Homero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Persoas cegas mediante HotCat
m Arranxos varios using AWB
Liña 28:
== Traxectoria ==
=== Datos biográficos recollidos pola tradición ===
O ''[[Himno homérico]] a Apolo delio'' menciona «que é un cego que reside en Quíos, a rochosa».<ref>« En grego antigo: «τυφλὸς ἀνήρ, οἰκεῖ δὲ Χίῳ ἔνι παιπαλοέσσῃ», verso 172. O himno está datado entre mediados do século -VII e comezos do -VI</ref> O poeta lírico [[Simónides de Amorgos]] atribúe ó «home de Quíos» o seguinte verso da ''Ilíada'', «Por que me preguntas a miña liñaxe? Como a liñaxe das follas son», convertido en [[proverbio]] na época clásica.<ref>''Iliada''VI, 146; citado por Simónides, Kirk, p. 2.</ref> [[Luciano de Samósata]] di que foi un [[Babilonia|babilonio]] enviado a Grecia como refén, ([[grego antigo]] ὅμηρος, ''homêros''), e de aí o seu nome.<ref>Luciano de Samósata, ''Historia verdadeira ou Sobre a morte de Peregrino'' II, 20.</ref>

[[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] transmite unha tradición dos chipriotas, quen tamén reclamaban para si a Homero:
{{cita|Din que Temisto, unha muller do lugar, era a súa nai, e que [[Euclo]] profetizou o nacemento de Homero nestes versos:
:E entón na costeira Chipre existirá un gran cantor,

:ó que dará a luz Temisto no campo,<ref>Clímene e Temisto son exemplos da utilización de nomes de mulleres en tempos míticos e históricos.</ref> divina entre as mulleres,

:un cantor moi ilustre lonxe da moi rica Salamina.<ref>Sobreenténdese que fai referencia á cidade de [[Salamina, Chipre|Salamina de Chipre]].</ref>

:Deixando Chipre mollado e levado polas ondas,

:Cantando el só o primeiro as glorias da espaciosa Hélade

:Será inmortal por sempre e non coñecerá a vellez|Pausanias, ''Descrición de Grecia'' x.24.3.}}

Liña 42:
{{cita|Nin aínda que o martelo xurdir coma Homero de ouro me fixese entre raios flameantes de Zeus, son nin serei salaminio nin o fillo de Meles o será de Demágoras; así a Hélade o vexa! Con outro poeta probade; e os meus versos vós os Helenos, Musas e Quíos, cantádeos.<ref>Alceo de Mesene, ''Epigrama 555'', recollido en [[Antoloxía Palatina]]</ref>}}

Sobre o lugar onde morreu, existe unha tradición testemuñada dende o século -V de que se produciu na illa de [[Ios]].

Pausanias recolle esta tradición e fala sobre unha estatua de Homero que viu e un oráculo que leu no Templo de Apolo en [[Delfos]]:
{{cita|Podes ver tamén [na [[pronaos]] do Templo de Apolo de Delfos] unha estatua de bronce de Homero sobre unha estela e nela lerás o oráculo que din que tivo Homero:
:Ditoso e infortunado, pois naciches para cambiar cousas,

:Buscas unha patria. Tes unha terra natal, pero non unha patria.

:A illa de [[Ios]] é a patria da túa nai, que cando morras te recibirá. Pero vixía o enigma: dos novos rapaces.|Pausanias, ''[[op. cit.]]''. x. 24.}}

Liña 59:
Malia que xa na época da [[Grecia Clásica]] non se coñecía nada concreto e certo sobre Homero, a partir do [[período helenístico]] comezaron a xurdir unha serie de biografías que recollían tradicións moi diversas e a miúdo datos de contido fabuloso. Nestes relatos mencionábase que antes de chamarse Homero chamárase Meles, Melesíxenes, Altes ou Meón, así como datos moi diversos e con numerosas variantes sobre os seus antergos.

Existe unha tradición na que se di que a [[Pitia]] deu unha resposta ó [[emperador romano|emperador]] [[Adriano]] sobre a procedencia de Homero e os seus antergos:

{{cita|Pregúntasme pola ascendencia e a terra patria dunha inmortal serea. Pola súa residencia é [[Ítaca|itacense]]; [[Telémaco]] é o seu pai e a [[Néstor (mitoloxía)|nestórea]] [[Epicasta]] a súa nai, a que alumbrou con moito ó varón máis sabio dos mortais.<ref>''Certame de Homero e Hesíodo'', 37, segundo a tradución de Aurelio Pérez Jiménez e Alfonso Martínez Díez. Madrid: Gredos, 2000. ISBN 84-249-2462-2.</ref>}}

=== Investigación moderna ===
Considérase que a maior parte das biografías de Homero que circularon na antigüidade no conteñen ningún dato seguro sobre o poeta. Porén, adoita admitirse que o seu lugar de procedencia debeu ser a zona colonial [[Xonia|xónica]] de [[Asia Menor]], baseándose nos trazos lingüísticos das súas obras e na forte tradición que o fai proceder da zona.<ref>Joachim Latacz. ''Troya e Homero'', página 212.</ref> O investigador Joachim Latacz sostén que Homero pertencía ou estaba en permanente contacto coa contorna da nobreza.<ref> Michael Siebler. ''A guerra de Troia. Mito e realidad'', páxina 97.</ref> Tamén persiste o debate sobre se Homero foi unha persoa real ou ben o nome dado a un ou máis poetas orais que cantaban obras épicas tradicionais.

== Notas ==