Diferenzas entre revisións de «Nazismo»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
 
[[Ficheiro:Nazi Swastika.svg|250px|miniatura|dereita|Unha esvástica nazi, dobrada no sentido dos punteiros do reloxo]]
O "'''Nazismo'''" ou o "'''Nacional Socialismo'''" designa a [[política]] da [[ditadura]] que gobernou a [[Alemaña]] de [[1933]] a [[1945]], o "[[Terceiro Reich]]". O nazismo é frecuentemente asociado ao [[fascismo]], aínda que os nazis dixesen practicar unha forma [[nacionalismo|nacionalista]] e [[totalitarismo|totalitaria]] de [[socialismo]] (oposta ao [[internacionalismo proletario|socialismo internacional]] [[marxismo|marxista]]).<ref name="ref1">{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.ihr.org/jhr/v15/v15n1p18_Weber.html|título=Goebbels' Place in History|nome=Mark|apelidos=Weber|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</reFref><ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://research.calvin.edu/german-propaganda-archive/pre1933.htm|título=Pre-1933 Nazi Propaganda|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</reFref>
 
O [[NSDAP|Partido Nacional Socialista]] alemán defendía o ''"Nationalsozialismus"'' ("Nacional-Socialismo"). Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anti-comunista (como os [[Estados Unidos da América]]), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a [[estatización]] da [[sociedade]] como probas. A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando á existencia, desde aínda antes da toma do poder por Hitler, dunha resistencia [[comunismo|comunista]] e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha [[economía de guerra]] e pola abordaxe a aquilo a que os nazis chamaban o "problema xudeu".<ref name="ref1"/><ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.huppi.com/kangaroo/L-hitler.htm|título=Myth: Hitler was a leftist|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</reFref>
 
O [[ditador]] [[Adolf Hitler]] chegou ao poder como líder dun partido político, o [[Partido Nazi|Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns]] (''Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei'', ou NSDAP). A Alemaña deste período é tamén coñecida como "Alemaña Nazi" e os partidarios do nazismo eran (e son) chamados nazis. O nazismo foi prohibido en Alemaña moderna, aínda que pequenos grupúsculos de simpatizantes, chamados [[neonazismo|neo-nazis]], continúen a existir en Alemaña e noutros países. Algúns [[revisionismo histórico|revisionistas históricos]] difunden [[propaganda]] que nega ou minimiza o [[Holocausto]] e outras accións dos nazis e tenta deitar unha luz positiva sobre as políticas do réxime nazi e os acontecementos que ocorreron baixo el.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.historytoday.com/ian-kershaw/hitler-myth|título=The Hitler Myth|editorial=History Today|data=11 de novembro de 1985|dataacceso=3 de febreiro de 2016}}</reFref>
 
== Teoría ideolóxica ==
Se ben que a raza fose crucial na mundovisión nazi, non o era todo. As raíces [[ideoloxía|ideolóxicas]] do nazismo ían un pouco máis fondo que iso, visto que os nazis procuraron lexitimación en obras anteriores, particularmente nunha lectura, por moitos considerada no mínimo discutible, da tradición romántica do [[século XIX]], e en especial do pensamento de [[Friedrich Nietzsche]] sobre o desenvolvemento do home en dirección ao ''Übermensch''.
 
No seu libro de 1939, ''[[Alemaña:Jekyll & Hyde|]]''Alemaña:Jekyll & Hyde'']], [[Sebastian Haffner]] chama ao Nazismo de ''"unha primeira (autónoma e nova) forma de [[Nihilismo]] radical, que nega simultaneamente ''todos'' os valores, sexan valores capitalistas e burgueses ou sexan proletarios".''
 
== Nazismo e romantismo ==
== O nazismo e o Imperio Británico ==
 
Hitler admiraba o [[Imperio Británico]]. Os intelectuais británicos desenvolveron teorías racistas no século XIX para controlar o pobo [[India|indianoindia]]no e outros "salvaxes", e os nazis copiaron moitos destes métodos.
 
De forma semellante, na súa [[xuventude]] Hitler tamén admirou bastante os [[Estados Unidos da América]]. En ''Mein Kampf'', louvou os Estados Unidos polas súas leis anti [[inmigración]]. De acordo con Hitler, os EUA eran unha nación exitosa porque se mantiñan "puros" de "razas inferiores". Porén, á medida que a guerra se aproximaba, a súa opinión dos Estados Unidos empeorou e comezou a acreditar que Alemaña conseguiría unha vitoria fácil sobre os EUA precisamente porque este país, na súa nova maneira de ver, se tiña tornado unha nación ''mestiza''.
393.002

edicións