Sapo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
}}
[[Ficheiro:Grodsång - Bufo bufo.ogg|miniatura|Canción do sapo común.]]
Os verdadeiros '''sapos''', e os máis coñecidos polo común da xente, son os membros da [[familia (bioloxía)|familia]] dos '''bufónidos''' (''Bufonidae'') da [[clase (bioloxía)|clase]] dos [[anfibio]]s, [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[anuros]] (''Anura''), de distribución cosmopolita, con dúas especies ibéricas presentes en Galicia, e caracterizadas por teren o corpo repoludo, a pel moi verrugosa, a pupila horizontal e grandes glándulas parótides.<ref>Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): ''Anfibios e réptiles de Galicia''. Vigo: Xerais, p. 142.</ref>
 
Así e todo, un número de especies pertencentes a outras familias tamén son comunmente denominados sapos. Isto é así porque as características que popularmente se utilizan para distinguir as [[ra]]s dos sapos non son as mesmas que se utilizan na clasificación científica.
Liña 34:
== Distribución ==
Existen no mundo cerca de 4.800 especies de sapos.
 
Son capaces de habitaren en multitude de [[biótopo]]s e atópanse en calquera parte do mundo, excepto nas rexións árticas como gran parte de [[Siberia]], norte de [[Canadá]] e [[Groenlandia]] e nas zonas desérticas máis áridas coma o [[deserto do Sáhara]]; tampouco se atopan en [[Australia]], [[Nova Zelandia]], [[Madagascar]], e parte do [[Océano Índico]].