Bangalore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
== Historia ==
=== Primeiras referencias ===
A primeira referencia do nome [[Bangalore|'''Bengaluru''']] data do 890 coma lugar onde houbo unha batalla. Foi parte do [[Reino Ganga]] ata o 1024 e aparece nomeada Bengaval-uru (''Cidade dos Gardas''). Despois caeu no poder dos [[Chalukya]]-Cholas e, no 1074, pasou ao poder do [[Imperio Chola]]. A partir de 1117 foi territorio do [[Imperio Hoysala]]. No 1336 xa era parte do [[Imperio de Vijayanagar]].
 
=== Fundación da Bangalore moderna ===
Con todo, pouco o nada sábese do asentamento deses séculos ata que, en 1537, un gobernante feudatario do [[Imperio de Vijayanagar]], [[Kempe Gowda I]], constrúe un forte de adobe no lugar rodeando un área de máis de dous km².
 
No seu interior extendeu a poboación propiamente dita, o chamado '''Pete''' (''mercado'' na lingua local). En forma de améndoa con dous eixos principais (rúa Chikkapete do leste a oeste; rúa Doddapete de sur a norte) que crúzanse no centro (praza Doddapete), como nas nosas cidades medievais distribuíase cada oficio nun área que levaba esa denominación (Aralpete do algodón, Akkipete do arroz, Ragipete, Balepete das frores, Kumbarpete dos alfareiros, Ganginarpete do aceite, Upparpete do sal e Nagartharapete do ouro e a prata). Actualmente inda segue a seres o mercado tradicional da metrópole <ref>[http://farm1.static.flickr.com/148/360153398_7a05ab08da_o.jpg ''Plano de Pete de Bangalore co forte de 1689 ao sur'' [http://farm1.static.flickr.com/148/360153398_7a05ab08da_o.jpg]</ref>.
 
A máis erixíu entre outros o Templo Nandi (do Toro) de Basavanagudi algo máis ao sur e dotou ao territorio, que non posuía corrente algunha de importancia, de numerosos estanques e lagos. O seu neto, Kempe Gowda II, seguiu a política do seu avó atraendo poboación e máis mercados, cavando novos reservorios e erixindo catro torres cardinais delimitadoras do que pretendía fora a cidade futura <ref> ''Situación das catro torres de Kempe Gowda en Google Maps'' [http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8&amp;msa=0&amp;msid=111256470318736788548.00044fc7ced11a6742278&amp;t=k&amp;ll=12.980997,77.587831&amp;spn=0.064934,0.057892&amp;source=embed]</ref><ref> ''AsSituación das catro torres de KempegowdaKempe conGowda imaxesen daGoogle cidadeMaps'' ]</ref><ref>[http://chitra-vihaar.blogspot.com/2008/03/kempe-gowda-towers-of-bangalore.html ''As catro torres de Kempegowda con imaxes da cidade'']</ref>.
 
=== Baixo o reino de Mysore ===
[[Ficheiro:Bangalore Fort.jpg|miniatura|150 px|Bastións do Forte do Sur, ou de Tipu Sultán, en 1860.]]
Despois de 1638 Bangalore caeu en poder dos marathas e do [[Imperio Mogol]] que vendeuna (1686) ao rey de [[Mysore]] Chikkadevaraja Wodeyar quen, en 1689, construíu un pequeno forte ovalado ao sur de Pete (inda que algúns estudosos sosteñen que tamén data do tempo do fundador).
 
En 1759 foi refeito en granito polo rei ''de facto'' [[Haider Alí]] que converteu así á cidade nun bastión militar. A Porta de Delhi ao norte (único vestixio hoxe en día) servía de unión co de Pete <ref>[http://farm1.static.flickr.com/148/360171119_67ad204d7c_o.jpg ''Planta do Forte do sur (1689-1759)'' ]</ref><ref>[http://farm1.static.flickr.com/148158/360171119_67ad204d7c_o360153400_0e21771ce7_o.jpg]</ref><ref> ''Vista da época do Forte do sur dende Pete'' [http://farm1.static.flickr.com/158/360153400_0e21771ce7_o.jpg]</ref>. O seu fillo e sucesor, [[Tipu Sultán]], construíu no interior un pazo e o templo Srinivasa . Entrámbolos dous levaron a Bangalore a un período de prosperidade con gran actividade comercial. Embelecérona con xardíns dos que o máis destacado é o Lal Bagh (modelo nos xardíns mogoles de [[Lahore]] e [[Delhi]]) <ref> ''Vista de 1791 do Lal Bagh dende a torre de Kempegowda co Forte ao fondo'' [http://farm1.static.flickr.com/127/360163015_1bf475cf55_o.jpg]</ref>.
 
