Universidade de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
| reitor = Salustiano Mato
| enderezo = Campus Universitario, Vigo (Pontevedra)
| estudantes = 21 776<ref>[https://www.uvigo.gal/uvigo_gl/transparencia/resultados/datos-academicos-xerais.html]</ref>
| web = [http://uvigo.gal/ uvigo.gal]
|Tipo=Pública|Fundación=1990}}
A '''Universidade de Vigo''' é unha [[universidade]] pública inserida dentro do [[Sistema Universitario de Galicia]], con sede na cidade de [[Vigo]]. Conta con campus en tres cidades: [[Campus de Vigo]], [[Campus de Pontevedra]] e [[Campus de Ourense]]. Dende o 2010 [[Salustiano Mato de la Iglesia]] ocupa o cargo de reitor e desde este mesmo ano a universidade viguesa é Campus de Excelencia Internacional polo proxecto Campus do Mar.
 
== Historia==
O antecedente directo foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, coa aprobación en 1972 da construción do citado no Monte das Lagoas (Marcosende), baixo o patrocinio da [[Caixa de Aforros de Vigo]]. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas tres titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución, a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica.
 
A [[s:Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia|Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia]] reordenou o panorama universitario da comunidade. A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. O primeiro reitor (1990-1994) foi o enxeñeiro químico [[Luís Espada Recarey]] que foi substituído no cargo polo profesor [[José Antonio Rodríguez Vázquez]] (1994-1998). Entre os anos 1998 e 2006 o posto estivo en mans do catedrático redondelán [[Domingo Docampo Amoedo]] ao que seguiu [[Alberto Gago Rodríguez]], reitor da institución desde 2006 ata 2010.
 
A Universidade acadou o maior número de matrículas no curso 1999-2000, con 29&nbsp;000 alumnos. Desde entón houbo un continuo descenso. En 2006 contaba con 21&nbsp;263 matriculados/as (12&nbsp;820 no Campus de Vigo, 4&nbsp;991 no de Ourense e 3&nbsp;452 no de Pontevedra). No curso 2014-15 o número total de estudantes ascendía a 21&nbsp;776.<ref>{{Cita web|url=https://www.uvigo.gal/uvigo_gl/transparencia/resultados/datos-academicos-xerais.html|apelidos=Vigo|nome=Universidade de|páxina-web=www.uvigo.gal|título=Datos académicos xerais - Universidade de Vigo|data-acceso=15-4-2016}}</ref>.