Lingua akan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎Usos sociais: Arranxos varios using AWB
Liña 46:
== Usos sociais ==
As primeiras en dar forma escrita ao akán foron os europeos que se achegaron ás costas de Ghana, en [[1673]] fíxose un glosario de asante que se publicou en [[Lingua alemá|alemán]] e en [[1764]] realizouse unha gramática de asante que se publicou en [[Lingua dinamarquesa|danés]], ou o dicionario [[Johann Gottlieb Christaller]] en akuapem de [[1881]].<br /> Os primeiros misioneiros que se asentaron en Ghana escolleron o akuapem para publicaren gramáticas, dicionarios e literarura relixiosa, estas obras esparexéronse polo territorio asante, converténdose a escrita akuapem na utilizada no seu territorio ata os anos 1960 cando se desenvolveu a ortografía asante.<ref>Mary Esther Kropp Dakub ''Korle Meets the Sea: A Sociolinguistic History of Accra''. Oxford University Press, 1997, páxina 125</ref>
Cada dialecto ten a súa propia forma escrita, aínda que o [[Bureau of Ghanian languages]] unificou as ortografías akán en 1981 pero non chegou a implementarse, de feito só se publicou un libro <ref>Andrew Simpson ''Language and National Identity in Africa''. Oxford University Press, 2008, páxina 152 </ref> con esa ortografía, o libro de himnos ''Kristofoɔ Ndwom Nwoma''. O akán é unha lingua promovida polo goberno ghanés, é a lingua de ensino nos primeiros tres niveis de ensino no seu territorio tradicional, ademais fóra del funciona como lingua vehicular e é materia de ensino en todo o país.<br />
Hai publicacións periódicas, emisoras de radio, un programa semanal na televisión e unha certa literatura, sobre todo teatro e relatos tradicionais.