Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 20:
 
== Traxectoria ==
Nacido nunha familia labrega, Manuel García Barros comezou sendo pastor e torneiro e estudou por libre a carreira de [[maxisterio]] en Santiago, que rematou en [[1905]], para ocupar a praza de mestre de primeiro ensino na parroquia de [[Rubín, A Estrada|Rubín]] (A Estrada). No ano [[1906]] casou en [[Callobre, A Estrada|Callobre]], onde viviu o resto da súa vida.
 
Xa en 1903, cando estaba a realizar o [[servizo militar]] en [[Vigo]], comezou a colaborar en revistas e a tomar contacto cos movementos culturais de Vigo, moi especialmente co teatro. No ano [[1907]], e por mor do seu labor como director do xornal ''[[El Estradense]]'', pasou por primeira vez pola cadea, feito que se volveu a repetir no ano seguinte.
Liña 29:
 
[[Ficheiro:Manuel_García_Barros.jpg|miniatura|]]
No ano [[1955]] foi levado de novo ao cárcere, xunto con [[Francisco Fernández del Riego]] e Domingo Lemos Suárez, no seu caso simplemente por lle atoparen unhas revistas (''Bohemias'') que lle mandaran dende [[Cuba]].
 
No ano [[1957]] foi nomeado membro correspondente da [[Real Academia Galega]]. No ano [[1997]] o Concello da Estrada adicou este ano á lembranza da súa memoria. Actualmente no Concello da Estrada sitúase un centro de estudos co seu nome.<ref>[http://www.edu.xunta.es/centros/iesmanuelgarciabarros/ I.E.S. Manuel García Barros]</ref>
Liña 35:
== Obra ==
 
Os seus primeiros escritos xa saíron da súa pluma a finais do século XIX, sendo nestes comezos case en exclusiva poemas, que apareceron publicados por separado nos máis variados medios.
 
O seu primeiro artigo coñecido publicouse en ''[[Luz y Sombra (Vigo)|Luz y Sombra]]'' de Vigo no ano [[1898]]. A partir de aquí é destacable o seu labor xornalístico, especialmente no semanario ''[[El Estradense]]'', unha publicación agrícola-social que se comezou a publicar no [[1906]] e no que participou con artigos, relatos curtos etc. e do que foi o seu director. O periódico deixou de se publicar en [[1909]]. Tamén publicou colaboracións poéticas e literarias en ''[[Eco de La Estrada]]''.
[[Ficheiro:Biblioteca Galega 120; 6, 9, 10, 11, 15, 16, 21, 22, 23.JPG|miniatura|''Contiños da terra'', de García Barros, é o v. 21 da [[Biblioteca Galega 120]].]]
No ano [[1920]] creouse o xornal ''[[El Emigrado]]'', publicación financiada polos ''Hijos del Ayuntamiento de La Estrada'', de [[Cuba]]. Neste xornal comezou a publicar periodicamente os seus “Contiños da Terra” e comezou a ser recoñecido e respectado no ámbito cultural galego e no movemento galeguista. No ano [[1924]], o seu conto ''O fútbol en Malpocados'' foi premiado nos Xogos Florais de Santiago. Dous anos máis tarde púxose en escena a súa pequena peza teatral ''Carta da Habana'' (publicada na ''[[Céltiga (revista)|Revista Céltiga]]'', [[Edicións Fervenza]], 2002). No [[1929]], o seu longo traballo ''Falemos na nosa fala'' gañou o Certame Literario de Exaltación da Muller Galega (Pontevedra). Posteriormente recolleu os contos e relatos breves que fora sacando en ''El Emigrado'', e publicounos so o título ''Contiños da Terra'' (Nós, 1930; Hnos. Caporaletti, 1952; [[Edicións Xerais de Galicia]], 1999; [[Biblioteca Galega 120]], [[La Voz de Galicia]], 2002). Xa en vida non viu publicadas máis obras, a pesar de pasar toda a vida escribindo.
 
No ano do seu pasamento, meses despois, saíu á rúa ''As aventuras de Alberte Quiñoi'' ([[Editorial Castrelos]], 1972; [[Editorial Vía Láctea]], 1990), a pesar de que xa fora finalista nun concurso literario convocado polo [[Centro Galego de Buenos Aires]] no 1949. Máis tarde publicáronse a súas obras ''Enredos'' ([[Editorial Galaxia]], 2000), ''Fiunchos'' (2001) e ''Dos meus recordos'' (Editorial Galaxia, 2001), esta última de corte autobiográfico.
Liña 63:
* [http://centros.edu.xunta.es/iesmanuelgarciabarros/files/u1/Manuel_Garc__a_Barros.pdf Artigo sobre Manuel G. Barros].
 
{{ORDENAR:Garcia Barros, Manuel}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Garcia Barros, Manuel}}
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]