Mahoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 12:
|nacionalidade =
|coñecido_por = Fundar o [[islam]]
|cónxuxe = [[Khadija bint Khuwaylid]] (595–619)
[[Sawda bint Zamʿa]] (619–632)
[[Aisha|Aisha bint Abi Bakr]] (619–632)
[[Hafsa bint Umar]] (624–632)
[[Zaynab bint Khuzayma]] (625–627)
[[Umm Salama|Hind bint Abi Umayya]] (625–632)
[[Zaynab bint Jahsh]] (627–632)
[[Juwayriyya bint al-Harith]] (628–632)
[[Ramla bint Abi Sufyan]] (628–632)
[[Rayhana bint Zayd]] (629–631)
[[Safiyya bint Huyayy]] (629–632)
[[Maymunah bint al-Harith]] (630–632)
[[Maria al-Qibtiyya]] (630–632)<small/small>
|fillos = [[Qasim ibn Muhammad|Qasim]]
[[Abd-Allah ibn Muhammad|`Abd-Allah]]
[[Ibrahim ibn Muhammad|Ibrahim]]
[[Zainab bint Muhammad|Zainab]]
[[Ruqayyah bint Muhammad|Ruqayyah]]
[[Umm Kulthum bint Muhammad|Umm Kulthoom]]
[[Fatimah|Fatimah Zahra]]<small/small>
|sinatura = [[Ficheiro:تخطيط إسم محمد.png|220px]]
}}{{Contén texto árabe}}
[[Ficheiro:Muhammad Salat.svg|miniatura|Mahoma en caligrafía arabe.]]
[[Ficheiro:Miraj_by_Sultan_Muhammad.jpg|miniatura| Minatura persa representando o profeta Mahoma ascendendo no Burak ao Ceo, unha viaxe coñecida como Mirax]]
'''Mahoma'''<ref>{{DRAG|mahometano}}</ref> (en {{lang-ar|محمّد}} - ''Muḥammad'') ou '''Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim'''<ref>Nome completo: '''Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim''' ({{lang-ar|ابو القاسم محمد ابن عبد الله ابن عبد المطلب ابن هاشم}}, literalmente: Pai de [[Qasim ibn Muhammad|Qasim]] Muhammad fillo de [[Abd Allah ibn Abd al Muttalib|Abd Allah]] fillo de [[Abdul-Muttalib]] fillo de [[Hashim ibn 'Abd Manaf|Hashim]])</ref>, nado o [[26 de abril]] do [[569]]/[[570]] na [[A Meca|Meca]] e finado o [[8 de xuño]] do [[632]]<ref>Elizabeth Goldman (1995), p. 63 indica o [[8 de xuño]] de [[632]] como a data do seu pasamento, a dominante na tradición islámica. Outras tradicións temperás non islámcas indican que Mahoma aínda estaba vivo no tempo da invasión de Palestina. Véxase Stephen J. Shoemaker, ''The Death of a Prophet: The End of Muhammad's Life and the Beginnings of Islam'', University of Pennsylvania Press, 2011.</ref> en [[Medina]] (ambas as dúas cidades fican na actual [[Arabia Saudita]]), foi un líder relixioso, político e militar [[árabes|árabe]]. Fundou o [[islam]], relixión na que é considerado o maior profeta do [[Deus]] de [[Abraham]].

Liña 38:
Como é comunmente recoñecido, Mahoma desempeñou un papel moi activo na vida cívica desta cidade. Seu tio Zubair fundou a orde de cabalaría coñecida como a Hilf al-fudul, que atendía os oprimidos da cidade, habitantes locais e visitantes estranxeiros, sendo Mahoma un membro entusiasta.

Mahoma axudou na resolución de disputas, e tornouse coñecido como Al-Ameen ("o confiábel") debido á súa reputación sen máculas nestas mediacións. Como exemplo, cando a Kaaba sofreu danos despois dunha inundación, e os líderes da [[Meca]] querían recibir todos a honra de resolver o problema, foi Mahoma o nomeado para resolvelo. Mahoma propuxo que estendesen un lenzo branco no chan, que colocasen a [[Pedra Negra]] (tamén coñecida como Haxar el Aswad) no medio e pediu aos líderes tribais que a transportasen ao seu debido local, asegurando os cantos do lenzo. Chegados ao debido local, o mesmo Mahoma tratou de a colocar na posición debida.

Na súa adolescencia, Mahoma comezou a acompañar a seu tío nas viaxes comerciais pola [[Siria]]. Deste xeito tornouse unha persoa viaxada, familiar cos costumes de terras estranxeiras.
Liña 48:
Mahoma casou con preto de outras dez mulleres nos seus anos seguintes, todas ela viúvas, excepto Aisha. Varias destas mulleres foron feitas viúvas e tomadas como trofeo por Mahoma e os seus seguidores no decurso das súas incursións guerreiras.

