Friedrich Nietzsche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Flag_of_Prussia_1892-1918.svg" por "Flag_of_Prussia_(1892-1918).svg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDelinker|CommonsDeli
m Arranxos varios using AWB
Liña 8:
|lenda_imaxe = Friedrich W. Nietzsche en 1882.
|nome = Friedrich Wilhelm Nietzsche
|nacemento = [[15 de outubro]] de [[1844]]</br />[[Röcken]]-bei-[[Lützen]], [[Ficheiro:Flag of Prussia (1892-1918).svg|20px|border|Reino de Prusia]] [[Prusia|Reino de Prusia]]
|morte = [[25 de agosto]] de [[1900]]</br />[[Weimar]], [[Ficheiro:Flag of the German Empire.svg|20px|border|Imperio Alemán]] [[Imperio Alemán]]
|filosofía = Filosofía occidental
|principais_intereses = [[Metafísica]], [[nihilismo]], [[moral]], [[estética]]
Liña 19:
'''Friedrich Wilhelm Nietzsche''', nado o [[15 de outubro]] de [[1844]] en [[Röcken]], [[Lützen]] nos arredores de [[Leipzig]], actual [[Alemaña]], e finado o [[25 de agosto]] de [[1900]] en [[Weimar]], foi un [[Filosofía|filósofo]], [[poeta]], [[músico]] e [[Filoloxía|filólogo]] [[Alemaña|alemán]], considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do [[século XIX]].
 
Realizou unha crítica polo miúdo da [[cultura]], da [[relixión]] e da [[filosofía]] [[Occidente|occidental]], mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara a vida.<ref>Deleuze, Gilles (1967). ''Nietzsche y la filosofía''. Anagrama: Barcelona, 2002, ISBN 84-339-0017-X.</ref> Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de [[Teoloxía|teólogos]], [[Antropoloxía|antropólogos]], [[Filosofía|filósofos]], [[Socioloxía|sociólogos]], [[Psicoloxía|psicólogos]], [[Politoloxía|politólogos]], [[Historia|historiadoreshistoria]]dores, [[Poesía|poetas]], [[Novela|novelistas]] e [[Dramaturxia|dramaturgos]].
 
Cavilou sobre as consecuencias do triunfo do [[secularismo]] da [[Ilustración]], expresada na súa observación «Deus morreu», dun xeito que determinou a axenda de moitos dos intelectuais con máis sona despois da súa morte.
Liña 31:
[[Ficheiro:Nietzsche1861.jpg|miniatura|Friedrich Nietzsche, 1861.]]
 
Friedrich Nietzsche naceu o 15 de outubro de 1844 en [[Röcken]], unha pequena vila de [[Saxonia-Anhalt]], preto de [[Leipzig]]. O seu nome provén do rei [[Federico Guillerme IV de Prusia]], en cuxo cuadraxésimo noveno aniversario naceu. Os seus pais foron [[Carl Ludwig Nietzsche]] (1813-1849), pastor luterano e preceptor privado no ducado alemán de [[Ducado de Saxonia-Altenburgo|Saxonia-Altenburgo]] en [[Turinxia]], e [[Franziska Oehler]] (1826-1897). A súa irmá [[Elisabeth Förster-Nietzsche]] naceu en 1846, seguida polo seu irmán Ludwig Joseph en 1848. Trala morte do pai en 1849 e do irmán menor en 1850, a familia trasladouse a [[Naumburg]], onde viviu coa súa avoa materna e as irmás solteiras do pai baixo a protección de [[Bemhard Dächsel]], un maxistrado local.
 
{{cita |O primeiro acontecemento que me conmocionou cando aínda estaba formando a miña conciencia, foi a enfermidade do meu pai. Era un reblandecemento cerebral. A intensidade das dores que sufría o meu pai, a cegueira que lle sobreveu, a súa figura macilenta, as bágoas da miña nai, o aire preocupado do médico e, finalmente, os incautos comentarios dos locais deberon de me advertir da inminencia da desgraza que nos ameazaba. E esa desgraza veu: o meu pai morreu. Eu aínda non cumprira catro anos.
Liña 39:
[[Ficheiro:1864c.jpg|miniatura|Nietzsche, 1864.]]
 
Nietzsche perde a fe durante a súa adolescencia, e os seus estudos de [[filoloxía]] afástano da [[Teoloxía|teoloxía]]: "Outro sinal distintivo dos teólogos é a súa incapacidade filolóxica. Entendo aquí por filoloxía (...) a arte de ben ler – de saber distinguir os feitos, sen estar a falsealos por interpretacións, sen perder, no desexo de comprender, a precaución, a paciencia e a finura." (O Anticristo). Durante os seus estudos na universidade de [[Leipzig]], a lectura de ''Die Welt als Wille und Vorstellung'' (''O Mundo como Vontade e Representación'', [[1818]]) de [[Arthur Schopenhauer|Schopenhauer]] vai constituír as premisas da súa vocación filosófica.
 
