Novela histórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 5:
A finais da Idade Media o español Pedro de Corral escribe a "crónica sarracina" onde funde feitos históricos con ficcións. Mentres noutras artes, como no teatro, os dramaturgos aproveitaban feitos históricos para as súas ficcións, como [[William Shakespeare]] nos seus dramas "Xulio César".
 
Durante o Barroco, a francesa Madeleine de Scudéry publicou varias novelas sobre temas contemporáneos a ela pero en decorados históricos, nunha época onde se estendeu certo subxénero de novelas moralistas en lugares do pasado pero con centos de anacronismos. En 1699 François Salignac da Motte Fénelon publica furtivamente "Aventuras de Telémaco", viaxes e aventuras escritas cun propósito didáctico xa que o protagonista pasa por moitos países , esta obra tería moitos seguidores e escribíronse moitas novelas baseándose nel, como o "viaxe do mozo Anarcasis a Grecia" de Jean Jacques Barthélemy, de gran popularidade que contribuíu á fama da Grecia antiga entre os revolucionarios franceses. Na segunda metade do XVIII publicáronse sen moito éxito, as chamadas "novelas de anticuario", na que eruditos despregaban seus coñecementos arqueolóxicos en torno a unha intriga mediocre.
 
Aas ficcións barrocas, influenciadas pola novela de Heliodoro, evocaban unha antigüidade puramente decorativa<ref>Cavaliere, Mauro (2002): As coordenadas da viagem no tempo: uma contribuição para a teoria da ficção histórica baseada em alguns textos portugueses dos séculos XVI, XIX e XX. Tese de doutoramento. Stockholm: Stockholms Universitet, Institutionen för spanska, portugisiska och latinamerikastudier</ref>, Chauteaubriand encetaría un novo subexénero ao publicar "Os mártires do Cristianismo" en 1809.