=== Bangalore Cantonment ===
Liña 27:
Tipu Sultan (o ''Tigre de Mysore'') guerreou contra os británicos que, en 1799, conquistaron o reino e a cidade. No 1806 decidiron trasladar alí a súa guarnición militar e administrativa, ou ''Cantonment'', o que ocasionou un gran incremento poboacional (moitos inmigrantes tamiles) e que en 1831 levou a capital do reino a Bangalore. Pete e o Cantonment creceron coma cidades xemelgas pero independentes. A segunda ao leste, de corte europea e máis de 30km2, espallábase arredor do Parade Ground, o campo de manobras.
 
O South Parade converteuse na arteria central con bares e restaurantes, clubs, cines, tendas e igrexas (e actualmente é o centro da metrópole co nome de Mahatma Gandhi Road ou MG Road). Na súa contorna, as zonas residenciais de baixa densidade dos europeos (tipo ''cidade-xardín'', que tamén é o alcume de Bangalore). Ao norte creceu o abigarrado núcleo dos traballadores tamiles, o Bazar Blackpally. Entre as duas cidades, Pete e Cantonment, o Parque Cubbon (creado en 1864) actuaba de charnela. No mesmo ano chegou o ferrocarril de [[Madrás]], que tiña a súa estación a carón do Bazar.
 
Pronto precisáronse novos asentamentos. Na década final do século (continuando nas duas primeiras do [[século XX]]) apareceron entre outros, ao norte do bazar, Cleveland Town (1883), Fraser Town e Richards Town; ao sur do Parade, Richmond Town (1883). Tamén na vella Bangalore oubo extensións, ao sur do forte (que coma o vello muro de Pete foi caendo na ruína ata desaparecer): Chamarajpet (1892), Sankarapuram, Basavanagudi (1894 <ref> ''Plano da Basavanagudi, 1894'' [http://www.sephis.org/images/b4b02.jpg ''Plano da Basavanagudi, 1894'']</ref>); ao norte, Malleswaram (1898, durante a peste que desaloxou a moitos habitantes do centro). Nelas, o contraste entre a súa planificación reticular de rúas amplas e arboladas con prazas e zonas verdes, e a adxacente vella cidade india era absoluto.
 
En 1927, con motivo do Xubileo de Prata do Maharajá Krishna Raja Wadiyar IV, comezou unha campaña de obras de embelecemento (parques, edificios públicos, hospitais) para facer valer o alcume de Bangalore coma ''Cidade Xardín''.
 
=== Independencia e centro das Tecnoloxías da Información ===
Trala independencia da [[India]] en 1947, a cidade binuclear (caseque polinuclear) uniuse nunha soa administración, co custe arrastrado ata hoxe de carecer dunha estrutura urbana xerárquica cun centro ben caracterizado.
 
Designada capital do estado de [[Karnataka]] (1956) comezou a creceres primeiro como centro educacional e lugar de retiro (barrio de Jayanagar no sur, 1958); despois coma núcleo industrial do sector público e, a partir dos anos setenta, coma centro de industrias da información e tecnolóxicas (Electronic City, 1988). Crecemento que ten sido vertixinoso dende os noventa (''Silicon Valley da India'') e a converte nunha das metrópoles de maior proxección da actualidade <ref> ''Mapa do área metropolitana de Bangalore'' [http://www.travelpod.com/cache/city_maps/Bangalore.gif ''Mapa do área metropolitana de Bangalore'']</ref>.
 
== Notas ==