=== Profesor en Basilea (1869-1879) ===
[[Ficheiro:Nietzsche187c.jpg|miniatura|esquerda|Friedrich Nietzsche, 1869.]]
Alumno brillante, dotado de sólida formación clásica, Nietzsche é nomeado aos 25 anos profesor de Filoloxía na Universidade de [[Basilea]]. Adopta entón a nacionalidade [[suíza]]. Desenvolve durante dez anos a súa actividade filosófica no contacto con pensamento [[Grecia antiga|grego antigo]] - con predilección polos Presocráticos, en especial por [[Heráclito]] e [[Empédocles]]. Durante os seus anos de ensino, tórnase amigo de [[Jacob Burckhardt]] e [[Richard Wagner]]. En [[1870]], comprométese como voluntario (enfermeiro) na [[guerra franco-prusiana]]. A experiencia da violencia e o sufrimento impáctano profundamente.
 
En [[1879]], o seu estado de saúde obrígao a deixar o posto de profesor. Comeza entón unha vida errante en busca dun clima favorable tanto para súa saúde como para o seu pensamento ([[Venecia]], [[Xénova]], [[Turín]], [[Niza]], [[Sils-María]]...) : "Non somos como aqueles que chegan a formar pensamentos senón no meo dos libros - o noso hábito é pensar ao ar libre, andando, saltando, escalando, danzando (...)." En [[1882]], coñece a [[Paul Rée]] e [[Lou Andreas-Salomé]], a quen pide en casamento. Ela rexéitao despois de terlle dado esperanzas de sentimentos recíprocos. No mesmo ano, comeza a escribir o [[Así falou Zaratustra]], nunha estadía en Niza. Nietzsche non deixa de escribir cun ritmo crecente. Este período remata brutalmente o [[3 de xaneiro]] de [[1889]] cunha "crise de [[loucura]]" que, durando ata á súa morte, déixao baixo a tutela da súa nai e da súa irmá. No comezo desta loucura, Nietzsche encarna alternativamente as figuras míticas de [[Dioniso]] e Cristo, despois súmese nun silencio case completo ata a súa morte. Hai unha teoría que di que contraeu [[sífilis]]. Estudos recentes inclínanse por un [[cancro]] [[cerebro|cerebral]], que eventualmente pode ter orixe sifilítica. A súa irmá utilizará os seus escritos despois da súa morte para apoiar a causa [[Antisemitismo|antisemita]].
 
Filósofo dionisíaco, de acordo coa súa propia definición, "que aceita mesmo as calidades máis pavorosas e máis equívocas da existencia" - Nietzsche viviu como pensou, co " sentimento da unión necesaria entre a criación e a destrución."
Liña 60:
A figura de Nietzsche foi particularmente promovida na [[Alemaña Nazi]], tendo a súa irmá, simpatizante do réxime hitleriano, fomentado esta asociación. En ''[[Mein Kampf]]'', [[Adolf Hitler|Hitler]] descríbese como a encarnación do superhome (Übermensch). A [[propaganda]] nazi colocaba os soldados alemáns na posición dese superhome e segundo [[Peter Scholl-Latour]] o libro "Así falou Zaratustra" era dado a ler aos soldados na fronte de batalla, para motivar o exército. Isto tamén xa acontecera na [[Primeira Guerra Mundial]]. Como dicía Heidegger, “na Alemaña estábase en contra ou a prol de Nietzsche”.
 
Porén, o seu pensamento estaba en contra do movemento antisemita promovido por Hitler e os seus partidarios. A este respecto pódese ler a posición de Nietzsche por el mesmo:
 
“Antes direi no ouvido dos psicólogos, supondo que desexen algún día estudar de preto o resentimento: hoxe esta planta florece do modo máis espléndido entre os anarquistas e antisemitas, a non ser onde sempre floreceu, na sombra, como a violeta, aínda que con outro cheiro.” (Xenealoxía da Moral, p. &nbsp;76-77, Trad. Paulo Cesar Souza)
 
“... tampouco me agradan eses novos especuladores en idealismo, os antisemitas, que hoxe reviran os ollos de modo cristián-ariano-home-de-ben, e, a través do abuso exasperante do máis barato medio de axitación, a afectación moral, buscan incitar o gado de chifres que hai no pobo...” (Xenealoxía da Moral, p. &nbsp;179-180, Trad. Paulo Cesar Souza)
 
Sen dúbida, a obra de Nietzsche sobreviviu alén da apropiación feita polo réxime nazi. Aínda hoxe en día é un dos filósofos máis estudados e fecundos.
Liña 97:
 
== Nihilismo ==
O legado da obra de Nietzsche foi e continua sendo aínda hoxe de difícil e contraditoria comprensión. Así, hai os que, aínda hoxe, asocian súas ideas ao Nihilismo, defendendo que para Nietzsche:
 
"A moral non ten importancia e os valores morais non teñen ningunha validez, só son útiles ou inútiles consoante a situación"; "A verdade non ten importancia; verdades indubidábeis, obxectivas e eternas non son recoñecíbeis. A verdade é sempre subxectiva"; "Deus está morto: non existe calquera instancia superior, eterna. O Home depende apenas de si mesmo"; "O eterno retorno do mesmo: A historia non é finalista, non hai progreso nin obxectivo".
 
