos de "solteiros" ===
Liña 120:
 
== Sistemática ==
De acordo cos estudos de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] o grou é parente próximo do [[grou americano]] (''Grus americana''). As especies ''Grus monachus', ''Grus nigricollis'' e ''Grus japonensis'' sonlle tamén próximas.<ref> Northern Prairie Wildlife Research Center: ''The Cranes. Status Survey and Conservation Action Plan. Evolution and Classification'', Weblink: [http://www.npwrc.usgs.gov/resource/birds/cranes/evol.htm]</ref>
No pasado o grou dividiuse en dúas subespecies ''Grus g. grus'' e ''Grus g. lilfordi'', que viviría ó leste dos [[Urais]] é sería máis pequena. Esta clasificación foi abandonada por non poder marcarse diferenzas claras.<ref>Northern Prairie Wildlife Research Center: ''The Cranes. Status Survey and Conservation Action Plan. Eurasian Crane (Grus grus)'', Weblink:
[http://www.npwrc.usgs.gov/resource/birds/cranes/grusgrus.htm]</ref>
Liña 157:
|-----
|}
As cifras da táboa<ref name="npwrc.usgs.gov">Northern Prairie Wildlife Research Center: ''The Cranes. Status Survey and Conservation Action Plan. Eurasian Crane (Grus grus)'', Weblink: [http://www.npwrc.usgs.gov/resource/birds/cranes/grusgrus.htm]</ref> non son definitivas. Os datos só son recollidos regularmente en Europa e o centro da Rusia europea.
 
A validez da valoración das tendencias é limitada, pero á especie medra a nivel global, sobre todo no leste e no centro da súa distribución. Ë unha especie protexida pola Unión Europea (anexo I da directiva de protección de aves, polo anexo II da [[Convención de Bonn]] e polo anexo II da [[Convención relativa á conservación da vida silvestre e do medio natural de Europa|Convención de Berna]].<ref>Northern Prairie Wildlife Research Center: ''The Cranes. Status Survey and Conservation Action Plan. Eurasian Crane (Grus grus)'', Weblink: [http://www.name="npwrc.usgs.gov"/resource/birds/cranes/grusgrus.htm]</ref>
 
== Notas ==