Unha das mulleres máis importantes foi Aisha, (عائشة) que tiña seis anos de idade na altura do seu noivado, e segundo os rexistros, nove anos de idade cando o casamento foi consumado; isto pode talvez ser explicado polo costume árabe de contraer o casamento despois da primeira menstruación. É posíbel que el teña concedido a liberdade á rapaza súa escrava Mirian, e a teña tomado como esposa. Porén, os primeiros biógrafos musulmáns non deixan moi claro se ela viviu con el como muller libre ou como escrava concubina.

== Fundación do islam ==
[[Ficheiro:Mohammed receiving revelation from the angel Gabriel.jpg|miniatura|dereita|220px|Mahoma recibindo o Corán de Gabriel. Ilustración do ''Jami' al-Tawarikh'' (Historia do Mundo) de Rashid al-Din, Tabriz, [[1307]].]]
Mahoma tivo a certa altura un punto de reflexión e tomou o hábito de pasar noites nunha caverna próxima de Meca, en meditación e pensamento. Por volta do ano 610, encanto meditaba, Mahoma afirmou ter a visión do anxo Gabriel e ouviu unha voz dicíndolle ''"Ti es o mensaxeiro de Deus"''. Desde este momento ata á súa morte, Mahoma terá recibido frecuentes revelacións. Por veces, como a tradición o di, ao recibir estas mensaxes, Mahoma terá transpirado e entrado en estado de transo. Esta visión do anxo Gabriel terá perturbado a Mahoma, mais a súa muller Khadixa reconfortouno.

Por volta de 613 DC Mahoma comezou a pregar en público. Ao proclamar a súa mensaxe publicamente, Mahoma gañou seguidores, incluíndo os fillos e irmáns do home máis rico da Meca. A relixión que el pregou tornouse coñecida como o [[islam]] (submisión á vontade de Deus). Quer o Corán e os dicires de Mahoma indican que Mahoma viu desde cedo o islam como unha relixión universal e non soamente da comunidade árabe.
Liña 61:
Cando Mahoma pregou perante este panteón, tornouse moi impopular cos gobernantes, e os seus seguidores foron alvos de ataques repetidos ás súas persoas e propiedades. De acordo cos relatos, algúns dos habitantes da Meca lanzaron ataques vigorosos e brutais contra esta nova relixión: forzaron persoas a deitarse sobre area ardente, colocaron enormes pedras sobre os seus peitos, derramaron ferro derretido sobre eles. Moitos terán morrido, mais a fe prevaleceu. Esta persecución non atinxiu inicialmente o propio Mahoma, polo simple motivo de que a súa familia detiña moita influencia. Porén, estas circunstancias tornaranse intolerábeis e Mahoma aconsellou a algúns dos seus seguidores iren para a [[Abisinia]].

Os habitantes de Meca tentaron aliciar Mahoma a deixar a súa misión relixiosa ofertándolle poder político. Á medida que os seguidores de Mahoma aumentaron, os seus opoñentes tentaron demovélo a deixar ou alterar a súa relixión. Ofreceranlle unha boa parte do comercio e o casamento con mulleres dalgunhas das familias máis ricas, mais el rexeitou todas estas ofrendas. Os habitantes de Meca acabaron por esixir que Abu Talib entregase o seu sobriño Mahoma para execución. Unha vez que el recusou, a oposición exerceu presión comercial contra a tribo de Mahoma e os seus apoiantes. Houbo tamén unha tentativa de asasinato. Despois da morte do seu tío e de Khadixa, o propio clan de Mahoma retiroulle a protección. Sufriu entón insultos, foi apedrado e tirado contra espiños e lixo; mais, non o mataron.

== Héxira - a emigración de Meca para Medina ==
Liña 102:
Despois da héxira Mahoma comezou a establecer alianzas con tribos nómades. A medida que a súa forza e influencia creceu, Mahoma insistiu que as tribos potencialmente aliadas se tornasen musulmás.

Cando estaba na Meca, Mahoma foi informado de que había unha gran concentración de tribos hostís e partiu para as enfrontar. A batalla tivo lugar en Hunain, e os inimigos foron derrotados. Algúns viron agora a Mahoma como o home máis poderoso da Arabia e a maioría da tribos enviou delegacións para Medina, en busca dunha alianza. Antes da súa morte, houbo rebelións nalgunhas partes de Arabia mais o estado islámico tiña forza suficiente para lidar con elas.

Mahoma foi a [[Medina (Arabia Saudita)|Medina]] (daquela coñecida como "[[Yathrib]]") onde foi convidado a converterse no intermediario na disputa entre as dúas tribos rivais de Medina (os Aws e Khasrax). Organizou un sistema social, fixo colecta de impostos, organizou a defensa da cidade contra numerosas incursións da [[Makkah|Meca]] e outros lugares, e contraíu varios acordos comerciais. Mahoma construíu [[mesquita]]s e estableceu unha cultura relixiosa baseada no respecto por outras relixións e a súa liberdade de práctica relixiosa.