Outros, entre tanto, non pensan que Nietzsche sexa un autor do Nihilismo, mais ao contrario un crítico do nihilismo. Non deixando escapar do seu duro martelo nin mesmo seu grande mestre Schopenhauer nin seu grande amigo [[Richard Wagner|Wagner]], procurou denunciar todas as formas de renuncia da existencia e da vontade. É esta a concepción fundamental da súa obra Zaratustra, “a eterna, suprema afirmación e confirmación da vida”. O eterno retorno significa o tráxico-dionisíaco dicir si á vida, na súa plenitude e globalidade.
 
Talvez a falta de consenso na apreciación da obra de Nietzsche teña en parte a ver coas contradicións no pensamento do propio autor. As súas últimas obras, sobre todo o seu autobiográfico ''Ecce Homo'' ([[1888]]), foron escritas en medio á súa crise que se profundaba. En xaneiro de [[1889]], Nietzsche sufriu en [[Turín]] un colapso nervioso. Como causa foille diagnosticada unha posible sífilis. Este diagnóstico permanece tamén controverso. Mais certo é que Nietzsche pasou os últimos 11 anos da súa vida baixo observación psiquiátrica, inicialmente nun manicomio en [[Jena]], despois en casa da súa nai en [[Naumburg]] e finalmente na casa chamada Villa Silberblick en [[Weimar]], onde, despois da morte da súa nai, foi coidado pola súa irmá.
Liña 108:
Obras de Friedrich Nietzsche, na orde en que foron compostas:
* ''[[Die Geburt der Tragödie aus den Geiste der Musik]]'', ('''O Nacemento da Traxedia no Espírito da Música''', 1872); reeditado en 1886 co título '''O Nacemento da Traxedia, ou helenismo e pesimismo''' (''Die Geburt der Tragödie, Oder: Griechentun und Pesimismus'') e cun prefacio autocrítico. — Contra a concepción dos séculos XVIII e XIX, que tomaban a cultura grega como epítono da simplicidade, da calma e da serena racionalidade, Nietzsche, entón influenciado polo [[romanticismo]], interpreta a cultura clásica grega como un embate de impulsos contrarios: o ''dionisíaco'', ligado á exarcebación dos sentidos, á embriaguez extática e mística e á supremacía amoral dos instintos, cuxa figura é [[Dioniso]], deus do [[viño]], da [[danza]] e da [[música]], e o ''apolíneo'', face ligada á perfección, á medida das formas e das accións, á palabra e ao pensamento humanos ([[logos]]), representada polo deus [[Apolo]]. Segundo Nietzsche, a vitalidade da cultura e do home grego, atestadas polo surximento da [[traxedia]], debeuse ao desenvolvemento de ambas as forzas, e o adoecemento da mesma sobreveu ao advento do ''home racional'', cuxa marca é a figura de [[Sócrates]], que puxo fin á afirmación do ''home tráxico'' e desencamiñou a cultura occidental, que acabou vítima do [[cristianismo]] durante séculos.
 
* Ensaio '''Sobre a verdade e a mentira en sentido extramoral''' (''Über Wahrheit und Lüge im außermoralischen Sinn'', [[1873]], non publicado). — No cal afirma que aquilo que consideramos ''[[verdade]]'' é mera “''armadura de [[metáfora]]s, [[metonimia]]a e [[antropomorfismo]]s''”. A pesar de non ter sido publicado é considerado por estudosos como elemento chave do seu pensamento.
 
* '''Consideracións Extemporáneas''' (''Unceitgemäse Betrachtungen'', 1873 a [[1876]]). — Serie de catro artigos (dos trece planeados) que critican a cultura europea e alemá da época dun punto de vista antimoderno, de crítica á [[modernidade]]:
** '''David Strauss, o confesor e o escritor''' (''David Strauss, der Bekenner und der Schriftsteller'', 1873) no cal, ao atacar a idea proposta por [[David Strauss]] dunha "nova fe" baseada no desvendamento científico do mundo, afirma que o principio da ''vida'' é máis importante que o do ''coñecemento'', que a busca de coñecemento (posteriormente discutida no concepto de ''vontade de verdade'') debe sevir aos intereses da vida;
Liña 137 ⟶ 135:
 
=== Raymond Aron ===
En [[O opio dos intelectuais]], [[Raymond Aron]] escribe: "Nietzsche e [[Georges Bernanos|Bernanos]], este último un crente, en tanto que o primeiro proclamando a morte de Deus, son autenticamente non-conformistas. Ambos, un en nome dun futuro presentido, o outro invocando unha imaxe idealizada do [[Ancien Régime]], din non á [[democracia]], ao [[socialismo]], ao réxime das masas. Son hostís ou indiferentes á elevación do nivel de vida, á xeneralización da pequena burguesía, ao progreso da técnica. Teñen horror da vulgaridade, da baixeza, difundida polas prácticas electorais e parlamentarias".
 
=== Bertrand Russell ===