Diferenzas entre revisións de «Mosquito»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
| subdivision_ranks = Subfamilias
| subdivision =
*[[Anophelinae]]<br/>
*[[Culicinae]]<br/>
*[[Toxorhynchitinae]]
}}
O '''mosquito''' é un [[insecto]] da familia '''Culicidae'''. Coma os outros membros da orde [[Diptera]], os mosquitos teñen un par de ás e un par de halteres. As características da súa familia inclúen un corpo esguío e patas longas. O tamaño varía pero raramente supera os 15 [[milímetro|mm]]. O peso dos mosquitos é só de 2 a 2.5 miligramos. Conseguen voar de 1.5 a 2.5 &nbsp;km/h. Os mosquitos existen desde hai 170 millóns de anos ([[Xurásico]] medio).
 
Os xéneros dos '''mosquitos''' inclúen ''[[Anopheles]]'', ''[[Culex]]'', ''[[Psorfora]]'', ''[[Oclerotatus]]'', ''[[Aedes]]'', ''[[Stegomyia]]'',''[[Sabetes]]'', ''[[Culiseta]]'' e ''[[Haemagoggus]]''. Existen 35 xéneros en total con máis de 2.700 especies recoñecidas.
 
As femias da maior parte dos mosquitos aliméntanse de sangue dos animais antes de pór os ovos. Na maioría dos mosquitos femia, as partes da boca forman unha [[probóscide]] longa preparada para perforar a pel dos [[mamífero]]s (ou nalgúns casos de aves, réptiles ou anfibios) para succionar o seu [[sangue]]. As femias requiren proteínas para a creación de ovos e xa que a dieta normal do mosquito consiste en néctar e zumes de froitas, carentes de proteínas, deben beber sangue para obter as proteínas necesarias. Os machos difiren das femias en que as súas bocas non están preparadas para succionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, ''[[Toxorhynchites]]'', non beben sangue. As larvas deste mosquito son predadores doutras larvas de mosquitos.
 
O mosquito pasa por catro fases distintas no seu ciclo vital: ovo, larva, pupa e adulto. O tamaño que alcance nas tres primeiras etapas depende do seu especie e da temperatura. Por exemplo, ''[[Culex tarsalis]]'' pode completar o seu ciclo vital en 14 días a 20&nbsp;°C e en só dez días a 25&nbsp;°C. Algunhas especies teñen ciclos vitais de apenas catro días ou de até un mes.
[[Ficheiro:Tipulidae.jpg|miniatura|196px|Tipulidae]]
* O '''mosquito da febre amarela''' (''[[Stegomyia aegypti]]'') é un mosquito que pode ser hóspede do virus do [[dengue (enfermidade)|dengue]] e o da [[febre amarela]], así como doutras enfermidades. Anteriormente clasificado como un subxénero de ''[[Aedes]]'' (ao que pertence o estreitamente emparentado ''[[Aedes albopitus]]'', o principal [[vector epidemiolóxico|vector]] do dengue), en [[2005]] estudos moleculares levaron a reclasificar ''Stegomyia'' como xenero, mudando o nome do mosquito (que se denominaba até entón ''Aedes aegypti'').
 
* En zonas endémicas o '''mosquito tigre''' (''[[Aedes albopitus]]'') é vector na transmisión de enfermidades como o dengue en América Central, do Sur e zona do Pacífico, a febre amarela e aínda que en moita menor frecuencia que o ''[[Stegomyia aegypti]]'' pode ser vector na transmisión do [[Virus do Nilo Occidental]]. Estudos norteamericanos evidenciaron a presenza de virus no insecto, dos cales polo menos dous son causa de enfermidade en humanos como a [[encefalite equina do leste]].
 
* O [[vector epidemiolóxico|vector]] da malaria humana é a femia do mosquito ''[[Anopheles]]''. Esta enfermidade é a primeira causa de enfermidades debilitantes, con máis de 200 millóns de casos cada ano en todo o mundo.
 
393.002

edicións