Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
== Interrogantes sobre a súa figura ==
=== Nome ===
Respecto ao apelativo de Paulo Orosio, a dúbida non está en "Orosio" senón no nome anteposto de "Paulo". Non se sabe se se chamou así ou se o "P" de [[presbítero]], que sempre acompañaba o seu nome, co paso do tempo se confundiu con Paulo<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 19.</ref>. Con todo, xa en autores inmediatamente posteriores a Orosio aparece o nome Paulo. De feito, ata o propio Casimiro Torres, un dos principais estudiosos sobre a figura de Orosio, sinala que Paulo puido ser a acepción cristiá e Orosio a indíxena<ref name="ReferenceA">TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985</ref>.
 
=== Lugar de orixe ===
 
* Nacemento en [[Bracara Augusta]]: é a idea máis aceptada por ser a que máis puntos de apoio ten. Se non fose Braga, polo menos habería que pensar nunha zona da contorna da [[Gallaecia]]. Para esta afirmación pódese recorrer á propia obra de Orosio, ou a dúas epístolas de Agostiño de Hipona, a 166 e a 169.
* Nacemento en [[Tarraco]]: na súa ''Historiae'' Orosio fala de "Tarraconem nostra" (a nosa [[Tarragona]]). O autor decimonónico [[Theodor von Mörner]]<ref>Theodor von Mörner foi un historiador do século XIX que escribiu ''De Orosii Vita Eiusque Historiarum Libris Septem Adversus Paganos'' ([[1844]])</ref> sostivo esta idea, pero hoxe en día non parece factible sostela por un único indicio.Martínez Cavero, Pedro, ?O pensamento??, p. &nbsp;24.
* Nacemento en [[Brigantium]] ([[A Coruña]]): esta teoría baséase unicamente en que Orosio cita dúas veces a localidade no apartado xeográfico das ''Historiae''.
* Nacemento en [[Bretaña]]: é unha teoría similar á anterior, e apóiase tamén no coñecemento máis ou menos profundo desta zona por Orosio<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 25.</ref>.
En principio, parece seguro que Paulo Orosio viviu na [[Gallaecia]] ata [[409]], pero entre ese ano e [[415]], non hai datos completamente fiables. A cronoloxía tradicional é a que se segue nos seguintes parágrafos<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 29.</ref>:
 
Ao parecer, Orosio tivo que saír de Braga por mor das [[invasións xermanas]]. A data en que isto se produciu non está clara, pero o que non se pon en dúbida é que saíu de alí abruptamente. O propio Orosio afirma que foi perseguido ata a mesma praia na que embarcou<ref>PAULO OROSIO, ''Historiae adversus paganos'', III 20, 6-7. </ref>. De entre todas as datas expostas para a saída de Braga, que van desde 409 ata 414, o máis operativo é quedar coas dúas máis aceptadas:
* [[410]]: sostida por G. Fainck. Así, Orosio tería unha marxe de 5 anos para colaborar con San Agustín antes da súa viaxe a Palestina.
* [[414]]: a máis aceptada. A propia obra de Orosio, ''Commonitorium'', que data de [[414]], fala da súa chegada a [[Cartago]] e do seu encontro con Agostiño de Hipona.
 
* A hipótese tradicional di que o libro se redactou entre [[416]] e [[417]]<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 52-53</ref>. A data apóiase en que no ''Liber Apologeticus'' aínda non di nada do seu labor como historiador, e que no prólogo fala do ''Libro XI'' da ''[[Cidade de Deus]]'' de Agostiño de Hipona, que non se publicou ata [[416]], pero deixa en escuro como foi capaz de escribir os diversos volumes da obra en tan pouco tempo.
 
* Unha hipótese máis moderna, sostida por Casimiro Torres, di que Orosio parou por segunda vez en Hipona un tempo moi breve, que intentou volver a Hispania, cousa que non conseguiu, e que escribiu o libro nunha terceira estadía en Hipona, o que explicaría que nas súas Historiae se fale de sucesos ocorridos en [[Hispania]] en [[417]].
 
* Unha terceira teoría xa clásica, sostida por T. von Mörner e G. Fainck, fala de que Osorio realizara xa un traballo previo antes de viaxar a Palestina, e que o retomou e rematou ao seu regreso.
 
