Generalitat de Cataluña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
=== A Deputación do Xeneral ===
[[Ficheiro:Escudo de la Generalitat de Catalunya.jpg|miniatura|Selo da [[Deputación do Xeneral]] do [[Principado de Cataluña]] de finais do [[século XV]] que representa ao seu patrón portando un [[escudo (arma)|escudo]] coa [[Cruz de San Xurxo]] que eran as armas da Generalitat de Cataluña. En torno a lenda: S(igillum) : CORTIUM : ET : PARLAMENTORUM : GENERALIUM : PRINCIPATUS : CATHALONIE ('Selo das Cortes e o Parlamento do Xeneral do Principado de Cataluña').<ref>Alberto Montaner Frutos,'' El señal del rey de Aragón: Historia y significado'', Zaragoza, Institución «Fernando el Católico», 1995, p. 156, fig. 68. ISBN 84-7820-283-8.</ref>]]
A Generalitat de Cataluña debe a súa orixe ás [[Cortes Catalás]], que, durante o reinado de [[Xaime I de Aragón|Xaime I o Conquistador]], reuníanse convocadas polo [[Coroa de Aragón|rei de Aragón]] como representantes dos [[estamento]]s sociais da época: eclesiásticos, nobreza militar e o real ou "de vilas".
 
Baixo o reinado de [[Pedro III de Aragón|Pedro o Grande]], as Cortes Catalás tomaron forma institucional. O rei obrigábase a celebrar Corte Xeral anualmente. As Cortes exercían funcións de consello e tamén lexislativas por medio dos denominados "tres brazos": o eclesiástico, o militar e o popular ou cámara real.
 
O primeiro paso cara á institución da Generalitat produciuse nas Cortes celebradas en [[1289]] en [[Monzón, Huesca|Monzón]] ([[Provincia de Huesca|Huesca]]), ao designarse unha Deputación do Xeneral, comisión temporal para recadar o "servizo" ou tributo que se concedía ao rei. Este imposto era coñecido popularmente como xeneralidade, nome que se exportou a [[Francia]] onde se crearon as ''generalités'' ou distritos fiscais. Co paso do tempo, o nome oficioso de Generalitat terminou suplantando o nome oficial de Deputación do Xeneral.
 
Nas Cortes de [[1358]]-[[1359]] celebradas en [[Barcelona]], [[Vilafranca del Penedès]] e [[Cervera]], as Cortes designaron a doce deputados con atribucións executivas en materia fiscal, así como uns "oíntes de contas" que controlaban a administración baixo a autoridade do que está considerado como primeiro presidente da Generalitat, [[Berenguer de Cruïlles]].
 
No [[Interregno aragonés|interregno]] producido pola morte de [[Martiño I de Aragón|Martiño o Humano]], a Generalitat asumiu responsabilidades políticas. O sistema de elección dos deputados foi obxecto de constante discusión. Nas Cortes do [[1455]], e para evitar o nepotismo oligárquico, introduciuse o sistema de insaculación: os deputados saíntes elixían a doce candidatos entre os que se elixía un ao azar.
 
Aínda que na [[Guerra de Sucesión española|Guerra de Sucesión]] a Generalitat ocupou un lugar secundario, foi liquidada mediante o [[Decretos de Nueva Planta|Decreto de Nova Planta]] de [[1716]].
Liña 29:
 
=== O Presidente da Generalitat ===
O '''[[Presidente da Generalitat de Cataluña]]''' (''President'') ostenta a máis alta representación da Generalitat e a ordinaria do Estado en Cataluña. Dirixe e coordina a acción do Consello Executivo ou Goberno. Ten sede no [[Palau de la Generalitat de Catalunya|Palau de la Generalitat]], na cidade de [[Barcelona]].
 
<gallery>
Liña 38:
 
=== O Goberno ===
O '''Consello Executivo''' (''Consell Executiu'') ou '''[[Goberno de Cataluña]]''' (''Govern'') é o órgano superior colexiado que dirixe a política e a Administración da Generalitat de Cataluña. É así mesmo o titular da función executiva e da potestade regulamentaria.
 
=== O Consello Consultivo ===
Liña 44:
 
=== O ''Síndic de Greuges'' ===
O [[Síndic de Greuges de Cataluña|Síndic de Greuges]] ten a función de protexer e defender os dereitos e as liberdades recoñecidas pola Constitución e o Estatuto. A tal fin supervisa a actividade da Administración da Generalitat, a dos organismos públicos ou privados vinculados que dependen da mesma, a das empresas privadas que xestionan servizos públicos ou realizan actividades de interese xeral ou universal ou actividades equivalentes de forma concertada ou indirecta e a das persoas cun vínculo contractual coas administracións públicas. Así mesmo, supervisa a actividade da Administración local de Cataluña e a dos organismos públicos ou privados vinculados que dependen da mesma. Tamén pode estender o seu control á Administración do Estado en Cataluña, nos termos que establezan os acordos de cooperación co [[Defensor do Pobo de España|Defensor do Pobo]].
 
=== A Sindicatura de Contas ===
Liña 50:
 
=== O Consello Audiovisual de Cataluña ===
O [[Consello Audiovisual de Cataluña]] é a autoridade reguladora independente no ámbito da comunicación audiovisual pública e privada. O Consello actúa con independencia do Goberno no exercicio das súas funcións. Os criterios de elección dos seus membros e os seus ámbitos específicos de actuación son delimitados por unha lei do Parlamento.
 
=== A Comisión Xurídica Asesora ===
A [[Comisión Xurídica Asesora de Cataluña]] é o alto órgano consultivo do Goberno da Generalitat de Cataluña. Exerce as súas funcións con autonomía orgánica e funcional, para garantir a súa obxectividade e a independencia, de acordo co Estatuto de Autonomía e a Constitución.
 
== Delegacións no exterior ==
 
A Generalitat ademais de contar cunha representación en [[Madrid]] e [[Bruxelas]] dispón ao amparo dos artigos 193 e 194 do Estatuto de Autonomía de diversas delegacións no estranxeiro co fin de promover os intereses propios de Cataluña:{{Cómpre referencia}}