[[Ficheiro:Sandro Botticelli 050.jpg|miniatura|250px|O ''Commonitorium'' e as ''Historiae'' responderon, polo menos en orixe, á influencia directa que [[Agostiño de Hipona]] exerceu sobre Orosio.]]Aínda que o escrito máis importante de Paulo Orosio foi a ''Historiae Adversus Pagáns'', tamén hai que ter en conta as outras dúas obras que se conservan do autor, coñecidas xeralmente como ''Commonitorium'' e ''Liber Apologeticus''<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 18.</ref>.
 
O nome completo do primeiro libro é ''Consultatio sive commonitorium ad Augustinum de errore Priscillianistarum et Origenistarum'' (en [[lingua galega|galego]]: ''Consulta ou advertencias a Agostiño verbo do erro dos Priscilianistas e dos Orixenistas'')<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 65.</ref>. En principio é unha obra destinada a Agostiño e xa que logo a súa data de redacción tería como límite a da súa chegada a [[África]], entre 409 e 414<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 66.</ref>. O segundo límite cronolóxico atópase en 415, data aceptada de publicación da obra ''Liber ad Orosium contra Priscillianistas et Origenistas'', onde Agostiño responde ao ''Commonitorium'' de Orosio<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 67.</ref>.
 
A obra non só estaba dirixida a Agostiño de Hipona, senón que estivo precedido de conversas co santo. Nel relátase a súa viaxe a África, explícase e critícase tanto o [[priscilianismo]] coma o [[orixenismo]] e pídeselle consello a Agostiño sobre diversos temas [[Teoloxía|teolóxicos]]<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 71.</ref>.
 
Respecto ao segundo libro, o seu nome completo é ''Liber apologeticus contra Pelagium de arbitrii libertate''. Esta obra hai que enmarcala na participación de Paulo Orosio no concilio rexional de Xerusalén de 415 onde se produciu un gran debate teolóxico, e onde o bispo [[Xoán II de Xerusalén|Xoán II]] acusou a Orosio de herexe por soster que o home non podía permanecer libre de [[pecado]] nin con auxilio divino. Para defenderse de tales acusacións, Orosio redactou a súa ''Liber Apologeticus'', onde expón os motivos polos que participou no sínodo (fora convidado por [[Xerome de Estridón]]) e rexeita a acusación de [[herexía]]<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985.</ref>.
== Interpretación ==
=== Universalismo e localismo ===
O carácter universalista da obra de Orosio quizá sexa o matiz máis destacable, e nel coinciden todo tipo de autores, desde clásicos como [[Menéndez y Pelayo]] ata o moderno Torres Rodríguez<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985. p.75</ref>. A súa obra sinálase como a primeira obra de historia universal de índole cristiá (ou a última do universalismo clásico, se se prefire)<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994, p. 373.</ref>.
 
Paulo Orosio utiliza a denominada ''teoría da sucesión dos catro imperios universais''<ref>RÁBADE NAVARRO, Miguel Ángel, 'Una interpretación de fuentes y métodos en la Historia de Paulo Orosio', in ''Tabona. Revista de Prehistoria, Arqueología y Filología Clásicas'', 32:1985-1987, p. 378.</ref>, tomando a premisa de que a partir das ruínas dunha gran civilización xorde outra. Así, colle catro imperios históricos, [[Babilonia]], a [[Roma Antiga|Roma]] pagá, [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e [[Cartago]], e un quinto, a Roma cristiá, como herdanza de todos eles. De feito, durante a narración os catro imperios teñen un mesmo devir e uns paralelismos moi marcados en oposición á Roma que desexa enxalzar.
 
=== Importancia da xeografía ===
Paulo Orosio concédelle unha gran importancia á [[xeografía]] no seu labor como historiador, en particular no segundo capítulo do primeiro dos sete libros que compoñen as ''Historiae''. A pesar de que a descrición xeográfica conta con algunhas imprecisións, como o emprego excesivo do substantivo «[[Cáucaso]]» para referirse a outras cordilleiras á marxe desta, é destacable o feito mesmo de que inclúa un capítulo xeográfico, o que contribuíu á súa valorización na historiografía moderna<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985<name="ReferenceA"/ref>.
 
== Repercusión ==
{{Listaref}}
{{wikiquote}}
 
{{ORDENAR:Orosio, Paulo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Orosio, Paulo}}
[[Categoría:Escritores en lingua latina]]
[[Categoría:Gallaecia]]
385.528

edicións